Manuel Curros Enríquez

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Infotaula de personaManuel Curros Enríquez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de setembro de 1851 Editar o valor em Wikidata
Celanova, España Editar o valor em Wikidata
Morte7 de marzo de 1908 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio de Santo Amaro da Coruña Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeRestauración borbónica en España
Cuba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónautor , xornalista , escritor , poeta Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía, novela, teatro
MovementoRexurdimento Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeModesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez
FillosAdelardo, Leopoldo, Sofía, Augusto, Socorro e Manuel
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Galiciana: 5445 Bitraga: 1981 BUSC: curros-enriquez-manuel-1851-1908 Dialnet: 1658356 Musicbrainz: 5bca11f5-6483-43dd-b735-dbd50a2a6078 Discogs: 1698806 Find a Grave: 27777513 Editar o valor em Wikidata

Manuel Curros Enríquez, nado en Celanova o 15 de setembro de 1851[1] e finado na Habana o 7 de marzo de 1908, foi un poeta e xornalista galego, un dos tres principais representantes do Rexurdimento da literatura galega, xunto a Rosalía de Castro e Eduardo Pondal. Dedicóuselle o Día das Letras Galegas en 1967.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Curros Enríquez naceu en Celanova no 1851, na casa número 14 da rúa de San Roque. Era o cuarto fillo do escribán Xosé María de Curros Vázquez (de Santiso) e de Petra Enríquez (de Vilanova dos Infantes).[3] O pai de Curros era un home autoritario e de ideas tradicionalistas[4] que sometía o seu fillo a malleiras frecuentes, malia que, de acordo con outras fontes,[5] Xosé María de Curros defendeu sempre as ideas liberais. Asistiu á escola de Manuel Rebollo e cando estivo preparado tivo que axudar o seu pai como escribente. A finais de 1866 marchou cara a Madrid, á casa do seu irmán Ricardo, onde cursou o bacharelato e comezou estudos de Dereito, carreira que non rematou. En Madrid, Curros atopará tamén a protección de Modesto Fernández González, quen desempeñará un papel fundamental na súa vida, como se verá máis adiante.[4]

Participa na Revolución de 1868 que derroca a Isabel II o cal fai que asuma os ideais democráticos. Ingresa de escribente no Concello de Madrid e visita os círculos literarios coa intención de facer alí carreira literaria, desa época é a lenda en castelán El Maestre de Santiago. Ós vinte anos casou polo civil con Modesta Luisa Polonia Vázquez Rodríguez,[4] natural de Pobra de Seabra, sete anos máis vella ca el,[6] coa que tivo un fillo en 1873. En 1873 comezou a súa carreira xornalística ao ingresar na Gaceta de Madrid e ao ano seguinte entra en El Imparcial, para o que cubriu, entre decembro de 1875 e febreiro de 1876, a Terceira guerra carlista escribindo as Cartas del norte. Sucedeuno na tarefa outro correspondente, Fauró, tras ser ferido de bala por un axudante do brigadier Mariné con quen compartía estancia segundo relata no tomo III o recompilador das súas obras completas para a Casa editorial Perlado, Páez y C.ª, Sucesores de Hernando (Madrid, 1910).[7]

Retrato de Curros.

No 1876 o seu protector, Modesto Fernández, convoca un certame poético en Ourense. Curros inicialmente négase a participar, pois as bases impoñían presentar textos de carácter costumista, temática que se opoñía aos seus gustos e aos seus ideais. Con todo, finalmente accede a participar e obtén a vitoria cos poemas «Unha boda en Einibó», «O Gueiteiro» e «A Virxe do Cristal»,[4] vitoria que o determinou como poeta galego. Curros establécese en Ourense e traballa na Intervención da Administración Económica (Facenda). Colabora no xornal El Trabajo.

Aires d'a miña terra[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Aires da miña terra.

En 1880 publicou Aires d'a miña terra.[8] Neste libro de poemas manifesta o seu anticlericalismo, ao considerar que a Igrexa non se achega ós pobres e necesitados, senón que só defende castes e privilexios. Nesta obra publica o poema "Mirand’ó chau" no que, entre outros, escribe o celebre verso S’eu fixen tal mundo, que o demo me leve. A reacción eclesiástica non se fixo esperar, e o 28 de agosto dese mesmo ano o bispo de Ourense, Cesáreo Rodrigo, condena e reproba o libro por conter "proposiciones heréticas, blasfemas, escandalosas”. Prohíbese aos fieis a lectura e posesión do libro e remátase excomungando a Curros. Simultaneamente, o bispo de Ourense denuncia o libro diante das autoridades xudiciais. O xulgado de Ourense procesouno por delito contra o libre exercicio dos cultos e ordenou o secuestro dos exemplares en poder do editor e a destrución dos moldes de copia. Curros foi condenado polo xuíz Manuel Mella Montenegro a dous anos, catro meses e un día de cadea, e mais ao pago dunha multa de 250 pesetas. Finalmente, foi absolto na Audiencia da Coruña [9] en segunda instancia grazas á defensa do seu avogado, Luciano Puga Blanco. O celanovés adicaralle un poema, A Luciano Puga, que se incluirá nunha posterior edición de Aires d'a miña terra

Cesado no seu posto de traballo na Delegación de Facenda en Ourense, regresa a Madrid en 1883 e ingresa na redacción de El Porvenir, xornal republicano. En 1887 accedeu ao posto de redactor xefe de El País. Xa en agosto de 1888 apareceu O divino sainete, obra que pasou desapercibida para a crítica galega por medo, xa que afondaba no ton anticlerical de Aires d'a miña terra. Porén, si foi comentada por Valentín Lamas Carvajal n'O Tio Marcos d'a Portela. Tamén en Madrid tivo moi boa acollida, e mesmo se chegou a comparar naquel momento a Curros co Arcipreste de Hita e mesmo con François-Marie Arouet ou con Abílio Manuel Guerra Junqueiro.[Cómpre referencia]

Curros na emigración[editar | editar a fonte]

Carré, Vaamonde, Tettamancy e Rodríguez, Ogea, Murguía, Curros e Martínez Salazar, na Coruña, en 1904.

En 1894 decidiu emigrar cara a América. Acollido con entusiasmo á súa chegada, na Habana dirixiu o xornal La Tierra Gallega. Cando se suspendeu a publicación deste, ingresou na redacción de El diario de las Familias e despois na do Diario de la Marina. Dende este último apoiou o autonomismo cubano, o que lle causou problemas coas autoridades e acabou indispoñéndose coa maioría dos seus paisanos. En 1904 viaxou á Coruña, onde foi agasallado polo rexionalismo galego nun acto no que o coroaron como poeta.[10]

De volta na Habana, retoma as súas actividades no Diario de la Marina. Creou xunto con Manuel Murguía a Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, base da futura Real Academia Galega, da que foi nomeado presidente ao ano seguinte.

Curros Enríquez, xa moi enfermo, ingresou no hospital do Centro Asturiano ao negarse a facelo no do Centro Galego e alí morreu o 7 de marzo de 1908. Os seus restos mortais foron embarcados para Galicia, onde chegaron o 31 de marzo á cidade da Coruña. A capela ardente ficou instalada nos baixos da Casa do Concello.[11] Foi enterrado no Cemiterio de San Amaro, non sen polémica entre quen querían unha cerimonia relixiosa e quen querían un enterro civil. Segundo as crónicas da época, unhas corenta mil persoas ateigaron as rúas da Coruña o 2 de abril de 1908 para acompañaren o cortexo fúnebre nunha expresión multitudinaria de afecto popular sen antecedentes na historia de Galicia.[11][12][13]

Obras[editar | editar a fonte]

Curros perante a tumba de Rosalía, 24/9/1904.

Galaxia publicou en 2022 O maio (ISBN 978-84-9151-792-4), álbum ilustrado por Blanca Millán sobre o poema de Curros.

Hai tamén unha antoloxía da súa obra en ruso.[24]

Traducións do portugués ao castelán.
Monumento a Curros na Coruña.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Máis de cincuenta concellos de Galicia teñen unha rúa co nome de Manuel Curros Enríquez. Tamén hai diversos centros educativos repartidos por toda a xeografía do país bautizados na honra ao poeta celanovés.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Obras completas de Curros Enríquez
I II III IV V VI
Aires da miña terra
  O Divino Sainete
El Maestre de Santiago
  El Padre Feijóo
    Poesías escogidas
Cartas del Norte
  La Condesita
    Poesías escogidas
Paniagua y Compañía
  El último papel
    Hijos ilustres de Galicia
      Artículos escogidos
La Lira Lusitana
  La Señorita de aldea
    De mi álbum
     Artículos y poesías 
Eduardo Chao.
Estudio biográfico-político

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Fundación Curros Enríquez". Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2017. Consultado o 15 de setembro de 2017. 
  2. Figuras homenaxeadas Real Academia Galega.
  3. Casares Mouriño 1980, p. 13.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 Carballo Calero 1975.
  5. Casares Mouriño 2004, p. 137.
  6. Casares Mouriño 1992, p. 17.
  7. Obras completas III.
  8. Vilavedra, Dolores, ed. (2000). Diccionario da Literatura Galega. Obras III. Galaxia. ISBN 84-8288-365-8. 
  9. Segunda edición en Galiciana. Biblioteca de Galicia.
  10. Alonso Montero, X. (2001). A coroación de Curros Enríquez (A Coruña, 21 de outubro de 1904). A Coruña: Real Academia Galega. 
  11. 11,0 11,1 Reiriz Rey, Jesús María; Alfeirán Rodríguez, Xosé (2004). Tiempos republicanos (en castelán). A Coruña: Ateneo Republicano de Galicia. ISBN 84-933103-2-8. 
  12. "O enterro de Curros segundo Galo Salinas" RAG, 10/7/2014.
  13. "Féretro de Curros". Almanaque das Irmandades. Arquivado dende o orixinal o 22/12/2017. Consultado o 20/12/2017. 
  14. Paniagua y Compañía, Agencia de Sangre na Biblioteca Digital Hispánica.
  15. Nº 255 do 25/3/1878 e nº 256 do 31/3/1878.
  16. "Aires da miña terra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 17/7/2019. 
  17. "Aires de mi tierra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 12/09/2019. Consultado o 17/7/2019. 
  18. "Hemeroteca virtual da RAG". Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 14 de marzo de 2020. 
  19. "El divino sainete: poema en ocho cantos". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/7/2019. 
  20. "El divino sainete". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/7/2019. 
  21. "Jostirudi jaikotarra". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 18/04/2018. Consultado o 17/7/2019. 
  22. Eduardo Chao. Estudio biográfico-político na Biblioteca Digital Hispánica.
  23. Obras completas VI
  24. "Антология галицкой литературы.Мануэль Кm". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01/06/2020. Consultado o 17/7/2019. 
  25. "Notas del recopilador". Obras completas V. pp. 420-421.
  26. "Memoria poética". 14/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  27. "Posta de largo do libro de poesía “Aires de Pedra”". 16/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 
  28. "El libro ‘Aires de poesía’ incluye poemas de la escritora Anisia Miranda". 11/04/2023. Consultado o 19/04/2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Alonso Montero, X. (2004). A Guerra Civil tamén se perpetrou contra Curros Enríquez…. pp. 41–102. 
  • Méndez Ferrín, X. L. (2004). Arredor d'O divino sainete. pp. 103–115. 
  • Rodríguez, Francisco (2004). Crítica literaria e contexto ideolóxico-político: análises e avaliacións da obra…. pp. 117–133. 
  • Casares Mouriño, C. (2004). Subsidios para unha revisión de aspectos controvertidos da vida, obra e ideoloxía…. pp. 135–147. 
  • García Domínguez, Raimundo (2004). A coroación de Ramón Cabanillas. pp. 151–162. 
  • Domingo Cuadriello, Jorge (2004). Los últimos años de Curros Enríquez: (a través de algunos testimonios). pp. 163–185. 
  • Montero Prego, Benito (2004). O proceso penal a Manuel Curros Enríquez: (1880-1881). pp. 187–218. 
  • Neira Vilas, Xosé (2004). A coroa de Curros Enríquez. pp. 219–224. 
  • Reza Rodríguez, Xosé Benito (2004). A Celanova que coñeceu Curros. pp. 225–233. 
  • Ríos, P. (2004). Contribución a la biografía de Curros Enríquez…. pp. 235–259. 
Vídeos externos
Unha viaxe para contar. Celanova TVG

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]