Saltar ao contido

Xosé Benito Reza

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaXosé Benito Reza
Biografía
Nacemento16 de abril de 1956 Editar o valor en Wikidata (70 anos)
Celanova Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoPobo galego Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeiro, escritor Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1096174 AELG: 544 BUSC: reza-xose-benito-1956 Dialnet: 1782081

Xosé Benito Reza Rodríguez, nado en Celanova o 16 de abril de 1956, é un enxeñeiro de montes e escritor galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Enxeñeiro de montes pola Universidade Politécnica de Madrid (1980). Foi Director e promotor dos Parques Naturais Baixa Limia-Serra do Xurés e O Invernadoiro (1995-1999) e Director Xeral de Conservación da Natureza (2005-2009) e como tal promoveu a Lei de Protección da Paisaxe de Galicia (7/2008) e declarou as primeiras paisaxes protexidas de Galicia. Promoveu a creación das reservas da biosfera da UNESCO “Río Eo, Oscos e Terras de Burón” e a internacional “Gerés-Xurés” así como o Catálogo Galego de Especies Ameazadas, e puxo en marcha o Comité de Árbores Senlleiras de Galicia e o Observatorio Galego da Biodiversidade dos que foi o seu primeiro presidente.[1].

Presidente do Seminario de Estudos Celanovenses, membro da Fundación Curros Enríquez de Celanova e da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, e secretario do Grupo Histórico Arqueolóxico Larouco e da Asociación de Amigos do Couto Mixto.[2] Tamén foi director da revista A Xanela, de promoción turística e divulgación do patrimonio natural e cultural dos concellos da Baixa Limia e Terra de Celanova.

Cargos de representación

[editar | editar a fonte]
  • Membro da Comisión de Ordenación do Territorio e Medio Ambiente da Comunidade de Traballo “Galicia-Norte de Portugal” (1995-1998)
  • Responsable en Galicia do Programa “Partnership-Exchange” de colaboración entre EUROPARC e América Latina (1996-1999)
  • Coordinados da Estratexia Galega de Conservación e Uso Sostible da Biodiversidade (1999)
  • Membro do Comité Nacional de Flora e Fauna do Ministerio de Medio Ambiente (1997-1999)
  • Conselleiro e membro da Sección Española (ESPARC) da Federación de Parques Naturais e Nacionais de Europa (EUROPARC) (1997-1999 e 2005-2009)
  • Membro da Comisión Nacional de Protección da Natureza (2005-2009)
  • Secretario do Consello da Rede de Parques Naturais de Galicia (2007-2009)
  • Coordinador do Programa de Camiños Naturais de Galicia  (2006-2009)
  • Membro do comité de expertos de apoio á Comisión do Parlamento de Galicia sobre incendios forestais (2019)
  • Memorias do pedal. O Camiño portugués a Santiago (1999).
  • Celanova e o vento, con Xosé Luís Méndez Ferrín (1999).
  • Manuel Curros Enríquez (2001). Ir Indo.
  • Vivir en Ancares (2002). Consellería de Medio Ambiente.
  • Arturo Noguerol Buján (2003).
  • O Macizo Central Ourensán (2009). Caixa Galicia.
  • Arnoia. Biografía de un río y una ribera (2012). CHMS.
  • Os ríos da raia seca (2013). CHMS.
  • O Parque Natural da Baixa Limia – Serra do Xurés (2021). Deputación de Ourense.
  • Carballeda de Avia, Monumento Natural (2023). Concello de Carballeda de Avia.
  • Ciencia e misterio en Celanova. A capela mozárabe de San Miguel (2025)

Narrativa

[editar | editar a fonte]
  • Terradentro, 2017. Xerais.
  • Un galego no Camiño Portugués (2021). Xunta de Galicia.

Obras colectivas

[editar | editar a fonte]
  • Galicia 2020 (2001). Ir Indo.
  • A Ribeira Sacra (2001). Caixanova.
  • Ribeira Sacra. Biodiversidade e Historia (2009). Fundación Xermán Estévez.
  • Natureza e paisaxe do Courel no Congreso sobre Uxío Novoneyra (2011). RAG.
  • Enciclopedia Ilustrada de Ferrín arraiano (2024). Arraianos Producións.
  • II Premio Francisco de Moure 1999, como presidente do Seminario de Estudios Celanoveses, pola recuperación do coro gótico do mosteiro de Celanova.
  • Xuíz Honorario do Couto Mixto no 2004.
  • Arraiano Maior no 2016.[3]
  • Premio Ouro Azul no 2016.
  • Premio Antón Losada Diéguez de creación literaria 2018 por Terradentro.
  • Premio Alecrín 2024 da Federación de Entidades Galegas en Catalunya (Fegalcat).[1]
  1. 1 2 Región, La (2024-08-04). "Xosé Benito Reza, escritor e ingeniero de montes celanovés, recibirá el premio Alecrín 2024". La Región (en castelán). Consultado o 2024-08-06.
  2. "Centro de Documentación da AELG". aelg. Consultado o 6 de agosto de 2024.
  3. "Xosé Benito Reza recibió el premio de Arraiano Maior". La Región. Consultado o 05/03/2022.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]