Francisco Rodríguez Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Francisco Rodríguez Sánchez
Francisco Rodríguez Sánchez

1996 – 2008

16 de novembro de 1993 – 13 de marzo de 1996

Datos persoais
Nacemento 22 de novembro de 1945 (77 anos)
Ferrol, Galicia
Partido BNG
Profesión Mestre, político, escritor

Na rede
AELG: 81 Dialnet: 2429623

Francisco Rodríguez Sánchez, nado en Serantes (Ferrol) o 22 de novembro de 1945, é un político e crítico literario galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cursou Historia e Filoloxía Románica (sección de Hispánicas) na Universidade de Madrid, doutorándose pola Universidade de Santiago de Compostela en 1988. En 1968 gañou as oposicións de agregado de Lingua e Literatura españolas de bacharelato, exercendo a docencia en Albacete (1969-1971) e Ourense (1971-1973). En 1973 gañou as oposicións a catedrático de instituto, desempeñando as súas funcións como profesor en Cangas (1974-1976), Puerto Real (provincia de Cádiz), Carballo (1976-1979), A Estrada (1985) e Ferrol (1995).

Alén de publicar diversos libros sobre literatura galega, é autor de obras coma Galiza, razón de ser, recompilación de artigos publicados na prensa diaria ao longo do período que abarca a VI Lexislatura do Congreso dos Deputados (1996-2000).

Política[editar | editar a fonte]

Foi elixido deputado no Parlamento de Galiza en 1993 polo Bloque Nacionalista Galego, ata o 13 de marzo de 1996, que foi substituído por Xaime Bello. Foi tamén deputado no Congreso dos Deputados, dende 1996 ata 2008. Foi Secretario Xeral da Unión do Povo Galego ata xuño do 2012, ano no que foi sucedido por Néstor Rego, así como membro do Consello Nacional do BNG e da súa Executiva, sendo o Secretario de Formación do partido.

Obra[editar | editar a fonte]

Francisco Rodríguez no XIII Congreso da UPG.

Ensaio[editar | editar a fonte]

Conversas[editar | editar a fonte]

  • A nación galega existe: conversas con Francisco Rodríguez, con Xosé Mexuto, 2006, A Nosa Terra.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Problemática das línguas sen normalizar. Situación do galego e alternativas, 1980.

Obra en castelán[editar | editar a fonte]

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • La lengua, en Los Gallegos, 1976, Istmo, Madrid.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]