El Porvenir (Madrid)
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Porvenir.
El Porvenir, publicado en Madrid de 1883 a 1886, foi un diario, órgano do partido republicano zorrillista.
Historia e características[editar | editar a fonte]
Tiña a súa redacción no número 14 da rúa de La Luna, esquina á da Madera. O seu propietario foi o progresista asturiano Enrique Menéndez, quen gastou no xornal case que toda a súa fortuna, que era respectable.
O dirixía Eduardo Peña e a redacción estaba constituída por Manuel Curros Enríquez, Pedro Ruiz de Ávila, José Miralles, os doutores Escuder e Gordillo, Enrique Segovia Rocaberti, Serrano Barradas, Fernández Diéguez e outros.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- "Notas del recopilador". Obras completas de Curros Enríquez (en castelán) V. Madrid: Librería de los Sucesores de Hernando. 1912. pp. 420–421.