Juan Ruiz
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1283 ![]() Alcalá de Henares, España ![]() |
Morte | c. 1350 ![]() |
Archpriest of Hita (en) ![]() ![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
Relixión | Católico ![]() |
Actividade | |
Ocupación | poeta, escritor, sacerdote católico ![]() |
Xénero artístico | Poesía ![]() |
Pseudónimo literario | Arcipreste de Hita ![]() |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok, 2nd edition (en) ![]() Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Library of the World's Best Literature ![]() |
![]() ![]() ![]() |
Juan Ruiz, nado en Alcalá de Henares cara a 1284 e finado cara a 1351, foi un sacerdote e escritor castelán, coñecido como arcipreste de Hita.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pouco é o que se coñece da súa vida. Probablemente estudou en Toledo, pasou na cadea varios anos entre 1337 e 1350 por orde do arcebispo de Toledo Gil Albornoz, e alí escribiu a súa única obra, o Libro de buen amor. Este libro encerra unha protesta polas posturas integristas daquel prelado, que pretendía estender á súa diocese a doutrina papal do celibato obrigatorio, fronte á tradición hispánica da barraganía, ou contrato de convivencia dun sacerdote cunha muller, máis asentada nun territorio multicultural como era a diocese de Toledo, na que xa se estendera a herexía do adopcionismo de Elipando. A súa postura aparece na "Cantiga dos clérigos de Talavera", que parece que foi a que motivou a orde de prisión do arcebispo. Esta postura crítica cara ao alto clero emparenta a Juan Ruiz coa literatura goliarda medieval, así como o restante contido desenfadado e crítico da obra. Estímase 1350 como data da súa morte porque ao ano seguinte era outro xa o arcipreste de Hita.
Juan Ruiz é considerado como o primeiro lírico español. Mostra unha cultura ampla e unha linguaxe rica, que gusta de acumular sinónimos parciais e de repetir o mesmo concepto de distintas maneiras, o que o relaciona coa técnica do sermón. A linguaxe é popular e coloquial, moi viva e creativa. Por outra banda, a súa obra mostra un coñecemento das paixóns humanas e caracterízase polo equilibrio entre a delicadeza e a desvergoña, que logra mediante unha intelixencia fina, ambigua e irónica, pese ao que a obra posúe brío e audacia.