El Trabajo (Ourense)
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: El Trabajo.
El Trabajo | |
---|---|
Lingua | lingua castelá |
Localidade | Ourense |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
El Trabajo foi un xornal editado en Ourense entre 1878 e 1880.
Historia e características
[editar | editar a fonte]Apareceu a comezos de 1878 como boletín bisemanal e editábase na imprenta de Antonio Otero que era o propietario. A partir de novembro de 1879 pasou a ter unha periodicidade diaria. Entre os seus redactores figuraron Manuel Curros Enríquez, Juan Neira Cancela e Luciano Cid Hermida, e segundo algunhas fontes, dirixiuna o propio Curros. De carácter independente e de tendencia progresista, ofrecía información de interese xeral, con especial atención á política, á economía e á instrución. Cesou a súa publicación en marzo de 1880.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- "Trabajo, El". Enciclopedia Galega Universal. Ir Indo. 1999-2002. ISBN 84-7680-288-9.
- Valcárcel López, Marcos (2005). "Trabajo, El". Gran Enciclopedia Galega Silverio Cañada (DVD). El Progreso. ISBN 84-87804-88-8.
- Valcárcel López, Marcos (1987). A prensa en Ourense e a súa provincia. Ourense: Deputación Provincial. ISBN 84-505-5721-6.