Saltar ao contido

Academia de Ciencias de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
 Academia de Ciencias de Francia
Imaxe
 Parte de
 Nome oficial
ACADEMIE DES SCIENCES (fr) Editar o valor en Wikidata
 Texto lema
Invenit et perficit Editar o valor en Wikidata
 Cargo dirixente
Características
 Lingua usada
 Forma xurídica
 Industria
Implicados
 Fundador/a
 Presidente/a
Françoise Combes 2025
Alain Fischer 2023 - 2025
Patrick Flandrin 2021 - 2022
Pierre Corvol (pt) Traducir 2019 - 2020
Sébastien Candel (pt) Traducir 2017 - 2018
Bernard Meunier 2015 - 2016
Philippe Robert Taquet 2013 - 2014
Alain Carpentier 2011 - 2012
Jean Salençon 2009 - 2010
Jules Hoffmann 2007 - 2008
Étienne-Émile Baulieu 2003 - 2004
Hubert Curien 2001 - 2002
Jean Aubouin (pt) Traducir 1989 - 1990 Editar o valor en Wikidata
 Secretario/a
 Ten en propiedade
Datas
 Fundación / creación
22 de decembro de 1666 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Sede
 Enderezo
23 Quai de Conti, 75006 Paris Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
Códigos e identificadores
VIAF316393527 Editar o valor en Wikidata
ISNI0000000122904869 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL1180173A Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/02395w Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
 Teléfono
+33144414366 Editar o valor en Wikidata
 Correo
Facebook: AcadSciences Twitter: AcadSciences Instagram: academiesciences Bluesky: academiesciences.bsky.social LinkedIn: academie-des-sciences Youtube: UC3BW_IlgG6orWiej8jYpEow BNE: XX144426 Dialnet: 4560725 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

A Academia de Ciencias de Francia (en francés, Académie des sciences) é a institución francesa que: «Anima e protexe o espírito da investigación, e contribúe ao progreso das ciencias e as súas aplicacións».

Creada en 1666, durante o reinado de [Lois XIV baixo o patrocinio do seu primeiro ministro Jean-Baptiste Colbert, contou inicialmente con científicos como René Descartes, considerado o pai da filosofía, Blaise Pascal e Pierre de Fermat.

Trátase dunha das cinco academias francesas que constitúen o actual Instituto de Francia.

Foi a primeira institución que adoptou e sistema métrico decimal como sistema universal.

Luis XIV na Academia en 1671.
A Academia de Ciencias debe a súa orixe ao proxecto de Colbert de crear unha academia xeral. Inscríbese igualmente na liña de diversos círculos de sabios que se reúnen no el século XVII, ao redor dun mecenas ou dunha personalidade erudita. Colbert elixe un pequeno grupo de sabios que se congregan o 22 de decembro de 1666 na biblioteca do rei, e alí teñen sesións de traballo. Os trinta primeiros anos de existencia da Academia foron relativamente informais, a nova institución non recibira estatus.[1]
Páxina oficial da Academia

O 20 de abril de 1699, Lois XIV dá á Academia Real de Ciencias o seu primeiro regulamento: composta nun principio por 70 membros, a Academia recibe o título de real e instálase no Louvre.

Durante o século XVIII contribúe ao movemento científico do seu tempo por medio das súas publicacións, e xoga un rol de asesor para o poder. O 8 de agosto de 1793, a Convención Nacional suprime todas as academias. Dous anos máis tarde, o 22 de agosto de 1795, foi creado no seu lugar un "Instituto Nacional de Ciencias e Artes" reagrupando as antigas academias científicas, literarias e artísticas. A primeira clase do "Instituto de Ciencias Físicas e Matemáticas" foi a máis numerosa, con 66 membros de 144.

En 1816, a Academia de Ciencias recupera a súa autonomía participando no Instituto de Francia. O xefe do Estado é o seu protector.

En 1835, baixo a influencia de François Arago, foron creadas as «Actas da Academia de Ciencias», que volve a ser un instrumento de primeira importancia para a difusión de traballos de científicos franceses e estranxeiros.

Membros distinguidos

[editar | editar a fonte]

Algúns dos membros máis distinguidos desta institución foron: Pierre Simon Laplace, Henri Léon Lebesgue, Joseph Fourier, Simeon Poisson, Jean-Victor Poncelet, Henri Poincaré, Charles Hermite, Émile Borel, Alfred Grandidier, Frederick Sanger, Pedro Vicente Maldonado, Antoine Lavoisier, Louis Pasteur.

  1. « L'Académie des sciences doit son origine au projet de Colbert de créer une académie générale. Elle s'inscrit également dans la lignée des divers cercles de savants qui se réunissaient au XVIIe siècle, autour d'un mécène ou d'une personnalité érudite. Colbert choisit un petit groupe de savants qui s'assemblèrent le 22 décembre 1666 dans la bibliothèque du Roi, nouvellement installée rue Vivienne, et y tinrent désormais des séances de travail bihebdomadaires. Les trente premières années d'existence de l'Académie furent relativement informelles, la nouvelle institution n'ayant pas reçu de statuts. »

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Academie des Sciences — Páxina oficial da Academia (en francés).
  • Páxina coa lista completa dos membros da Academia (en francés).
  • Discurso pronunciado por Nicolas de Condorcet en nome da Academia de Ciencias, na Asemblea Nacional francesa, en favor do sistema métrico internacional («Discours à l'Assemblée nationale, au nom de l'Académie des Sciences (12 de junio de 1790)». Unha ligazón para ser conscientes da grande importancia da Academia na época (e na actualidade), na que se ve a intervención da Academia na vida política e como intenta resolver os problemas que se presentan na sociedade, e a súa posta en práctica.
  • Gallica.bnf.fr (buscar: Comptes Rendus). As Comptes Rendus («Actas da Academia de Ciencias»), un instrumento de primeira importancia para a difusión de traballos de científicos franceses e estranxeiros. Están dispoñíbeis na Biblioteca Nacional de Francia.