Javier Irureta
Nome orixinal | (es) Javier Iruretagoyena | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacemento | 1 de abril de 1948 (76 anos) Irún, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 176 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista, adestrador de fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Dianteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Javier Iruretagoyena Amiano, nado en Irún (Guipúscoa) o 1 de abril de 1948, é un exfutbolista e exadestrador de fútbol español. Xogaba de dianteiro e centrocampista e foi internacional coa selección española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como xogador
[editar | editar a fonte]Xogou no Real Unión ata 1967, ano no que ingresou nas filas do Atlético de Madrid debutando en Primeira División o 17 de decembro de 1967 nun encontro entre o Atlético de Madrid e a UD Las Palmas (1–2).
Con este equipo gañou dúas Ligas, un subcampionato e unha Copa do Rei. Participou na final da Copa de Europa de 1974 na que o Atlético de Madrid caeu derrotado diante do Bayern de Múnic (4–0). Na tempada seguinte proclamouse campión da Copa Intercontinental marcando o primeiro gol do seu equipo no partido de volta diante do Independiente. No Atlético xogou oito tempadas disputando un total de 277 partidos oficiais.
En 1975 fichou polo Athletic Club, equipo no que xogou cinco tempadas disputando 170 partidos. Con este club disputou a final da Copa da UEFA de 1977 contra a Juventus, marcando un gol no partido de volta. Con todo, o título foi para o equipo italiano, cun resultado global de 2–2 e o valor dobre dos goles visitantes. Ao remate da tempada 1979–80 retirouse dos terreos de xogo.
Disputou un total de 344 partidos en Primeira División, marcando 70 goles.
Selección nacional
[editar | editar a fonte]Foi internacional coa selección española en seis ocasións. O seu debut como internacional foi o 23 de maio de 1972 nun partido entre España contra o Uruguai (2–0).
Cara ao final da súa carreira como xogador, Irureta xogou un partido coa selección vasca.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Irureta iniciouse como adestrador en 1984 cando se fixo cargo do Sestao, club no que permaneceu durante catro tempadas. En 1988 deu o salto a Primeira División sendo contratado polo Logroñés. O seu debut na máxima categoría produciuse o 3 de setembro nun partido contra o Atlético de Madrid (1–0), club no que Irureta conseguira os seus maiores logros como futbolista. Na xornada 20 foi destituído, despois de xogar novamente contra o Atlético pero esta vez caer derrotado.
En 1989 comezou a adestrar ao Real Oviedo, equipo no que permaneceu catro tempadas, conseguindo o seu maior logro na tempada 1990–91, cando rematou como sexto clasificado, conseguindo unha praza para xogar a Copa da UEFA por primeira vez na historia do club. Na tempada 1993–94 dirixiu ao Racing de Santander, conseguindo un oitavo posto, e un ano máis tarde adestrou ao Athletic Club, o que fora o seu derradeiro equipo como xogador. A mediados da tempada 1995–96 substituíu no banquiño da Real Sociedad a Salvador Iriarte, quedando no club unha tempada máis. En 1997 fíxose cargo do Celta de Vigo, onde conseguiu un sexto posto, clasificando ao club para a Copa da UEFA.
En 1998 foi contratado polo Deportivo da Coruña, club co que conseguiría os seus maiores éxitos como adestrador. Na tempada 1999–00 gañou a Liga, a primeira na historia do club, conseguindo ademais dous subcampionatos (2000–01 e 2001–02) e dous terceiros postos (2002–03 e 2003–04). Gañou tamén unha Copa do Rei (2001–02) e dúas Supercopas de España (2000 e 2002). En Europa conseguiu levar ao club ás semifinais da Liga de Campións na tempada 2003–04 e a cuartos de final en dúas ocasións. Tras considerar rematado o seu traballo no Deportivo, abandonou o club ao remate da tempada 2004–05.
En 2006 fíxose cargo do Real Betis, club onde non rematou a tempada sendo substituído por Luis Fernández. O 22 de xaneiro de 2008 substituíu como adestrador a Ander Garitano no banquiño do Real Zaragoza,[1] pero pouco tempo despois, o 3 de marzo, dimitiu tras unha xeira de resultados negativos.[2]
Dirixiu dende o banco 612 partidos da Primeira División, sendo o segundo adestrador con máis partidos da historia da competición, superado só polo seu antigo compañeiro de equipo e tamén adestrador seu no Atlético de Madrid, Luis Aragonés.[3]
O 9 de xullo de 2009 aceptou o cargo de director deportivo do Athletic Club.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Xogador
[editar | editar a fonte]Adestrador
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ ""Garitano dimite y le sustituye Irureta"". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2009. Consultado o 12 de decembro de 2010.
- ↑ ""Javier Irureta dimite como técnico del Zaragoza"". Arquivado dende o orixinal o 09 de xaneiro de 2009. Consultado o 12 de decembro de 2010.
- ↑ "Adestradores con máis partidos en Primeira División". BDFutbol (en castelán). Consultado o 29 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1948
- Nados en Irún
- Futbolistas do País Vasco
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Real Unión
- Xogadores do Atlético de Madrid
- Xogadores do Athletic Club de Bilbao
- Adestradores de fútbol de España
- Adestradores do CD Logroñés
- Adestradores do Real Oviedo
- Adestradores do Athletic Club
- Adestradores do Celta de Vigo
- Adestradores do Deportivo da Coruña
- Xogadores da selección de fútbol do País Vasco
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Adestradores do Racing de Santander
- Adestradores da Real Sociedad
- Adestradores do Real Betis Balompié
- Adestradores do Real Zaragoza
- Adestradores do Sestao Sport Club
- Adestradores da selección de fútbol do País Vasco
- Directores deportivos de fútbol de España