Eduardo Coudet

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaCoudet

O Chacho Coudet, de xogador no San Luís.
Nome orixinalEduardo Germán Coudet
Biografía
Nacemento12 de setembro de 1974
Bos Aires
Datos persoais
Outros nomesChacho
País de nacionalidadeArxentino
Altura1.78
Peso73
Actividade
Ocupaciónfutbolista , adestrador de fútbol Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaArxentina Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
LigaMajor League Soccer Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor em Wikidata
Membro do equipo deportivosen equipo

Eduardo Germán Coudet, nado en Buenos Aires o 12 de setembro de 1974, é un adestrador e exfutbolista arxentino, coñecido popularmente coma Chacho Coudet. Desde 2020 e ata 2022 foi o adestrador do Real Club Celta de Vigo.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Coma xogador debutou o 23 de outubro de 1993 no Platense. A súa posición é a de interior dereito. Posteriormente militou noutros equipos arxentinos coma San Lorenzo, River Plate, Colón e, sobre todo, Rosario Central. Fóra da Arxentina, Coudet xogou no Celta de Vigo, nos equipos mexicanos Necaxa e San Luis, e nos Philadephia Union, equipo onde se retirou coma xogador profesional en 2011.

Con River Plate gañou a maioría dos títulos coma xogador: o Torneo Apertura de 1999 e os Torneo Clausura de 2000, 2002 e 2004. Tamén proclamouse gañador da Conmebol con Rosario.

Coma adestrador, debutou con Rosario Central en 2015.

Como xogador[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Platense Arxentina 1993-1995
Rosario Central 1995-1998
San Lorenzo 1998-1999
River Plate 1999-2002
Celta de Vigo Galicia Galicia 2002
River Plate Arxentina 2003-2004
Rosario Central 2004
San Lorenzo 2005
Rosario Central 2006
San Luis México 2007-2008
Necaxa 2009
San Luis 2009-2010
Colón Arxentina 2010
Philadelphia Union Estados Unidos de América Estados Unidos 2010
Fort Lauderdale Strikers 2011

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Club País Ano
Rosario Central Arxentina 2015-2017
Tijuana México 2017
Racing Club Arxentina 2017-2019
SC Internacional Brasil 2020
Celta de Vigo Galicia Galicia 2020-2022

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Eduardo Coudet asinará co Celta ata 2022.". Faro de Vigo. Consultado o 4 de xullo de 2022.