Selección de fútbol de Uruguai

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Flag of Uruguay.svg
Uruguai
EstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svg EstrellaOro PPN.svgEstrellaOro PPN.svg
Actual campión do mundo Actual campión do Mundo
Actual campión de Europa Actual campión de Europa
Actual campión de África Actual campión de África
Actual campión de SudaméricaActual campión de Sudamérica
Actual campión de NorteaméricaActual campión de Norteamérica
Actual campión de Asia
Actual campión de Oceanía
Na súa casa


Fóra


Asociación Asociación Uruguaya de Fútbol — AUF
Confederación CONMEBOL (Sudamérica)
Código FIFA URU
Alcume Charrúas
Ranking FIFA 5 (27 de xullo de 2011)
Seleccionador Flag of Uruguay.svg Óscar Tabárez
Máis partidos Rodolfo Rodríguez (79)
Máximo goleador Héctor Scarone (31)
Estrea internacional
Uruguai Flag of Uruguay.svg 2 - 3 Flag of Argentina.svg Arxentina

Montevideo, Uruguai; 16 de maio de 1901

Maior vitoria
Uruguai Flag of Uruguay.svg 9 - 0 Flag of Bolivia.svg Bolivia

Lima, Perú; 9 de novembro de 1927

Maior derrota
Uruguai Flag of Uruguay.svg 0 - 6 Flag of Argentina.svg Arxentina

Montevideo, Uruguai; 20 de xullo de 1902

Campionato do Mundo
Participacións 11 (Uruguai 1930)
Mellor resultado 1º (2) (1930 e 1950)
Copa América
Participacións 40 (Arxentina 1916)
Mellor resultado 1º (15) (1916, 1917, 1920, 1923, 1924, 1926, 1935, 1942, 1956, 1959, 1967, 1983, 1987, 1995, 2011)

A selección de fútbol de Uruguai é o equipo representativo de Uruguai en diferentes competicións internacionais de fútbol. Está xestionada pola Asociación Uruguaia de Fútbol, membro da Conmebol (Confederación Sudamericana de Fútbol), sendo o país máis pequeno asociado a ela. A selección ocupa acutlamente o quinto posto na clasificación mundial da FIFA.

O equipo ao longo da súa historia gañou até en dúas ocasión a Copa do Mundo de Fútbol de FIFA, icluíndo a súa primeira edición na que foron o equipo anfitrión e tras vencer a Arxentina por 4 a 2 na final. Vinte anos despois La Celeste (alcume da seleeción, do castelán: A Celeste) no mundial de Brasil 1950, conseguiu de novo o título tras vencer á favorita, Brasil, por 2-1 na final, nun episodio que se coñece como o Maracanazo. Ademais de dous títulos mundiais os uruguaios tamén acadaron a vitoria nos torneos de fútbol dos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928, celebrados antes da creación dos mundiais. Así pois, en total a selección ten gañado ao longo da súa historia dezanove títulos oficiais (rexistro compartido con Arxentina): 2 Copa do Mundo de Fútbol, 2 Xogos Olímpicos, 14 Copa América e o Mundialito.

Historia[editar | editar a fonte]

Uruguai é un dos equipos máis exitosos do mundo, xa que conquistou dezanove competicións oficiais, xa sexan recoñecidas pola FIFA ou por outras Confederacións. Trátase de dúas edicións da Copa Mundial de Fútbol, dúas edicións dos Xogos Olímpicos, unha Copa de Ouro de Campións Mundiais, tamén chamada Mundialito, e catorce edicións da Copa América. Historicamente o fútbol foi un elemento fundamental no que refire ao afianzamento da nacionalidade uruguaia e á proxección internacional da imaxe de Uruguai como país, nos comezos do século XX.[1]

Foi ademais a primeira selección, xunto á de Arxentina, en xogar un partido internacional fóra das Illas Británicas, concretamente o 16 de maio de 1901 en Montevideo, con triunfo arxentino por 3 a 2. Un antecedente indica que habería outro partido anterior, aínda que non coas seleccións de cada país, senón con seleccións de cada capital, Bos Aires e Montevideo, o 15 de agosto de 1889, onde dous equipos representativos das capitais de ambolos países enfrontáronse en conmemoración do setenta aniversario da raíña Vitoria de Inglaterra. Supostamente o partido tivo lugar no chamado New Ground de La Blanqueada e terminou co triunfo do conxunto arxentino por 3 a 0.[2]

O alcume da selección, "La Celeste" (do castelán: A Celeste), provén da primeira vitoria internacional do equipo o 15 de agosto de 1910 por 3 a 1, sendo este xustamente o primeiro partido no que empregou a súa camiseta celeste, adoptada como emblema nacional en recoñecemento ao triunfo que pouco antes conseguira o River Plate uruguaio ante o poderoso Alumni arxentino por 2 a 1 con eses mesmas cores. Posteriormente, a selección uruguaia sería a primeira campioa do continente derrotando aos arxentinos na final da Copa América 1916, disputada na cidade de Bos Aires.

A nivel mundial Uruguai comezou a brillar tempranamente cando alcanzou as medallas douradas nos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928. A Selección uruguaia cegou en Europa coas súas presentacións olímpicas e gañouse a admiración e o respecto do universo deportivo, colocando ao fútbol suramericano no máis alto plano de consideración nunha época en que devandito continente era aínda ignorado no mapa internacional do fútbol.[3] Durante 76 anos Uruguai foi o único país suramericano en ocupar o máximo sitial olímpico, honra actualmente compartida coa Arxentina que dende Atenas 2004 é medalla de ouro, repetindo o logro nos últimos xogos de Pequín 2008. A diferenza é que desde 1930 os títulos olímpicos do fútbol non valen un campionato do Mundo como aqueles. Por iso Uruguai recoñécese a si mesmo como tetra-campión do Mundo, e de aí o mantén as catro estrelas no escudo da súa camiseta.

Uruguai como Bicampión olímpico, foi elixido para celebrar a primeira Copa Mundial de Fútbol de 1930. Neste torneo, derrotou novamente á Arxentina, por 4-2, alzándose como o primeiro gañador da Copa do Mundo neste deporte. En 1950, Uruguai confirmou a súa estirpe triunfal derrotando a Brasil na final da Copa Mundial de Fútbol de 1950. Este evento mítico é coñecido mundialmente como o Maracanazo, un logro deportivo histórico e un dos momentos máis dramáticos e inesquecibles da historia do fútbol. Anos despois, "La Celeste" volveu estar en semifinais dun Mundial de en 1954 e 1970 mais sen a mesma sorte.

A partir de entón, aínda que a nivel continental o fútbol uruguaio seguiu conquistando títulos até mediados dos anos noventa, a nivel Mundial a selección uruguaia non volveu a acadar os resultados de antaño, aínda que en 2010 volveu a acadar as semininais dun mundial, rematando finalmente no cuarto posto. Así e todo, en 1980, o equipo uruguaio consagrouse campión do único e máximo torneo oficial até o momento, a Copa de Ouro de Campións Mundiais, mellor coñecida como Mundialito, torneo organizado pola FIFA que reuniu a todos os Campións do Mundo, fóra de Inglaterra, que se negou a participar, substituída polos Países Baixos, para celebrar o cincuentenario da primeira edición dos campionatos mundiais, que se desenvolveu en Uruguai en 1930. A selección de Uruguai destacouse futbolísticamente tanto a nivel mundial como a nivel continental, compartindo con Arxentina o primeiro lugar en cantidade de Copas América, ambos con 14, seguidos por Brasil, con 8. É un dos equipos con máis trofeos do fútbol mundial, o que é aínda máis destacable nun país cunha poboación que apenas supera o tres millóns de habitantes.

Uniforme[editar | editar a fonte]

Local[editar | editar a fonte]

Desde o primeiro partido internacional, en 1901, até 1910, Uruguai non tivo un uniforme oficial. O primeiro partido xogouno co uniforme do club montevideano Albion FC. Durante ese tempo "experimentou" cunha gran cantidade de uniformes, ata que en 1910, con motivo de disputarse VI Copa Lipton fronte á selección de fútbol de Arxentina, esta comunicou oficialmente que adoptara o uniforme celeste e branco. Ante isto o delegado do Montevideo Wanderers, Ricardo Le Bas, propuxo que Uruguai adoptase así mesmo un uniforme oficial, pero quen fixo súa a moción foi Héctor Rivadavia Gómez, quen naquela época era o diregente da liga Uruguaia de Football. Por ese entón o River Plate FC de Montevideo, tras obter por segunda vez o Campionato Uruguaio de Fútbol, venceu ao equipo porteño Alumni, xogando co seu uniforme alternativo de cor celeste. Debido a este logro, a selección uruguaia adquiriu esa cor para o seu uniforme

1889


1901


1901 – 1910


1901 – 1910


1901 – 1910


1901 – 1910


1901–1910


1910–1934


1935


1936–1990


1991–1996


1997–2009


Dende 2010


Indumentaria
Período Proveedor
1978-1984 Adidas
1984-1987 Le Coq Sportif
1987-1991 Puma
1992-1998 NR
1998-2004 FUF
2004-2006 Uhlsport
Dende 2007 Puma

Visitante[editar | editar a fonte]

A camiseta de alternativa de cor vermella foi utilizada por primeira vez durante o Campionato Suramericano de 1935, tamén coñecido como o Suramericano de Santa Beatriz. O último partido do devandito torneo foi disputado o 27 de xaneiro de 1935 entre Arxentina, que xogou con camiseta de cor branca; e Uruguai, con camiseta vermella. Os charrúas lograron a vitoria por 3 a 0 e o titulo suramericano. A camiseta de alternativa vermella foi adoptada formalmente en 1991.

Anterior a 1991 no mundial de 1970 contra Italia por exemplo, utilizouse unha camiseta de alternativa cor branca. Esta utilizouse tamén no mundial de México 1986, na Copa América 1987, na Copa América 1989, no mundial de Italia 1990 e no mundial de Sudáfrica 2010 na vitoria por 3 tantos contra 0 ante o país organizador durante a fase de grupos.



Resultados[editar | editar a fonte]

Copa Mundial de Fútbol[editar | editar a fonte]

Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC
Flag of Uruguay.svg Uruguai 1930 Campión 4 4 0 0 15 3
Italia Italia 1934 Declinou participar
Francia Francia 1938
Brasil Brasil 1950 Campión 4 3 1 0 15 5
Suíza Suíza 1954 Semifinais 5 3 0 2 16 9
Flag of Sweden.svg Suecia 1958 Non clasificado
Flag of Chile.svg Chile 1962 Primeira fase 12° 3 1 0 2 4 6
Inglaterra Inglaterra 1966 Cuartos de final 4 1 2 1 2 5
Flag of Mexico.svg México 1970 Semifinais 6 2 1 3 4 5
Alemaña Alemaña 1974 Primeira fase 13° 3 0 1 2 1 6
Flag of Argentina.svg Arxentina 1978 Non clasificado
España España 1982
Flag of Mexico.svg México 1986 Oitavos de final 16° 4 0 2 2 2 8
Italia Italia 1990 Oitavos de final 16° 4 1 1 2 2 5
Flag of the United States.svg Estados Unidos 1994 Non clasificado
Francia Francia 1998
Flag of South Korea.svg Flag of Japan.svg Corea/Xapón 2002 Primeira fase 26° 3 0 2 1 4 5
Alemaña Alemaña 2006 Non clasificado
Flag of South Africa.svg Sudáfrica 2010 Semifinais 7 3 2 2 11 8
Total - 46 18 12 17 76 65


Copa América[editar | editar a fonte]

Copa América
1916 EstrellaOro PPN.svg Campión 1917 EstrellaOro PPN.svg Campión
1919 Final - 2º lugar 1920 EstrellaOro PPN.svg Campión
1921 3º lugar 1922 3º lugar
1923 EstrellaOro PPN.svg Campión 1924 EstrellaOro PPN.svg Campión
1925 Retirouse 1926 EstrellaOro PPN.svg Campión
1927 Final - 2º lugar 1929 3º lugar
1935 EstrellaOro PPN.svg Campión 1937 4º lugar
1939 Final - 2º lugar 1941 Final - 2º lugar
1942 EstrellaOro PPN.svg Campión 1945 4º lugar
1946 4º lugar 1947 3º lugar
1949 6º lugar 1953 3º lugar
1955 4º lugar 1956 EstrellaOro PPN.svg Campión
1957 3º lugar 1959 6º lugar
1959 EstrellaOro PPN.svg Campión 1963 Retirouse
1967 EstrellaOro PPN.svg Campión 1975 Semifinais
1979 Primera Rolda 1983 EstrellaOro PPN.svg Campión
1987 EstrellaOro PPN.svg Campión 1989 Final - 2º lugar
1991 Primeira fase 1993 Cuartos de final
1995 EstrellaOro PPN.svg Campión 1997 Primeira fase
1999 Final - 2º lugar 2001 4º lugar
2004 3º lugar 2007 4º lugar
2011 EstrellaOro PPN.svg Campión
 Táboa xeral: 1º posto
Pts PX PG PE PP GF GC Dif Rend
342 186 104 30 52 386 212 +174 61,3%


Enfrontamentos en Mundiais[editar | editar a fonte]

Partidos da Copa do Mundo (por equipo)
Total: 47 partidos xogados – 18 vitorias – 12 empates – 17 derrotas – 76 goles favor – 65 goles contra
Equipo PX V E D GF GC Equipo PX V E D GF GC Equipo PX V E D GF GC
Francia Francia 3 1 2 0 2 1 Colombia Colombia 1 1 0 0 2 1 Israel Israel 1 1 0 0 2 0
Suecia Suecia 3 1 0 2 3 6 Unión Soviética Unión Soviética 2 1 0 1 2 2 Perú Perú 1 1 0 0 1 0
Alemaña Occidental Alemaña Occidental 3 0 1 2 1 6 España España 2 0 2 0 2 2 Senegal Senegal 1 0 1 0 3 3
Corea do Sur Corea do Sur 2 2 0 0 3 1 Italia Italia 2 0 1 1 0 2 Bulgaria Bulgaria 1 0 1 0 1 1
Escocia Escocia 2 1 1 0 7 0 Países Baixos Países Baixos 2 0 0 2 2 5 Ghana Ghana 1 0 1 0 1 1
Inglaterra Inglaterra 2 1 1 0 4 2 Dinamarca Dinamarca 2 0 0 2 2 8 Alemaña Alemaña 1 0 0 1 2 3
México México 2 1 1 0 1 0 Bolivia Bolivia 1 1 0 0 8 0 Hungría Hungría 1 0 0 1 2 4
Arxentina Arxentina 2 1 0 1 4 3 Romanía Romanía 1 1 0 0 4 0 Austria Austria 1 0 0 1 1 3
Brasil Brasil 2 1 0 1 3 4 Suráfrica Suráfrica 1 1 0 0 3 0 Bélxica Bélxica 1 0 0 1 1 3
Iugoslavia Iugoslavia 2 1 0 1 7 4 Chequia República Checa 1 1 0 0 2 0

Xogadores[editar | editar a fonte]

Máis partidos disputados[editar | editar a fonte]

Actualizado a 17 de xuño de 2013.

Diego Forlán, xogador con máis encontros oficiais disputados.
# Nome Período Partidos Goles
1 Diego Forlán 2002-Presente 99 33
2 Diego Pérez 2001-Presente 84 1
3 Diego Lugano 2003-Presente 82 8
4 Rodolfo Rodríguez 1976-1986 78 -
5 Maximiliano Pereira 2005-Presente 77 2
6 Fabián Carini 1999-2009 74 -
7 Enzo Francescoli 1982-1997 73 17
8 Sebastián Abreu 1996-2013 70 26
9 Álvaro Recoba 1995-2007 69 11
Ángel Romano 1911-1927 69 28
10 Pablo García 1997-2007 66 2

Máximos goleadores da selección[editar | editar a fonte]

Actualizado a 17 de xuño de 2013.

Luis Suárez, xogador con mellor promedio anotador da selección
# Xogador Período Goles (partidos) Promedio
1 Luis Suárez 2007-Presente 33 (99) 0,51
Diego Forlán 2002-Presente 33 (65) 0,33
3 Héctor Scarone 1917-1930 31 (52) 0,60
4 Ángel Romano 1911-1927 28 (69) 0,41
5 Óscar Míguez 1950-1958 27 (39) 0,69
6 Sebastián Abreu 1996-2013 26 (70) 0,37
7 Pedro Petrone 1923-1930 24 (29) 0,83
8 Fernando Morena 1971-1983 22 (53) 0,42
Carlos Alberto Aguilera 1982-1997 22 (64) 0,34
10 José Piendibene 1909-1921 20 (40) 0,50

Adestradores[editar | editar a fonte]

Período Adestrador
1916 Flag of Uruguay.svg Jorge Pacheco
Flag of Uruguay.svg Alfredo Foglino
19171918 Flag of Uruguay.svg Julián Bértola
19191920 Flag of Uruguay.svg Severino Castillo
19201922 Flag of Uruguay.svg Ernesto Fígoli
19221923 Flag of Uruguay.svg Pedro Olivieri
19231924 Flag of Uruguay.svg Leonardo De Lucca
19241926 Flag of Uruguay.svg Ernesto Meliante
1926 Flag of Uruguay.svg Andrés Mazali
Flag of Uruguay.svg Ernesto Fígoli
19271928 Flag of Uruguay.svg Luis Grecco
19281932 Flag of Uruguay.svg Alberto Supicci
19321933 Flag of Uruguay.svg Raúl Blanco
19331941 Flag of Uruguay.svg Alberto Supicci
19411942 Galicia Pedro Cea
19421945 Flag of Uruguay.svg José Nasazzi
19451946 Flag of Uruguay.svg Aníbal Tejada
1946 Flag of Uruguay.svg Guzmán Vila Gomensoro
Período Adestrador
19461955 Flag of Uruguay.svg Juan López
1955 Flag of Uruguay.svg Juan Carlos Corazzo
19551957 Flag of Uruguay.svg Hugo Bagnulo
19571959 Flag of Uruguay.svg Juan López
1959 Flag of Uruguay.svg Héctor Castro
19591961 Flag of Uruguay.svg Juan Carlos Corazzo
19611962 Flag of Uruguay.svg Enrique Fernández
19621964 Flag of Uruguay.svg Juan Carlos Corazzo
19641965 Flag of Uruguay.svg Rafael Milans
19651967 Flag of Uruguay.svg Ondino Viera
19671969 Flag of Uruguay.svg Enrique Fernández
19691970 Flag of Uruguay.svg Juan Hohberg
19701973 Flag of Uruguay.svg Hugo Bagnulo
19741974 Flag of Uruguay.svg Roberto Porta
19741975 Flag of Uruguay.svg Juan Schiaffino
19751977 Flag of Uruguay.svg José María Rodríguez
1977 Flag of Uruguay.svg Juan Hohberg
Período Adestrador
19771979 Flag of Uruguay.svg Raúl Bentancor
19791982 Flag of Uruguay.svg Roque Máspoli
19821987 Flag of Uruguay.svg Omar Borrás
19871988 Flag of Uruguay.svg Roberto Fleitas
19881990 Flag of Uruguay.svg Oscar Tabárez
19901993 Flag of Uruguay.svg Luis Cubilla
19931994 Flag of Uruguay.svg Ildo Maneiro
19941996 Flag of Uruguay.svg Héctor Núñez
19961997 Flag of Uruguay.svg Juan Ahuntchaín
19971998 Flag of Uruguay.svg Roque Máspoli
19982000 Flag of Uruguay.svg Víctor Púa
20002001 Flag of Argentina.svg Daniel Passarella
20012003 Flag of Uruguay.svg Víctor Púa
20032004 Flag of Uruguay.svg Juan Ramón Carrasco
20042006 Flag of Uruguay.svg Jorge Fossati
2006 Flag of Uruguay.svg Oscar Tabárez

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]