Armando Márquez Ligorri
Armando | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Armando Márquez Ligorri | ||
Nacido | 1908 | ||
Lugar | Vigo | ||
Posición | Defensa | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
-1940 | Celta de Vigo | ||
Adestrador | |||
1945-1946 | Celta de Vigo | ||
1950-1951 | UD Orensana | ||
1952-1953 | Celta de Vigo | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Armando Márquez Ligorri, nado en Vigo en 1908, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego, que xogaba na demarcación de defensa.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista xogou na máxima categoría no Celta de Vigo na primeira tempada deste en Primeira División Española a 1939-40, disputando 4 encontros e finalizando o contrato ao rematar a mesma.
Seguiu vinculado ao club como masaxista, preparador físico, e segundo adestrador. Como técnico adestrou ao Celta de Vigo en Primeira División en dúas etapas.
En decembro de 1945 asumiu o posto de adestrador ao deixar o cargo Platko por enfermidade trala xornada 11, até a chegada ao equipo de Ricardo Zamora, do que foi axudante. Na tempada 1947-48 acadaron o 4º posto e o subcampionato da Copa de España. Xa na tempada 1952-53 supliu o ourensán Odilio Bravo logo de caer na 20ª xornada fronte ao Deportivo da Coruña no Estadio de Riazor. Porén, Armando Márquez foi substituído trala xornada 30 por José Iraragorri.