Laureano Ruiz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laureano Ruiz
Nacemento21 de outubro de 1937
 Villafufre
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfutbolista e adestrador de fútbol
editar datos en Wikidata ]

Laureano Ruiz Quevedo, nado en Escobedo de Villafufre, no concello de Villafufre (Cantabria) o 21 de outubro de 1937, foi un futbolista e adestrador de fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aos 18 anos pasou das categorías inferiores ao primeiro equipo do Racing de Santander e a adestrar ao equipo xuvenil. Aos 24 fichou polo Ximnástica de Torrelavega, mantendose como adestrador dos equipos xuvenís do Racing.

Aos 28 anos da o gran salto ao deixar de xogar a fútbol e pasar a adestrar ao Racing de Santander, sendo o técnico máis xove do estado.

A súa carreira de adestrador combinada con labores de dirección levouno ao FC Barcelona e ao seu filial, para despois fichar polo Celta de Vigo en 1978 para supliar a José María Maguregui.

Dirixiu ao equipo vigués durante unha soa tempada, na que o equipo repleto de baixas como a de Carlos Fenoy, Ademir Vieira ou Juan descende a Segunda División outra vez.

Ao rematar esa tempada decide deixar o Celta e fichar polo Racing de Santander, sería substituído polo ex-xogador do Celta Pedrito.

É o único técnico que ata o momento dirixiu equipos en tódalas categorías, dende Primeira División ata Benxamíns. Actualmente é o director da Escola Municipal de Santander.

Como adestrador acadou o título máis alto, adestrador nacional de honra. Tamén foi mestre de técnica e táctica nas Escolas de Cantabria e Catalunya.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externar[editar | editar a fonte]