Selección de fútbol de España de afeccionados
España | |||
---|---|---|---|
| |||
Asociación | RFEF | ||
Confederación | {{{Confederación}}} | ||
Código FIFA | ESP | ||
Alcume | |||
Clasificación FIFA | {{{Ranking}}} | ||
Clasificación ConIFA | {{{Ranking ConIFA}}} | ||
Seleccionador | |||
Máis encontros | |||
Máximo goleador | |||
Estrea internacional España 2 - 1 Francia Barcelona, España; 16 de xullo de 1955 | |||
Maior vitoria España 6 - 0 Suíza Palma, España; 6 de novembro de 1963 | |||
Maior derrota España 1 - 3 Escocia Palma, España; 16 de xuño de 1967 | |||
Copa da UEFA Amateur | |||
Participacións | 3 | ||
Mellor resultado | 1º |
A selección de fútbol de España de afeccionados foi unha categoría non profesional da selección española de fútbol creada a mediados da década de 1950 que representou a España nas primeiras edicións dos Xogos Mediterráneos, na Copa da UEFA Amateur (acadando o título na edición de 1970) e nos Xogos Olímpicos de 1948 a 1988.
Historia
[editar | editar a fonte]Debido ao regulamento dos Xogos Olímpicos que desde 1948 non permitía a presenza de futbolistas profesionais, diferentes seleccións rexistraron no certame xogadores afeccionados. Para os Xogos Mediterráneos de 1955, disputados en Barcelona, España presentou un equipo de afeccionados que finalmente logrou a medalla de prata. Porén, a Federación Española non se animou a crear un equipo olímpico de fútbol ata 1963, cando intentou clasificarse para os Xogos Olímpicos de 1964 en Toquio. O equipo estaba formado pola mesma selección afeccionada que representara a España nos Xogos Mediterráneos de 1963.[1] A pesar de eliminar de forma contundente a Suíza por un resultado global de 7-0, o equipo español non conseguiu acceder aos Xogos, ao caer derrotada diante de Hungría de Ferenc Bene, posterior campioa olímpica.[1]
Por outra banda, a UEFA decidiu promover o fútbol non profesional lanzando a Copa da UEFA Amateur para equipos non profesionais. Foi entón cando se poñen en marcha definitivamente os equipos afeccionados que participaron nestas competicións. En 1966 disputouse a primeira edición e a selección española realizou unha primeira fase brillante, gañando os catro encontros. A fase final xogouna como na casa, en Palma de Mallorca, pero perdeu nas semifinais ante Escocia tras unha prórroga.
A selección española de afeccionados logrou a clasificación para os Xogos Olímpicos de 1968, torneo no que non participaba ningún equipo español dende Ámsterdam 1928. O ferrolán Juan Fernández Vilela marcou o único gol no primeiro partido de España, contra a selección brasileira.[2] A vitoria no segundo partido ante Nixeria e o empate contra o Xapón, permitíronlle ao equipo español pasar á seguinte rolda como primeiro de grupo, pero caeron eliminados en cuartos de final contra a selección anfitrioa, México.[2]
En 1970, na segunda edición da Copa da UEFA Amateur, España gañou tres dos catro partidos da primeira fase, e nas semifinais logrou contra a anfitrioa Italia a maior goleada da súa historia, un 6-0. A final ante os Países Baixos rematou cun empate a un gol, o que provocou que ao día seguinte se xogase un partido de desempate no que os españois gañaron 2-1. Este partido supón o maior éxito da historia da selección española de afeccionados.
Na seguinte edición, España gañou os catro partidos da primeira fase pero nas semifinais caeu eliminada diante da selección anfitrioa, Iugoslavia. Para a derradeira derradeira Copa da UEFA Amateur, catro anos despois, España non presentou equipo. Nos Xogos Olímpicos de 1976 e de 1980, España caeu na primeira fase, mentres que nin sequera logrou a clasificación para os torneos olímpicos de 1984 e 1988.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Relaño, Alfredo (5 de agosto de 2021). "El fallido regreso del fútbol olímpico español". As (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Lois, Paulo Alonso (20 de xuño de 2016). "Juan Fernández Vilela, el ferrolano que le marcó un gol a Brasil: «Los Juegos fueron lo máximo»". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Martialay, Félix (2007). Todo sobre todas las selecciones (en inglés). Librerías Deportivas Esteban Sanz Martier. ISBN 978-84-935390-2-3.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Copa da UEFA Amateur en rsssf.com (en inglés).