Santiago Sanz Fraile
![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Santiago Sanz Fraile | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nacido | 15 de maio de 1914 | ||
Lugar | Santander | ||
Posición | centrocampista | ||
[ editar datos en Wikidata ] | |||
Santiago Sanz Fraile, nado en Santander o 15 de maio de 1914, foi un futbolista cántabro, que xogaba na demarcación de centrocampista, máis coñecido deportivamente como Yayo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Cunha xuventude marcada pola estancia de tres anos no penal de El Dueso, en espera dun xuízo que finalmente o condenou a só un ano de cárcere. Finalmente debutou en Primeira División co Racing de Santander o 3 de febreiro de 1935.
No ano 1942 tanto o Real Zaragoza coma o Celta de Vigo apostaron forte por fichalo, recalando finalmente en Vigo. Militou no club celeste durante dez tempadas. No Celta disputaría a primeira final de Copa do Xeneralísimo do club no ano 1948, final que perdeu por 1-4 ante o Sevilla FC. Nese encontro o Celta remataou con nove xogadores ante a expulsión de Pahiño e a lesión do porteiro Francisco Simón, xa que naquela época o regulamento prohibía as substitucións.
Despois de 10 anos no Celta Yayo retirouse aos 38 anos de idade, sendo na última tempada xogador-adestrador axudando a Roberto Ozores trala substitución de Luís Casas Pasarín, e na que só xogou un encontro, lesionándose ante o Racing en Santander, a súa vila natal.
A raíz do falecemento dun antigo compañeiro seu no Celta, o ferrolán Juan Vázquez Tenreiro, en abril de 1957 ofreceuse para substituílo á fronte do banco do Racing Club de Ferrol, que estaba na 2ª División, na parte final desa temporada 1956/57.
O seu vencello co equipo vigués seguiu ao longo dos anos, e chegou a facerse cargo do primeiro equipo a finais da tempada 1959-60 en Segunda División, unha tempada na que pasaron polo banco do Celta catro adestradores, primeiro o arxentino Enrique Lúpiz que tivo que deixar o posto por problemas coa homologación do titulo de adestrador, foi substituído por Baltasar Albéniz que dirixiu o equipo a maior parte da tempada clasificándoo para a fase de ascenso pero a directiva do club tentou contratar a Helenio Herrera para os encontros de fase de ascenso de costas ao adestrador polo que este dimitiu. Finalmente fíxose cargo Yayo do equipo que ao final acabou compartindo a dirección con Ricardo Zamora.
Yayo permanecería como adestrador tamén a tempada seguinte pero no ano 1961 foi substituído polo francés Louis Hon.
Rematou a súa carreira como adestrador dirixindo a UP Langreo, co que non acabaría a tempada ao ser substituído a cinco encontros do final.
Os méritos contraídos por Santiago ao servizo do Celta foron premiados coa imposición da Medalla ao Mérito da Federación Española de Fútbol e a insignia de ouro e brillantes do Celta.
O seu fillo Quecho tamén xogou no Celta a comezos dos anos 80.