Milorad Pavić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Milorad Pavić
Información persoal
Nacemento 11 de novembro de 1921
Lugar de nacemento Valjevo
Falecemento 16 de agosto de 2005
Lugar de falecemento Valjevo
editar datos en Wikidata ]

Milorad Pavić (Милорад Павић / Prounciado: /'mîlɔ̝raːd 'pǎːv̞it͡ɕ'), nado o 21 de novembro de 1921 en Valjevo e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 2005, foi un futbolista e adestrador de fútbol serbio.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gran parte da súa carreira deportiva desenvolveuna no Estrela Vermella de Belgrado, traballando primeiro cas categorías inferiores entre os anos 1952 e 1957 e pasando despois ao primeiro equipo. Baixo a súa dirección gañou a Liga nas tempadas 1958-59, 1959-60 e 1963-64 e a Copa nos anos 1958, 1959 e 1964. Combinou este labor co de seleccionador nacional de Iugoslavia no ano 1958.

Entre os anos 1966 e 1972 recalou no fútbol Belga, adestrando primeiro ao Standard de Liexa, co que gaña a copa no 1966 e 1967, e ao Bruxas repetindo o triunfo na Copa nos anos 1968 e 1970.

Na tempada 1972-73 ficha polo Athletic de Bilbao, onde militaría dúas tempadas e gañaría unha Copa do Xeneralísimo e queda quinto na Liga.

No ano 1974 dirixe ao Benfica de Liboa co que gaña a Liga Portuguesa.

Regresa á Liga Española para ascender ao Málaga CF a Primeira División pero a que á tempada seguinte foi destituído polos malos resultados.

Despois de grises experiencias en Iugoslavia e Portugal á fronte do Vojvodina de Novi Sad e o Sporting de Lisboa, no ano 1980 ficha polo Celta de Vigo, por aquel entón en Segunda División B.

No primeiro ano de Pavić en Vigo o Celta proclamouse campión da Segunda División B ascendendo rapidamente, ao ano seguinte repetiu a boa actuación na Segunda División conseguindo o ascenso á máxima categoría a falta de tres partidos para o final da tempada.

Xa en Primeira División unha serie de problemas económicos e deportivos fixeron que o Celta volvese descender ao ano seguinte, o que fixo que tras tres tempadas no Celta o adestrador balcánico deixase o club e fichase polo Reial Club Deportiu Espanyol.

Mirolad Pavic faleceu en agosto do ano 2005.

Palmarés[editar | editar a fonte]