Manuel Rodríguez Alfonso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manolo
Información persoal
Nome Manuel Rodríguez Alfonso
Nacemento 22 de decembro de 1948
Lugar de nacemento Cangas
Altura 1,76 m.
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Barreras
Callao
Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1966–1982 Celta de Vigo 463 (17)
Total 463 (17)
Selección nacional
1966-1972 Selección española sub-23
Adestrador
1988 Celta de Vigo
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Manuel Rodríguez Alfonso, nado en Cangas o 22 de decembro de 1948, é un ex xogador e adestrador galego de fútbol. Xogou de defensa central no Celta de Vigo, onde era coñecido como Manolo "o gran capitán".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

De novo xogou nos equipos infantís do Barreras e o Callao. Aos 15 anos pasou ás categorías xuvenís do Celta de Vigo, debutando co primeiro equipo como titular aos 18 anos contra o Rayo Vallecano en Segunda División. Formou parte das categorías inferiores da selección española de fútbol, coa que participou no Campionato de Europa sub-23 disputado en Iugoslavia en 1969, acadando o subcampionato.

Na tempada 1973/74 estaba nun gran momento de forma, chegando o Real Madrid a ofrecer 20 millóns de pesetas pola súa fichaxe. Pero o 27 de xaneiro de 1974 o xogador galego sufriu unha dura patada de Johan Cruyff que lle provocou unha forte lesión no xeonllo, impedíndolle así fichar polo equipo madrileño e ser seleccionado polo combinado estatal.

Estivo 17 campañas no primeiro equipo, xogando 463 partidos de liga e metendo 17 goles. O 6 de maio de 1982 recibiu unha homenaxe no Estadio de Balaídos, cun encontro entre o Celta e a Selección de fútbol de Polonia, que preparaba a súa asistencia ao Mundial de Fútbol de 1982. Despois de retirarse como xogador, foi secretario técnico do equipo. Deixou o posto ao remate da tempada 1989/90 por discrepancias co presidente José Luis Rivadulla.

Encontros e goles por campaña[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  • Ficha en Celta Wikia.
  • Ficha en Yo jugué en el Celta.