Alejandro Menéndez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Alejandro Menéndez
Información persoal
Nome completo Alejandro Menéndez García
Nacemento 12 de xullo de 1966 (64 anos)
  Xixón
Nacionalidade España
Información de club
Club actual Buriram United (adestrador)
Adestrador
Anos Equipos
2007–2008 Celta B
2008 Celta de Vigo
2008–2009 Celta B
2009–2011 Real Madrid B
2013 Racing de Santander
2013– Buriram United

Alejandro Menéndez García, nado en Xixón o 12 de xullo de 1966, é un adestrador de fútbol español. Actualmente adestra o Buriram United.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a adestrar na Escola de fútbol de Mareo nas categorías inferiores do Sporting de Xixón. En 2004 gañou a Copa de Campións de División de Honra Xuvenil[1], e un ano despois quedou subcampión desa mesma competición e na Copa do Rei Xuvenil.

Posteriormente foi contratado polo Real Madrid para o seu equipo xuvenil e gañou de novo a Copa de Campións en 2006[2]

No ano 2007 fichou polo Celta de Vigo B, na Segunda División B, equipo ao que dirixiría ata 2010, salvo un breve tempo no que dirixiu o primeiro equipo nas últimas xornadas da tempada 2007/08 para substituír a Antonio López[3].

En 2009 foi contratado polo Real Madrid Castilla, pero en 2011 foi cesado e substituído por Alberto Toril.

O 5 de marzo de 2013 fichou polo Racing de Santander, en substitución de José Aurelio Gay.[4] En xullo foi substituído por Paco Fernández.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "De campións xuveniles a futbolistas de Primeira". Consultado o 7 de novembro de 2012. 
  2. ""Me gustaría dirigir algún día al Sporting; no sé cuándo"". Arquivado dende o orixinal o 21 de outubro de 2013. Consultado o 7 de setembro de 2012. 
  3. "Alejandro Menéndez se hace cargo del Celta". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2008. Consultado o 7 de setembro de 2012. 
  4. "Alejandro Menéndez, nuevo entrenador verdiblanco"

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]