Ignacio Eizaguirre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ignacio Eizagirre
Información persoal
Nome completo Ignacio Eizagirre Arregui
Nacemento 7 de novembro de 1920
Lugar Donostia, Euskadi
Posición Gardameta
Carreira xuvenil
Arenas de la Concha
Cuento de Rentería
Lagun Artea
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1936-40 Real Sociedad
1940-1950 Valencia CF 219 (0)
1950-1956 Real Sociedad 107 (0)
1956-1960 CA Osasuna 87 (0)
Selección nacional
1945-1952 Selección de fútbol de España 18 (0)
Adestrador
1959-60 CA Osasuna
1961-62 Real Murcia
1962 Celta de Vigo
1962-63 Granada CF
1964-65 Córdoba CF
1965-66 Sevilla FC
1966-67 Granada CF
1967-69 Celta de Vigo
1970-71 Real Burgos
1971-72 Hércules CF
1972-73 CD Tenerife
1973-74 Real Burgos
1974-75 Deportivo Alavés
1975-77 Córdoba CF
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

Ignacio Eizaguirre Arregui, nado o 7 de novembro de 1920 en Donostia (Guipúscoa) e finado o 1 de setembro de 2013 ibídem, foi un futbolista e adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de gardameta. Fillo do tamén gardameta Agustín Eizaguirre.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse en equipos de base da súa Donostia natal como o Arenas de la Concha, Cuento de Rentería ou Lagun Artea.

En 1936 ficha pola Real Sociedad pero a Guerra Civil Española paraliza a competición ata 1939. Debuta na tempada 1939-40 en Segunda División.

Ao ano seguinte fichou polo Valencia CF de Primeira División pero foi declarado en rebeldía pola Real Sociedad polo que tivo agardar unha tempada para debutar co equipo valencianista. Porén no seu primeiro encontro encaixa cinco goles ante o Real Madrid polo que é relegado ao banquillo. Na súa segunda oportunidade, ante o Athletic de Bilbao fixo unha gran actuación facéndose cun posto no once inicial.

Permaneceu no Valencia nove tempadas (dez contando ca que non puido disputar) obtendo tres títulos de Liga e unha Copa do Xeneralísimo e a título pesoal dous Trofeos Zamora ao gardameta menos goleado.

Na tempada 1950-51 volve á Real Sociedad, onde disputou outras seis tempadas a alto nivel en Primeira División.

En 1956 fichou polo CA Osasuna onde xogaría catro tempadas, na última das cales, xa con 39 anos tivo moi pouco protagonismo, polo que se retirou.

Foi internacional ca Selección de fútbol de España en 18 ocasións encaixando 31 goles e participando no Mundial de Fútbol Brasil 1950 e no Mundial de Fútbol Suíza 1954.

Como adestrador dirixiu a varios equipos entre os cales destaca o Sevilla FC de onde foi substituído por Juanito Arza e o Celta de Vigo onde tentou o ascenso a Primeira División durante dúas tempadas, non conseguiu o obxectivo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]