Louis Hon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Louis Hon
Información persoal
Nome Louis Hon Antonin
Nacemento 14 de setembro de 1924 e 11 de setembro de 1924
Lugar de nacemento Couches
Falecemento 5 de xaneiro de 2008
Lugar de falecemento Fréjus
Posición Defensa
Carreira xuvenil
Sentinelle de Brienon
Montélimar
V.G.A. Saint-Maur
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1946–1950 Stade Français
1950–1953 Real Madrid 41 (0)
1953–1956 Stade Français
1956 Stade Saint-Raphaël
Selección nacional
1947–1949 Francia 12 (0)
Adestrador
1957–1958 Jaén
1959–1960 Racing de Santander
1961 Celta de Vigo
1961–1962 Plus Ultra
Racing de Santander
1964–1965 Betis
1965–1966 Zaragoza
1966–1968 Lyon
1968–1969 Angers
1969–1970 Pontevedra
1970–1971 Ajaccio
1971–1972 Avignon
1972–1973 Paris
1973–1974 Ajaccio
1976–1978 Lorient
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Louis Hon Antonin, nado o 11 de setembro de 1924 en Couches-les-Mines e finado o 5 de xaneiro de 2008 en Saint-Raphaël, foi un futbolista e adestrador de fútbol francés. Xogaba de defensa e foi internacional coa selección francesa. Entre outros equipos, adestrou o Celta de Vigo e o Pontevedra CF.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Formouse en equipos afeccionados coma o Sentinelle de Brienon e comezou a xogar profesionalmente despois da segunda guerra mundial no Stade Français Football, de onde pasou en 1953 ao Real Madrid, porén despois de tres tempadas volveu ao Stade Français, para rematar retirandose no Stade Raphaelois. Foi o primeiro futbolista francés en xogar no Real Madrid

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Comezou a súa traxectoria na Liga Española ao debutar no Real Jaén, e pasou logo por equipos coma o Racing de Santander e o Real Zaragoza. Foi o último técnico que dirixiu ao Pontevedra CF en Primeira División. Tamén dirixiu ao Celta de Vigo en Segunda División en 1961, tendo como segundo a Pepe Villar, porén foi cesado na segunda parte do campionato e substituído por Aretio.

A segunda parte da súa carreira como técnico desenvolveuna en Francia, sobre todo destaca o Olympique Lyonnais co que gañou a Copa de Francia e foi finalista da Copa de Europa.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Zaragoza
Lyon

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]