Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939
Liga Copa do Xeneralísimo
Deporte fútbol
Duración De maio a xuño de 1939
Partidos 23
Equipos 13
Campión Sevilla (2º título)
Subcampión Racing de Ferrol
Máximo goleador Francisco Iriondo (8 goles)

A Copa do Xeneralísimo de fútbol 1939 foi a 35ª edición do torneo. A competición empezou o 14 de maio e finalizou o 25 de xullo de 1939 coa final no estadio de Montjuïc en Barcelona. O campión foi o Sevilla FC, que derrotou na final ao Racing de Ferrol por 6-2. Foi a primeira competición futbolística de ámbito nacional disputada en España trala Guerra Civil.

Nada máis finalizar o conflito bélico, o 1 de abril de 1939, reorganizouse a Federación Española de Fútbol e esta organizou un torneo a nivel nacional cuxo vencedor recibiría unha copa doada polo "xeneralísimo" Francisco Franco, de aí que o torneo recibise ese nome.

Equipos participantes[editar | editar a fonte]

Para dilucidar quen participaría no torneo optouse por incluír os equipos que gañaran os torneos rexionais que se viñeran disputando nos últimos meses da guerra na zona controlada polos sublevados. Isto foi causa de notables ausencias no torneo. Non puideron participar equipos de Cataluña, Madrid, Valencia, Castela-A Mancha ou Rexión de Murcia, xa que estas rexións permaneceron en zona republicana ata os últimos compases da guerra.[1] Cataluña non acabou de ser conquistada polas tropas franquistas ata febreiro de 1939 e a finais de marzo foron caendo Madrid, Valencia ou Alacant. Por isto non se puido disputar competición algunha nestas zonas, inmersas na guerra ata pouco antes de comezar a competición. Esta restrición deixou fóra da competición á metade dos equipos que xogaran en 1936 en Primeira división (Real Madrid, FC Barcelona, Atlético de Madrid, Espayol de Barcelona, Hércules CF e Valencia CF).[2]

Das restantes rexións españolas, algunhas como Asturias, Castela a Vella, León, Estremadura ou Canarias non disputaron torneos que puideran considerarse como cualificadores, polo que os seus equipos quedaron tamén fóra.

Un caso particular foi o de Asturias. A rexión quedara lonxe da fronte de guerra desde 1937, pero sufría unha durísima posguerra e non se chegou a organizar ningún torneo rexional. O Oviedo, que era un dos equipos máis potentes de España antes da guerra, quedara ademais sen campo nin equipo debido á guerra. Para representar o fútbol asturiano no torneo inscribiuse unha selección de Asturias, pero retirouse do torneo antes de disputar o seu partido de oitavos de final ante o Racing de Ferrol.

Pola contra, si que se puideron organizar minimamente torneos rexionais no País Vasco, Aragón, Galicia ou Andalucía, polo que foron equipos destas rexións os que disputaron a Copa do Xeneralísimo.

Os equipos que se clasificaron para a disputa da Copa del Copa do Xeneralísimo como campións ou subcampións dos seus respectivos campionatos rexionais foron os seguintes:

Só se encontraban clasificados para a competición 4 clubs dos que militaban en 1936 en Primeira División (Racing de Santander, Betis, Sevilla e Osasuna). A ausencia máis rechamante era a do Athletic Club, que era o vixente campión de Liga, así como o equipo que máis títulos de Copa levaba ata o momento. A razón é que o Athletic non se presentara aos torneos rexionais de Biscaia. Debilitado pola perda de xogadores na guerra (moitos exiliáranse), sen garantías de éxito e temendo perder o seu prestixio, a directiva do club presentou ao Campionato de Biscaia un equipo B, formado por xogadores mozos e que competía baixo outro nome, Bilbao Athletic, salvagardando deste xeito a honra do club en caso de que fracasasen no campionato rexional.[3] O Bilbao Athletic acabou gañando o campionato de Biscaia e clasificouse para a Copa do Xeneralísimo, aínda que despois tivo pouco éxito na competición. O Bilbao Athletic foi o embrión do actual filial do Athletic, o homónimo Bilbao Athletic. O outro representante de Biscaia, o subcampión do torneo, tamén era un equipo descoñecido, o Baracaldo Oriamendi, pero non era outro que o Barakaldo CF, pero cambiado de nome e de cores por orde das autoridades franquistas.

Oitavos de final[editar | editar a fonte]

Quedaron exentos da primeira rolda o Donostia FC e o Racing de Santander. O Racing de Ferrol pasou automaticamente ao renunciar a selección de Asturias á competición. Esta eliminatoria disputouse os días 14 e 21 de maio.

Local ida Global Local volta Ida Volta
Betis Balompié 1–5 Aviación Nacional 1–1 0–4
Ceuta Sport 4–6 Sevilla 3–4 1–2
Osasuna 1–4 Zaragoza 0–1 1–3
Bilbao Athletic 3–8 Alavés 1–2 2–6
Unión Montañesa 1–7 Baracaldo Oriamendi 0–2 1–5

Partidos de ida[editar | editar a fonte]

Betis - Aviación Nacional[editar | editar a fonte]



Ceuta Sport - Sevilla[editar | editar a fonte]



Osasuna - Zaragoza[editar | editar a fonte]



Bilbao Athletic - Alavés[editar | editar a fonte]



Unión Montañesa - Baracaldo Oriamendi[editar | editar a fonte]



Partidos de volta[editar | editar a fonte]

Aviación Nacional - Betis[editar | editar a fonte]



Sevilla - Ceuta Sport[editar | editar a fonte]



Zaragoza - Osasuna[editar | editar a fonte]



Alavés - Bilbao Athletic[editar | editar a fonte]



Baracaldo Oriamendi - Unión Montañesa[editar | editar a fonte]



Cuartos de final[editar | editar a fonte]

Local ida Global Local volta Ida Volta
Racing de Ferrol 3–1 Donostia 3–1 0–0
Baracaldo Oriamendi 4–3 Zaragoza 2–1 2–2
Aviación Nacional 3–4 Sevilla 2–0 1–4
Racing de Santander 3–7 Alavés 2–5 1–2

Partidos de ida[editar | editar a fonte]

Racing de Ferrol - Donostia[editar | editar a fonte]



Baracaldo Oriamendi - Zaragoza[editar | editar a fonte]



Aviación Nacional - Sevilla[editar | editar a fonte]



Racing de Santander - Alavés[editar | editar a fonte]



Partidos de volta[editar | editar a fonte]

Donostia - Racing de Ferrol[editar | editar a fonte]



Zaragoza - Baracaldo Oriamendi[editar | editar a fonte]



Sevilla - Aviación Nacional[editar | editar a fonte]



Alavés - Racing de Santander[editar | editar a fonte]



Semifinais[editar | editar a fonte]

Local ida Global Local volta Ida Volta
Racing de Ferrol 3–2 Baracaldo Oriamendi 1–1 2–1
Sevilla 7–6 Alavés 6–5 1–1

Partidos de ida[editar | editar a fonte]

Racing de Ferrol - Baracaldo Oriamendi[editar | editar a fonte]



Sevilla - Alavés[editar | editar a fonte]



Partidos de volta[editar | editar a fonte]

Baracaldo Oriamendi - Racing de Ferrol[editar | editar a fonte]



Alavés - Sevilla[editar | editar a fonte]



Final[editar | editar a fonte]

A final disputouse o 25 de xuño de 1939 no estadio de Montjuïc, sede elixida por motivos políticos, como castigo para a cidade de Barcelona, que fora conquistada polas tropas franquistas poucos meses antes.[4][5] O partido estivo presidido polo xeneral Moscardó. O campión foi o Sevilla, que goleou por 6-2 ao Racing de Ferrol, facéndose así co seu segundo título.



Campión
Sevilla
Segundo título

Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Pos Xogador Equipo Goles
1 España Iriondo Alavés 8
2 España Campanal I Andalucía Sevilla 7
3 España Bata Baracaldo Oriamendi 5
España Pepillo Andalucía Sevilla 5
España Gárate Alavés 5
España Raimundo Andalucía Sevilla 5
España Elícegui Alavés 5
8 España Sañudo Comunidade de Madrid Aviación Nacional 4

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "La primera copa del franquismo". Real Federación Española de Fútbol (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2022. Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  2. Masià, Vicent. "El Torneo Nacional de Fútbol de 1939". lafutbolteca.com (en castelán). Consultado o 13 de xaneiro de 2022. 
  3. Aiestaran Álvarez, Carlos (15 de febreiro de 2020). "Actuación del Athletic Club en la temporada 1938-1939". Cuadernos de fútbol (en castelán) (118). ISSN 1989-6379. 
  4. Lara, Miguel Ángel (15 de marzo de 2012). "1939, Barcelona 'castigada' con la final de la Copa del Generalísimo". Marca (en castelán). Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 
  5. "El Torneo Nacional de Fútbol" (en castelán). 24 de xaneiro de 2020. Consultado o 14 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]