Copa do Rei de fútbol 1922
| Tipo | Copa do Rei de fútbol |
|---|---|
| Organizador | Real Federación Española de Fútbol |
| Número de participantes | 8 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Número de edición | 20 (1922) |
| Competición | |
| Primeiro posto | FC Barcelona |
| Datos estatísticos | |
| Partidos | 17 |
| Goles | 78 |
A Copa do Rei de 1922 foi a 20ª edición da competición. Foi conquistada polo FC Barcelona, que derrotou ao Real Unión de Irún na final disputada no Campo de Coia de Vigo, sumando o seu quinto título.[1] Disputouse ao longo dos meses de marzo, abril e maio do ano 1922 polos equipos campións dos distintos torneos rexionais celebrados no territorio estatal na tempada 1921-22.
Equipos clasificados
[editar | editar a fonte]Nesta edición da Copa participaron os gañadores dos 8 torneos autonómicos que se disputaron en España durante a primeira metade da tempada 1921-22.
Fase final
[editar | editar a fonte]Consistiu en dúas roldas a dobre partido cos partidos decididos segundo a rexión de procedencia do club. No caso de empatar a vitorias, disputaríase un partido de desempate en terreo neutral. Os dous últimos contendentes enfrontáronse na final nun só partido en campo neutral.
| Cuartos de final | Semifinais | Final | ||||||||||||||||||
| Arenas de Getxo | 4 | 0 | ||||||||||||||||||
| Real Madrid | 2 | 5 | ||||||||||||||||||
| Real Madrid | 2 | 1 | ||||||||||||||||||
| Real Unión | 1 | 4 | ||||||||||||||||||
| Real Unión | 4 | 5 | ||||||||||||||||||
| Fortuna | 0 | 0 | ||||||||||||||||||
| Real Unión | 1 | |||||||||||||||||||
| Barcelona | 5 | |||||||||||||||||||
| Sporting de Gijón | 6 | 7 | ||||||||||||||||||
| España FC | 0 | 0 | ||||||||||||||||||
| Sporting de Gijón | 1 | 2 | ||||||||||||||||||
| Barcelona | 1 | 7 | ||||||||||||||||||
| Sevilla | 0 | 1 | ||||||||||||||||||
| Barcelona | 1 | 7 | ||||||||||||||||||
Cuartos de final
[editar | editar a fonte]Os partidos correspondentes á eliminatoria de cuartos disputáronse todos o mesmo día, xogándose a ida o 12 de marzo e a volta o 19 de marzo. Todas as fases de clasificación foron dominadas con bastante facilidade polos equipos gañadores da mesma, agás a que enfrontou ao Real Madrid e o Arenas de Getxo, que requiriu ata tres desempates e unha prórroga para que finalmente o Real Madrid pasase a rolda. Os desempates disputáronse nun campo neutral en Madrid os días 22, 23 e 29 de marzo.[2]
Arenas de Getxo - Real Madrid
[editar | editar a fonte]| Ida 12 de marzo de 1922 | Arenas de Getxo | 4 – 0 | Real Madrid | Getxo | ||
| 15:45 | Zabalza Vallana Barturen Zubiaga |
Estadio: Josaleta Árbitro: Peris | ||||
| Volta 19 de marzo de 1922 | Real Madrid | 5 – 2 | Arenas de Getxo | Madrid | ||
| De Miguel Mejía Monjardín |
Robus |
Estadio: O'Donnell Árbitro: Torrens | ||||
| 1º desempate 21 de marzo de 1922 | Real Madrid | 1 – 1 (pr.) | Arenas de Getxo | Madrid | ||
| Monjardín |
Barturen |
Estadio: O'Donnell Árbitro: Ruete | ||||
| 2º desempate 22 de marzo de 1922 | Real Madrid | 1 – 1 | Arenas de Getxo | Madrid | ||
| Escobal |
Ino |
Estadio: Martínez Campos Árbitro: Peris | ||||
| 3º desempate 29 de marzo de 1922 | Real Madrid | 0 – 3 | Arenas de Getxo | Madrid | ||
| Monjardín |
Estadio: Martínez Campos Árbitro: Lemmel | |||||
Real Unión - Fortuna
[editar | editar a fonte]| Ida 12 de marzo de 1922 | Real Unión | 4 – 0 | Fortuna | Hondarribia | ||
| Zabala Azurza |
Estadio: Amute Árbitro: Sampere | |||||
| Volta 19 de marzo de 1922 | Fortuna | 0 – 5 | Real Unión | Vigo | ||
| 16:04 | Patricio Azurza Zabala |
Estadio: Coia Árbitro: Peris | ||||
Sporting de Gijón - España FC
[editar | editar a fonte]| Ida 12 de marzo de 1922 | Sporting de Gijón | 1 – 1 | España FC | Xixón | ||
| 16:00 | Bolado Molina Meana |
Estadio: El Molinón Árbitro: Chopeitia | ||||
| Volta 19 de marzo de 1922 | España FC | 0 – 7 | Sporting de Gijón | Valencia | ||
| 16:00 | Meana Bolado Arcadio |
Estadio: La Soledad Árbitro: Llovera Mas | ||||
Sevilla - FC Barcelona
[editar | editar a fonte]| Ida 12 de marzo de 1922 | Sevilla | 0 – 1 | FC Barcelona | Sevilla | ||
| 15:47 | Piera |
Estadio: Reina Victoria Árbitro: Cárcer Disdier | ||||
| Volta 19 de marzo de 1922 | FC Barcelona | 7 – 1 | Sevilla | Barcelona | ||
| Alcántara Samitier Gràcia Planas |
Spencer |
Estadio: Carrer Indústria Árbitro: Fernando Gutiérrez | ||||
Semifinais
[editar | editar a fonte]As semifinais xogáronse nos seus partidos de ida o 2 de abril e nos de volta unha semana despois, o 9 de abril. Curiosamente, no empate entre o Real Madrid e o Real Unión tamén foi necesario un desempate xa que os dous equipos gañaron os seus partidos como locais. Pero esta vez o eliminado foi o equipo madileño, que viu como o 11 de abril en San Sebastián perdía todas as opcións de regresar a unha final de Copa despois de varios anos sen xogala. Na outra eliminatoria, o empate 1-1 en Barcelona semellaba dar esperanzas aos "sportinguistas" pero un rotundo 7-2 en Xixón deu o pase ao Barça.[2]
Real Madrid - Real Unión
[editar | editar a fonte]| Ida 2 de abril de 1922 | Real Madrid | 2 – 1 | Real Unión | Madrid | ||
| 16:05 | Monjardín Escobal |
Patricio |
Estadio: O'Donnell Árbitro: Lemmel | |||
| Volta 9 de abril de 1922 | Real Unión | 4 – 1 | Real Madrid | Hondarribia | ||
| 16:00 | Zabala Azurza Acosta |
Paco González |
Estadio: Amute Árbitro: Vallana | |||
| Desempate 11 de abril de 1922 | Real Unión | 4 – 0 | Real Madrid | Donostia | ||
| 15:30 | Patricio René Petit Azurza |
Estadio: Atotxa Árbitro: Vallana | ||||
Sporting de Gijón - FC Barcelona
[editar | editar a fonte]| Ida 2 de abril de 1922 | Sporting de Gijón | 1 – 1 | FC Barcelona | Xixón | ||
| 16:00 | Bango |
Planas Zamora Gràcia |
Estadio: El Molinón Árbitro: Vallana | |||
| Volta 9 de abril de 1922 | FC Barcelona | 7 – 2 | Sporting de Gijón | Barcelona | ||
| 16:00 | Planas Gràcia Alcántara Sagi-Barba |
Palacios Bango |
Estadio: Carrer Indústria Árbitro: Montero | |||
Final
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Final da Copa do Rei de fútbol 1922.
A final disputouse nun ateigado campo de Coia en Vigo.[3] Na primeira parte dominou o Real Unión, pero adiantouse o FC Barcelona cun gol de Ramón Torralba, que foi empatado pouco despois cun tanto de Patricio Arabolaza. Samitier e Alcántara puxeron dous goles máis no marcador pouco antes do descanso. Na segunda parte o Real Unión buscou o empate pero no canto diso recibiu dous goles máis, obra de Gràcia e Alcántara.[4]
| Final 14 de maio de 1922 | FC Barcelona | 5 – 1 | Real Unión | Vigo | ||
| 16:38 | Torralba Samitier Alcántara Gràcia |
Patricio |
Estadio: Coia Asistencia: 12.000 Árbitro: Balvay | |||
| Campión |
| FC Barcelona |
| Quinto título |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El” Barcelona” ha conquistado de nuevo el campeonato de España batiendo rotundamente al "R. Unión de Irún" por 5 a 1". Mundo Deportivo (en castelán). 15 de maio de 1922. pp. 1–2. Consultado o 10 de novembro de 2021.
- 1 2 "Hoy se juega la final del campeonato de "foot-ball"". El Ideal Gallego (en castelán) (1510). 14 de maio de 1922. p. 1. Consultado o 10 de novembro de 2021.
- ↑ Manuel de Castro González (xuño de 1922). "Notas deportivas. Football" (PDF). Nós (11): 13.
- ↑ "El F.C. Barcelona campeón de España". El Progreso (en castelán) (2920). 16 de maio de 1922. pp. 1–2. Consultado o 10 de novembro de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnáiz, Luis; Salazar, Bernardo; Martialay, Félix (2002). 100 Finales de Copa "Historia del Campeonato de España" (en castelán). Interviú, RTVE e RFEF.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos da competición en BDFutbol (en castelán).
- Datos da competición en linguasport.com (en castelán).