Lluís Miró i Doñate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lluís Miró
Información persoal
Nome Lluís Miró i Doñate
Nacemento 3 de marzo de 1913
Lugar de nacemento Barcelona
Falecemento 15 de setembro de 1991
Lugar de falecemento Barcelona
Posición Gardameta
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1930-33 UE Sants
1933-35 Cartagena FC
1935-36 Real Murcia
1938-43 FC Barcelona 50 (0)
Selección nacional
1941-42 Selección de fútbol de Cataluña 2 (0)
Adestrador
1949-52 UE Sants
1952-53 Terrassa FC
1952-53 CE Sabadell
1953-56 Real Valladolid
1956-58 Valencia CF
1959 Celta de Vigo
1959-61 Sevilla FC
1961 FC Barcelona
1962-63 Olympique de Marsella
1964-65 AS Roma
1965-66 CD Málaga
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Lluís Miró i Doñate, nado en Barcelona o 3 de marzo de 1913 e finado na mesma cidade o 15 de setembro[1] de 1991, foi un futbolista e adestrador de fútbol catalán que xogaba na dermarcación de gardameta.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar no Sants e pasou polo Cartagena FC e Real Murcia antes de fichar polo FC Barcelona, co que disputou 99 encontros en catro tempadas. Un dos mellores momentos foi a final da Copa de España que gañou o Barcelona ante o Athletic de Bilbao en 1942.

Como adestrador comezou dirixindo ao Terrassa FC pero axiña pasou a equipos de gran tradición como CE Sabadell. En 1953 fichou polo Real Valladolid, onde militou tres tempadas. De 1956 a 1958 dirixiu o Valencia CF. Ao rematar o seu vínculo co club fichou polo Celta de Vigo substituíndo a Luís Casas Pasarín para tentar evitar o descenso a Segunda División, obxectivo que non cumpre e polo que deixa Vigo para fichar polo Sevilla FC.

En Sevilla, o primeiro ano logra un cuarto posto no torneo regular. Porén, o segundo ano foi o último debido ao mal xogo e aos resultados que o levaron a non rematar a tempada.

En xuño de 1961 supliu a Enrique Orizaola á fronte do cadro de xogadores do FC Barcelona, experiencia moi curta, xa que dimitiu en novembro dese mesmo ano ao non acadar os resultados desexados.

Foi un dos primeiros adestradores en dirixir no estranxeiro, no Olympique de Marsella e no AS Roma. Volveu a España para adestrar ao seu último equipo, o CD Málaga.

Tamén foi internacional coa Selección de fútbol de Cataluña entre os anos 1941 e 1942 e presidente do Colexio Catalán de Adestradores unha vez retirado como adestrador.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Ha fallecido Luis Miró Doñate", El Mundo Deportivo (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]