Antonio López Habas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Antonio López Habas
Información persoal
Nacemento 28 de maio de 1957
Lugar de nacemento Pozoblanco
Altura 180 centímetros
Posición defensa
editar datos en Wikidata ]

Antonio López Habas, nado en Pozoblanco (provincia de Córdoba) o 28 de maio de 1957, é un exfutbolista e actual adestrador de fútbol que xogaba na demarcación de defensa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como xogador[editar | editar a fonte]

Formouse nas categorías inferiores do Sevilla FC chagando a formar parte do primeiro equipo, disputando oito encontros nas tempadas 1978-79 e 1979-80. Posteriormente xogou no Real Murcia e no Real Burgos e viviu o seu mellor ano no Atlético de Madrid na tempada 1985-86 onde gañou a Supercopa de España.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Desenvolveu case toda a súa carreira nos bancos como segundo adestrador, comezou adestrando ao Atlético de Madrid B de onde pasaría ao Las Rozas e Real Aranjuez.

O gran salto deuno actuando como axudante de Xabier Azkargota como seleccionador de Bolivia, participando no Mundial de Fútbol Estados Unidos 1994, cun gran papel da selección boliviana.

Ao cabo dun ano fichou polo Bolivar con quen se proclamaría campión da liga boliviana. En 1996 chega a ser primeiro adestrador da selección de Bolivia tras un breve paso pola Liga española de fútbol no UE Lleida.

Na tempada 1998-99 volve a España para adestrar o Sporting de Xixón, equipo que tras destituír tres adestradores, dos cales Antonio López foi o primeiro, acabou descendendo a Segunda División.

Tras outro período en Bolivia afincouse definitivamente en España, para adestrara ao Granada CF.

Nos anos seguintes comezou unha etapa fundamental na vida de Antonio López, xa que entrou no equipo técnico do Valencia CF como axudante de Rafael Benítez, conseguindo dous campionatos de Liga (2001-02 e 2003-04) e unha Copa da UEFA na 2003-04.

En 2005 faise cargo do equipo en lugar de Claudio Ranieri que á súa vez fora o substituto de Benítez, baixo a súa dirección o equipo gañaría a Supercopa de Europa pero a final de tempada non renovaría o contrato.

O seu seguinte equipo seía o CD Tenerife, onde tampouco tería sorte xa que foi un dos seis adestradores que tivo o equipo esa tempada e so o dirixiu en cinco encontros.

No verán de 2007 ficha polo Celta de Vigo como axudante do adestrador Búlgaro Hristo Stoichkov, para completar a escasa experiencia nos bancos deste. O equipo estaba lonxe de acadar o obxectivo do ascenso polo que o adestrador foi destituído e fichado no seu lugar Juan Ramón López Caro, Antonio López seguiu actuando como axudante compartindo a función co exfutbolista Juanjo Maqueda. Porén López Caro tampouco duraría moito no posto e aos 21 encontros Antonio López converteuse no primeiro adestrador. Situación que non duraría moito tampouco xa que o equipo rematou a tempada baixo as ordes de Alejandro Menéndez, ata o momento adestrador do Celta de Vigo B.

Despois pasou a ser axudante de Stoichkov no Mamelodi Sundowns de Suráfrica.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]