Mr. Cowan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mr. Cowan
Nacemento1892
 Edimburgo
Falecementoséculo XX
NacionalidadeReino Unido e Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Ocupaciónfutbolista e adestrador de fútbol
editar datos en Wikidata ]

W. H. Cowan, nado en 1892 en Glasgow, Escocia, foi un xogador e adestrador de fútbol do que se descoñecen gran parte dos datos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou sendo adestrador de atletismo ó tempo que xogaba ó fútbol en equipos da súa Escocia natal, entre eles o Hibernian FC. Convertido en axudante do adestrador Chas During, traballou no humilde St.Miven, no Glasgow University e en varios clubs de Noruega.

Chega a Vigo o 31 de xullo de 1927 para facerse cargo do Celta de Vigo substituíndo a Andrés Balsa. So adestraría ao equipo olívico na tempada 1927-28, na que o levaría a cuartos de final da Copa de España, onde caería derrotado ante a Real Sociedad.

No campionato galego o Celta quedaría subcampión e, esa mesma tempada, xogaría a primeira Liga da historia en modo de proba, conseguindo o subcampionato por detrás do Racing de Santander, aínda que é a titulo de anécdota, xa que non ten valor oficial ningún.

No verán de 1928 o Celta baixo a dirección de Cowan realizou unha xira por Sudamérica na que disputou tres encontros en Buenos Aires, dous en Uruguai e un en Rosario.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]