Pepe Villar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pepe Villar
Información persoal
Nome completo José Villar Fernández
Nacemento 20 de agosto de 1928
Lugar Vigo, Galicia
Falecemento 27 de xuño de 2007 (78 anos)
Lugar Vigo, Galicia
Posición Defensa
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1950–1961 Celta de Vigo 207 (7)
Adestrador
1967 Celta de Vigo
1970 Celta de Vigo
1975 Celta de Vigo
1977 Celta de Vigo
1986 Celta de Vigo
1988 Celta de Vigo
* Partidos e goles só en liga doméstica.
† Aparicións (Goles)

José "Pepe" Villar Fernández, nado en Vigo o 20 de agosto de 1928 e finado o 27 de xuño de 2007, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Estivo vinculado en exclusiva ao Celta de Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira deportiva como defensa no equipo do barrio vigués de Coia, fichando polo Real Club Celta de Vigo pouco despois, co que debutaría en Primeira División o 10 de setembro de 1950 ante a UE Lleida. Durante a tempada 1950–51, na que o Celta quedou de 8º, xogou 3 encontros. Na tempada seguinte xogou 22 partidos e meteu un gol, rematando o Celta en novena posición. Nas seis campañas seguintes, todas elas en primeira división, xogou 165 partidos e marcou 6 goles. Porén, durante a tempada 1958–59 o xogador vigués foi atropelado por unha moto. O equipo notou a súa baixa, rematando a tempada como pechacancelas.

Os dous últimos anos da súa carreira como xogador (1959–60 e 1960–61) discorreron na Segunda División, clasificándose os dous anos para a promoción de ascenso pero sen acadar o obxectivo. Logo da última campaña, na que só xogou tres partidos, decidiu retirarse. En total xogou 248 partidos co club celeste: 207 en primeira división (onde marcou 7 goles), 32 en segunda e 9 de promoción de ascenso.

Trala súa retirada como xogador mantívose ligado ao club como auxiliar do adestrador Louis Hon e dirixindo o equipo xuvenil durante moito tempo, levándoos en 1965 á final do campionato de España fronte ao Athletic Club de Bilbao. Na tempada 1966–67 o primeiro equipo do Celta xogaba en Segunda División, e trala dimisión do adestrador César Rodríguez, Pepe Villar dirixiu o combinado no treito final da liga. Posteriormente exerceu como segundo adestrador de Ignacio Eizaguirre e un tándem co gran capitán, Manolo, a finais da tempada 1987–88.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]