Félix Carnero
Félix Carnero | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Félix Javier Carnero Correa | ||
Nacemento | 1 de xuño de 1948 | ||
Lugar de nacemento | Bouzas | ||
Posición | Centrocampista | ||
Carreira xuvenil | |||
Apache | |||
Amanecer | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
Rápido de Bouzas | |||
1967–1968 | Celta de Vigo | 3 | (0) |
1968–1974 | Castellón | 129 | (7) |
1974–1979 | Celta de Vigo | 127 | (20) |
Adestrador | |||
1983–1984 | Gran Peña | ||
1983–1985 | Celta de Vigo | ||
1988–1989 | Arousa | ||
1989–1990 | Lugo | ||
1990–1994 | Arousa | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Félix Javier Carnero Correa, nado en Bouzas (Vigo) o 1 de xuño de 1948 foi un xogador, adestrador e directivo de fútbol galego.
Foi pai do tamén futbolista Pablo Carnero.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como futbolista[editar | editar a fonte]
Iniciouse nos conxuntos infantís de Apache e Amanecer, pasando na categoría xuvenil ao Celta de Vigo e despois ao Rápido de Bouzas. Volvendo despois ao Celta, esta vez ao primeiro equipo. Non logra asentarse no equipo, polo que na tempada 1968-69 é traspasado ao Castellón por 100.000 pesetas. Permanecería no levante seis tempadas, nas que acada o ascenso a Primeira División e chega a disputar unha final de Copa.
No ano 1974 volve ao Celta, pero o club non completaría unha boa campaña descendendo a Segunda División pese ao que a actuación de Félix é moi regular, xogando 30 partidos e marcando dous goles. En segunda, nunha tempada na que é o máximo anotador do equipo con nove tantos, o Celta fai moi bo ano conseguindo o ascenso. Porén a tempada seguinte volveu descender e déuselle a baixa, pasando a formar parte do equipo técnico.
Como adestrador[editar | editar a fonte]
Na tempada 1981-82 desempeñou a tarefa de segundo adestrador do primeiro equipo xunto a Milorad Pavić. Posteriormente converteuse en primeiro adestrador do Celta na tempada 1983-84, trala dimisión de Luis Cid Pérez, Carriega. Ao ano seguinte continúa no posto, conseguindo o ascenso a Primeira.
O seu último ano como adestrador do Celta foi a campaña 1985-86 sendo substituído por José Luis García Traid na décimo terceira xornada. Posteriormente adestrou o Arousa e o Lugo.
Como directivo[editar | editar a fonte]
Pasados uns anos Félix Carnero ocuparía os postos de Secretario Técnico e Director Deportivo do Celta durante un período longo e frutífero para o club vigués.
Finalmente abandonou o club a finais do ano 2007 ao non contar no proxecto do novo presidente do Celta, Carlos Mouriño, e foi substituído por Ramón Martínez.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Datos do xogador en BDFutbol (en castelán).
- Datos do adestrador en BDFutbol (en castelán).