Primeira división española 1930/31
A tempada 1930/31 da Primeira división española foi a terceira edición do torneo. Celebrouse entre o 7 de decembro de 1930 e o 5 de abril de 1931.
O Athletic de Bilbao revalidou o título conseguido a tempada anterior e converteuse no primeiro club en encadear dúas ligas consecutivas. Tamén por primeira vez na historia do torneo o título se decidiu por goal average, ao rexistrarse un triplo empate na primeira posición.
Tomaron parte na competición dez clubs. Por primeira vez desde a súa fundación, a Primeira División española acolleu a un debutante: o CD Alavés, que se converteu no primeiro equipo en lograr ascender á máxima categoría. Ningún equipo galego disputou a categoría.
Clasificación final[editar | editar a fonte]
Pos | Equipo | X | G | E | P | GF | GC | DG | GA | Ptos |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1 | Athletic Club de Bilbao | 18 | 11 | 0 | 7 | 73 | 33 | 40 | 2,2 | 22 |
2 | Real Santander RC | 18 | 10 | 2 | 6 | 49 | 37 | 12 | 1,3 | 22 |
3 | Real Sociedad | 18 | 10 | 2 | 6 | 42 | 39 | 3 | 1,0 | 22 |
4 | FC Barcelona | 18 | 7 | 7 | 4 | 40 | 43 | -3 | 0,9 | 21 |
5 | Arenas Club de Getxo | 18 | 8 | 2 | 8 | 35 | 38 | -3 | 0,9 | 18 |
6 | Real Madrid | 18 | 7 | 4 | 7 | 24 | 27 | -3 | 0,8 | 18 |
7 | Real Unión Club | 18 | 6 | 4 | 8 | 41 | 45 | -4 | 0,9 | 16 |
8 | CD Alavés | 18 | 5 | 4 | 9 | 25 | 39 | -14 | 0,6 | 14 |
9 | RCD Español | 18 | 6 | 2 | 10 | 32 | 45 | -13 | 0,7 | 14 |
10 | CD Europa | 18 | 6 | 1 | 11 | 23 | 38 | -15 | 0,6 | 13 |
Descenso a Segunda División |
Ascenso a Primeira División[editar | editar a fonte]
O Valencia FC ascende a Primeira División tras resultar campión de Segunda División.
Resultados[editar | editar a fonte]
Are | Ath | Bar | DAl | Esp | Eur | Rac | RMa | RSo | RIr | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Arenas | 3:2 | 5:0 | 1:1 | 1:0 | 1:0 | 4:2 | 4:1 | 1:3 | 1:2 | |
Athletic Club | 5:2 | 12:1 | 7:1 | 5:1 | 4:1 | 7:1 | 2:4 | 6:1 | 1:2 | |
FC Barcelona | 2:0 | 6:3 | 1:1 | 6:2 | 0:2 | 1:1 | 3:1 | 5:1 | 5:3 | |
Alavés | 3:2 | 1:4 | 1:1 | 4:1 | 2:0 | 2:5 | 2:0 | 1:2 | 3:1 | |
Español | 5:0 | 0:4 | 4:4 | 2:0 | 4:0 | 4:1 | 1:1 | 1:0 | 4:2 | |
Europa | 1:4 | 2:1 | 2:2 | 1:0 | 3:1 | 1:2 | 0:3 | 2:1 | 2:1 | |
Racing | 4:1 | 4:1 | 0:1 | 4:0 | 4:0 | 2:1 | 3:0 | 2:5 | 4:1 | |
Real Madrid | 1:2 | 0:6 | 0:0 | 1:0 | 2:0 | 3:1 | 0:0 | 2:0 | 3:0 | |
Real Sociedad | 4:1 | 1:0 | 4:1 | 2:2 | 2:1 | 3:1 | 4:7 | 2:1 | 3:3 | |
Real Unión | 2:2 | 2:3 | 1:1 | 4:1 | 6:1 | 4:3 | 4:3 | 1:1 | 2:4 |
Premios individuais[editar | editar a fonte]
Máximos goleadores[editar | editar a fonte]

Con 27 goles -29 segundo algunhas fontes- en 17 partidos, Agustín Sauto, 'Bata' estableceu unha nova marca goleadora na Primeira División, que se mantivo vixente durante unha década. O refacho goleador do dianteiro vasco tivo o seu punto álxido no histórico 12-1 do Athletic Club ao FC Barcelona, partido no que marcou sete goles, unha marca que aínda segue vixente e que só Ladislao Kubala puido igualar anos máis tarde.
Pos. | Xogador | Equipo | Goles | Partidos |
---|---|---|---|---|
1º | ![]() |
Athletic Club | 27[1] | 17 |
2º | ![]() |
Athletic Club | 17[2] | 18 |
3º | ![]() |
FC Barcelona | 16 | 15 |
4º | ![]() |
Real Unión Club | 15[3] | 17 |
5º | ![]() |
Real Sociedad | 13[4] | 17 |
6º | ![]() |
Real Unión Club | 11 | 18 |
Porteiro menos goleado[editar | editar a fonte]
- Tomás Zarraonandía, do Arenas de Getxo, encaixou 27 goles en 14 partidos, obtendo unha media de 1,92 goles por partido.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A LFP e o Diario Marca conceden a Bata 27 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 29 tantos.
- ↑ A LFP concede a Gorostiza 17 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 15 tantos.
- ↑ A LFP concede a Urtizberea 15 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 13 tantos.
- ↑ A LFP concede a Cholín 13 goles; outras fontes, como a obra Historia y estadística del fútbol español concédenlle 11 tantos.