José Luis García Traid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Luis García Traid
Información persoal
Nome completo José Luis García Traid
Nacemento 6 de abril de 1936
  Zaragoza
Falecemento 11 de xaneiro de 1990
  Zaragoza
Nacionalidade España
Posición centrocampista

José Luís García Traid, nado en Zaragoza o 6 de abril de 1936 e finado o 11 de xaneiro de 1990 na mesma cidade, foi un xogador e adestrador de fútbol.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Como futbolista[editar | editar a fonte]

Comezou a xogar na categoría xuvenil do Patria e o La Salle. Pouco despois deu o salto ao Real Zaragoza, onde transcorrería toda a súa carreira futbolística, a excepción dunhas cesións ao Celta de Vigo, Amistad e Levante UD. Nestes anos conseguiría afianzarse como titular indiscutíbel no equipo maño e debutar coa Selección española de fútbol, porén tería que retirarse do fútbol en activo moi novo a raíz dunha lesión que sufriu ante o Deportivo da Coruña no ano 1961 aos 25 anos de idade.

Como adestrador[editar | editar a fonte]

Despois da lesión e múltiples operacións que comportou comeza a actuar como adestrador, nun primeiro momento dirixindo aos xuvenís do San Lamberto, o Aragón e o Huesca. Na tempada 1970-71 faise cargo do Real Zaragoza en substitución de Domingo Balmanya pero non logra evitar o descenso a Segunda División. Posteriormente a súa carreira de adestrador levaríao a equipos como UD Salamanca (ao que ascendeu a Primeira División), Atlético de Madrid, Real Betis, Burgos, Celta de Vigo e Hércules CF.

Tamén foi mestre da Escola Nacional de Preparadores.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]