Navegación marítima

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Boia de sinalización

A navegación maritima é a arte e a ciencia de conducir unha embarcación do punto de partida ao punto de arribo, eficientemente e con responsabilidade. É ciencia no sentido de basearse en coñecementos físicos, matematicos, oceanográficos, cartográficos, astronómicos etc. A navegación pode ser superficial ou submarina.

Técnicas de navegación marítima[editar | editar a fonte]

Son os métodos que se utilizan en navegación marítima principalmente para:

  1. Determinar a súa posición.
  2. Determinar o rumbo.
  3. Determinar o tempo, a velocidade e distancia, mentres dure a viaxe.
  4. Coñecer a "profundidade" na que se esta navegando para non encallar.

Navegación costeira[editar | editar a fonte]

Navegación e situación do buque, por técnicas de posicionamento baseadas na observación de demoras ou distancias a puntos notables da costa por medios visuais (Faros, Cabos, Aboias,...) ou métodos electrónicos (Demoras de Radar a Racons, Transpondedores, ...).

Navegación por estima[editar | editar a fonte]

Navegación e situación do buque por medios analíticos, unha vez tidos en conta os seguintes elementos: situación inicial, Rumbo(s) levados, Velocidade e así como os factores externos que influíron durante todo ou unha parte da derrota, por exemplo o Vento (Abatemento) e/ou a Corrente (Dirección da Corrente e Intensidade Horaria da Corrente). O punto resultante dos cálculos denomínase Situación de Estima, coa súa latitude e Lonxitude de Estima.

A navegación por estima ten en conta unha superficie moi pequena do globo terrestre e asume unha aproximación ao supor a superficie plana, por iso é só axeitada para distancias curtas.

Navegación loxodrómica[editar | editar a fonte]

Loxodromia

Navegación loxodrómica é a que se efectúa seguindo un mesmo rumbo, é dicir, cortando todos os meridianos co mesmo ángulo. No gráfico R. Na proxección Mercator, que é coa que están construídas todas as cartas náuticas, unha loxodromia represéntase por unha recta. Este tipo de navegación é útil para distancias medias, xa que ofrece a conveniencia de manter un rumbo constante, pero non indica a distancia máis curta, polo que non adoita ser adecuado para grandes distancias.

Navegación ortodrómica[editar | editar a fonte]

É a que segue a distancia máis curta entre dous puntos é dicir, é a que segue un circulo máximo. Para facer os cálculos de rumbo e distancia entre dous puntos é necesario resolver un triángulo esférico cuxos vértices son a orixe, o destino e o polo.

Navegación astronómica[editar | editar a fonte]

É a navegación e situación do buque, por técnicas de posicionamento baseadas na observación das estrelas e demais corpos celestes. As variables medidas para achar a situación, son, a altura angular observada dos astros sobre o horizonte, medida co sextante (antigamente co astrolabio ou outro instrumento) e o tempo medido co cronómetro.

Conceptualmente o proceso non é complexo de entender. Sabendo o momento da observación e cos datos contidos no almanaque náutico, é posible determinar as coordenadas astronómicas do astro observado. Sabendo as coordenadas do astro observado e a altura sobre o horizonte con que foi observado podemos deducir que a posición do observador está situada nun círculo cuxo centro está situado no punto xeográfico situado directamente baixo o astro. Calquera observador situado en calquera punto dese círculo observará o astro coa mesma altura sobre o horizonte. O observador pode saber xa que logo que a súa posición é nalgún punto deste círculo.

Na práctica, o proceso matemático de "redución" da observación pode resultar complexo para os non iniciados. Á altura observada co sextante é necesario aplicarlle unha serie de correccións para compensar a refracción atmosférica, paralaje e outros erros. Unha vez feito isto é necesario resolver por métodos matemáticos e trigonométricos un triángulo esférico. Hai moitos métodos para facer isto. Os métodos manuais utilizan táboas (trigonométricas, logaritmos, etc.) para facilitar os cálculos. A aparición a finais do século XX das calculadoras e computadoras electrónicas facilitou grandemente o cálculo pero a aparición do GPS pouco despois converteu axiña a navegación astronómica en algo obsoleto.

Véxase tamén: Historia da navegación astronómica

Navegación electrónica[editar | editar a fonte]

É a navegación e situación do buque, por técnicas de posicionamento baseadas nas axudas obtidas polos sistemas de posicionamento Global como o GPS, GLONASS ou o posible futuro sistema espacial Europeo GALILEO. É o sistema máis estendido e de maior facilidade de uso, a pesar dos erros que poden derivarse.

Navegación inercial[editar | editar a fonte]

É a navegación e situación do buque, por medio da integración dos datos ofrecidos por acelerómetros e/ou xiróscopos situados a bordo, que integran en complexos sistemas electrónicos as aceleracións sufridas, que convertidas en velocidades (nos 3 eixos posibles de desprazamento) e en función dos Rumbos observados, posibilitan a obtención a posición.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]