Estreito de Magalláns
Coordenadas: 54°S 71°O / -54, -71
O estreito de Magalláns[1][2] ou estreito de Magallanes[3] é un paso marítimo localizado no extremo sur de Suramérica, entre a Patagonia, Illa Grande da Terra do Fogo e varias illas situadas ao oeste desta, cara ao océano Pacífico.
É o principal paso natural entre os océanos Pacífico e Atlántico.
De acordo coa Organización Hidrográfica Internacional, a súa boca oriental está determinada pola liña que une o cabo Vírgenes co cabo do Espírito Santo.[4]
Porén, este límite non foi aceptado nin pola Arxentina nin por Chile, que asinaron o Tratado de paz e amizade entre a Arxentina e Chile, que estableceu no seu artigo 10º que «o extremo oriental do Estreito de Magalláns [está] determinado por Punta Dungeness no norte e o Cabo do Espírito Santo no sur»,[5] considerándoo integramente dentro da xurisdición de Chile, na Rexión de Magallanes e da Antártica Chilena.
De acordo con tratados arxentino-chilenos de 1881 e 1984, o acceso pola súa boca oriental e a navegación polo mesmo encóntranse asegurados aos buques de todas as bandeiras en todo tempo e circunstancia.
Nome
[editar | editar a fonte]O estreito leva o nome de Fernão de Magalhães, navegante portugués coñecido porque, ao servizo do rei de España, baixo o nome de Fernando de Magallanes, foi o primeiro en cruzar este estreito, así como tamén o primeiro europeo en navegar por augas do océano Pacífico. A súa expedición, posteriormente mandada por Juan Sebastián Elcano, completou en 1522 a primeira viaxe de circunnavegación ao redor da Terra.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Magalláns, estreito de". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 1275.
- ↑ Atlas de Edicións do Cumio.
- ↑ EGU e DEGU.
- ↑ "Limits of ocean and seas" (PDF). Special publications (3° ed.). 1953. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2015. Consultado o 01 de febreiro de 2016.
- ↑ Tratado de Paz y Amistad entre Argentina y Chile de 1984.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estreito de Magalláns |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Información do estreito na páxina da Patagonia chilena (en castelán)
- Completa páxina dedicada ao estreito con bibliografía especializada (en castelán)
- Cronoloxía das viaxes dos séculos XVI a XIX á Terra do Fogo e estreito de Magalláns (en castelán)
- A Toma de Posesión do Estreito de Magalláns (21 de setembro de 1843) - Armada de Chile (en castelán)
- O primeiro mapa do estreito de Magalláns, 1520 (en castelán)
- Mapa do estreito de Magalláns e parte da Terra do Fuego, preparado en 1786 (en castelán)
Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |