O significado do termo humanismo flutuou, segundo os movementos intelectuais sucesivos que se identificaron con el. Unha relación da evolución do significado da palabra humanismo desde o punto de vista dun humanista secular moderno é a dada por Nicolas Walter.[2] Unha perspectiva similar, pero algo menos polémica, encóntrase en Richard Norman.[3] Unha visión histórica e orientada filoloxicamente pódese ver en Vito Giustiniani.[4]
En xeral, porén, o humanismo refírese a unha perspectiva que afirma algunha noción de liberdade e progreso.
Nos tempos actuais, os movementos humanistas están normalmente aliñados co secularismo e hoxe "humanismo" normalmente refírese a unha filosofía de vidanon teísta centrada no poder dunha humanidade que mira cara á ciencia en vez cata ao dogma relixioso co fin de entender o mundo.[5]
↑Véxase por exemplo a Declaración de Ámsterdam de 2002, subministrada pola International Humanist and Ethical Union, ou a British Humanist Association, en definition of Humanism(en inglés).