Sociedade Numismática Finlandesa
Aparencia
- Non confundir con Asociación Numismática Finlandesa.
Sociedade Numismática Finlandesa | |||
---|---|---|---|
Tipo | sociedade científica ![]() | ||
Actividade | |||
Campo de traballo | numismática ![]() | ||
Industria | Ensino superior ![]() | ||
Data | |||
Fundación | 1970 ![]() | ||
Localización | |||
Sede | Helsinqui ![]() | ||
Área de operación | Finlandia ![]() | ||
Contacto | |||
Páxina WEB | numismaatikko.fi ![]() | ||
[ Wikidata ] |
A Sociedade Numismática Finlandesa (en finés: Suomen Numismaatikkoliitto ry) é unha entidade asociativa fundada en 1970 que agrupa as 23 asociacións numismáticas de carácter local existentes en Finlandia.[1][2]
O seu presidente é Erkki Lähderanta.[3]
Actividade
[editar | editar a fonte]A súa misión principal é a defensa das asociacións que forman parte dela e a promoción da investigación en materia numismática.[1] Consonte os seus estatutos, as actuacións da Sociedade van encamiñadas a:[4]
- Apoio a actividades de investigación.
- Participación en actividades educativas, mediante exposicións e publicacións.
- Participación no proceso de decisión do deseño e a fabricación dos instrumentos de pagamento en Finlandia.
- Mantemento de contacos coas administracións.
- Mantemento de contactos entre as asociacións que a compoñen, así como con outras sociedades estranxeiras.
- Organización de exposicións numismáticas.
- Promoción da arte da medalla.
A sociedade edita a revista Numismaatikko, con periodicidade bimensual, onde se publican artigos sobre diversos aspectos da numismática e na que se inclúen as listaxes de lotes das poxas promovidas pola Sociedade.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "The Finnish Association of Numismatic Societies". Suomen Numismaatikkoliitto ry.
- ↑ Asociacións que conforman a Sociedade". Suomen Numismaatikkoliitto ry.
- ↑ "Xunta directiva da Sociedade (2000)". Suomen Numismaatikkoliitto ry.
- ↑ Estatutos da Sociedade. Suomen Numismaatikkoliitto ry.
- ↑ Revista Numismaatikko". Suomen Numismaatikkoliitto ry.