Saltar ao contido

Campo de concentración de Dachau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Campo de concentración de Dachau

Tipocampo de concentración nazi, crime de lesa humanidade e crime de estado Editar o valor en Wikidata
MatrizSchutzstaffel Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 48°16′12″N 11°28′06″L / 48.2699, 11.4683
EstadoAlemaña
Estado federadoBaviera
RegierungsbezirkAlta Baviera
Distrito ruralDachau (pt) Traducir
Gran cidadeDachau Editar o valor en Wikidata
Altitude478 m Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación1933 Editar o valor en Wikidata
Inauguración22 de marzo de 1933 Editar o valor en Wikidata
Demolición29 de abril de 1945 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Liberation of the Dachau concentration camp (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Director/aHilmar Wäckerle, Theodor Eicke, Heinrich Deubel (pt) Traducir, Hans Loritz, Alexander Piorkowski, Martin Gottfried Weiß (pt) Traducir e Eduard Weiter Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBkz-gedenkstaette-dachau.de Editar o valor en Wikidata
RedesBNE: XX453751
Wikidata ]
Tropas americanas vixilan a entrada do campo despois da liberación

O campo de concentración de Dachau (en alemán: Konzentrationslager (KZ) Dachau) foi o primeiro campo de concentración nazi aberto en Alemaña, localizado nos terreos dunha fábrica de municións abandonada preto da cidade medieval de Dachau, a 16 km ao noroeste de Múnic, no estado de Baviera. Funcionou entre 1933 e 1945.

Dachau tivo unha repercusión especial na memoria pública occidental debido a que foi o segundo campo de concentración nazi en ser liberado por forzas británicas ou estadounidenses, e foi dos primeiros lugares amosados a Occidente como proba da brutalidade nazi.

Dachau foi o primeiro campo de concentración nazi, aberto o 22 de marzo de 1933, e serviu como prototipo para os que foron construídos máis adiante. En Dachau foron recluídos especialmente aristócratas, intelectuais, políticos e relixiosos. De feito, a maioría das Testemuñas de Xehová foron recluídos neste campo. En total foron recluídos en torno a 3000 persoas con cargos relixiosos, a maioría cregos católicos polacos. Entre a aristocracia destacaron membros da realeza, como gran parte da familia real de Baviera (Wittelsbach), a familia dos duques de Hohenberg (fillos do arceduque Francisco Fernando de Austria), o príncipe Javier de Borbón-Parma (líder do carlismo español) e o príncipe Luis Fernando de Prusia.

A organización básica e os plans de construción foron desenvolvidos por Theodor Eicke, e foron aplicados en todos os campos posteriores. Eicke converteuse posteriormente en inspector xefe de todos os campos de concentración, responsable de moldear os outros de acordo ao seu modelo.

Máis de 200.000 prisioneiros de máis de 30 países foron recluídos no campo de concentración de Dachau. Desde 1941 o campo tamén foi empregado con propósitos de exterminio. As estatísticas falan de 30.000 persoas executadas no campo, ademais doutros milleiros que morreron vítimas das pésimas condicións de vida. A comezos de 1945 houbo un andazo de tifo no campo, tralo cal foi evacuado. Nesta acción morreu gran parte dos prisioneiros.

O campo foi liberado o 29 de abril de 1945 pola 20ª División Blindada e a 45ª División de Infantaría do Sétimo Exército dos Estados Unidos de América. Anos despois, o campo de Dachau empregouse coma residencia para persoas refuxiadas.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]