Enxeñaría de minas
Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes en Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente. Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2025.) |
A Enxeñaría Superior de Minas é un título universitario español. Abrangue os coñecementos específicos aplicados ao aproveitamento dos recursos naturais da Terra e a aplicación dos mesmos na construción dos materiais necesarios para o desenvolvemento da sociedade actual e futura. Tamén inclúe a creación e manexo adecuado das fontes de enerxía mantendo o equilibrio coa natureza. A Enxeñaría Superior de Minas está especializada na creación de riqueza e desenvolvemento sostible, compatible co resto de actividades que a sociedade actual demanda.
Descrición
[editar | editar a fonte]A Intensificación de Enerxía e Combustibles ten materias tecnolóxicas sobre enerxía eléctrica, térmica e frigorífica, hidráulica, solar térmica e fotovoltaica, eólica, nuclear, biomasa, hidrocarburos e combustibles complementarios. Na investigación destaca o estudo e desenvolvemento de novas fontes de enerxía, con especial atención nas enerxías renovables.
A Intensificación de Materiais e Metalurxia comprende metalurxia, siderurxia, mineralurxia, materiais cerámicos, plásticos e polímeros, e reciclado de metais. Na investigación destaca a bioenxeñaría.
A Intensificación Mineira e Medioambiental engloba explotacións mineiras e canteiras, túneles e noiros, infraestruturas de enxeñaría civil, sondaxes, xeofísica e xeoquímica, explosivos, fotogrametría e teledetección, hidroloxía e medioambiente. Nos últimos anos experimentouse un elevado interese polas rochas ornamentais no ámbito profesional.
A titulación outorga competencias lexislativas profesionais para firmar proxectos de calquera intensificación da carreira independentemente da que cursara. Por isto establecese a diferenza entre intensificación e especialidade, que é unha ampliación técnica dos intereses do alumno non constatable no título. As competencias[1] exclusivas segundo a lexislación española son:
- O uso de explosivos
- Os proxectos mineiros
- As obras subterráneas (o sostemento de obras civís e toda actividade que implique técnica mineira).
A Enxeñaría Superior de Minas naceu en 1777 ante a incipiente chegada da primeira Revolución Industrial. Certos textos franceses consideran a Enxeñaría de Minas «a nai das enxeñarías».[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Competencias" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 08 de maio de 2016. Consultado o 14 de abril de 2016.
- ↑ "Web da escola de Minas de París". Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2020. Consultado o 14 de decembro de 2006.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Enxeñaría de minas |