Centre national de la recherche scientifique
O Centre national de la recherche scientifique (Centro Nacional de Investigación Científica), coñecido polo acrónimo da súa sigla CNRS, é o meirande organismo de investigación científica de carácter público de Francia.
Historia
[editar | editar a fonte]Fundouse o 19 de outubro de 1939 tras fusionárense a Caisse nationale de la recherche scientifique e a Office national des recherches scientifiques et des inventions.
Funcións
[editar | editar a fonte]Produce sabedoría e pon este saber ao servizo da sociedade. A Lei 82-610 do 15 de xullo de 1982[1] de orientación e de programación para a investigación e o desenvolvemento tecnolóxico de Francia, coas súas modificacións posteriores, rexe os obxectivos, funcións e funcionamento da investigación pública en Francia e polo tanto é un dos textos fundamentais do CNRS, sendo este organismo un medio institucional da política de investigación en Francia.
É o artigo 14 do segundo capítulo da lei o que fixa os obxectivos dos organismos públicos encargados da investigación:
- o desenvolvemento e o progreso da investigación en todos os terreos do coñecemento;
- a valorización dos resultados da busca;
- a difusión dos coñecementos científicos;
- a formación á investigación e pola investigación.
A organicación e o funcionamento do CNRS están nese marco. O CNRS dedícase á investigación fundamental para favorecer o desenvolvemento. Desenvolve colaboracións en Europa e no resto do mundo, coas empresas, co ensino superior, coas colectividades territoriais e outros organismos en capacidade de aproveitar a busca básica, coa finalidade de responder ás necesidades da economía e da sociedade. É un dos editores de publicacións científicas dos máis recoñecidos a nivel internacional. No CNRS formanse científicos de nivel internacional, a maioría dos científicos franceses que recibiron premios Nobel, iniciaron carreira no CNRS ou pasaron unha etapa da carreira científica nel.
Organización
[editar | editar a fonte]Institutos públicos
[editar | editar a fonte]No 2010, dez institutos, dos cales tres son nacionais, reagrupan todas as disciplinas maiores:
- Institut des sciences biologiques (INSB) (ciencias biolóxicas)
- Institut de chimie (INC) (química)
- Institut écologie et environnement (INEE) (ecoloxía e medio ambiente)
- Institut des sciences humaines et sociales (INSHS) (ciencias humanas e sociais)
- Institut des sciences informatiques et de leurs interactions (INS2I) (ciencias informáticas e das súas interaccións)
- Institut des sciences de l’ingénierie et des systèmes (INSIS) (ciencias da enxeñaría e dos sistemas)
- Institut national des sciences mathématiques et de leurs interactions (INSMI) ciencias matemáticas e das súas interaccións
- Institut de physique (INP) (física)
- Institut national de physique nucléaire et physique des particules (IN2P3) (física nuclear e física das partículas)
- Institut national des sciences de l’univers (INSU) (ciencias do universo)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "texto oficial da Lei Lei 82-610 do 15 de xullo de 1982 consultado o 11 abril 2011". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 11 de abril de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Centre national de la recherche scientifique |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Frédéric Joliot, director xeral (20 de agosto de 1944 - 3 de febreiro de 1946)