Saltar ao contido

Organización Europea para a Investigación Nuclear

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CERN»)
Organización Europea para a Investigación Nuclear


Nome curtoCERN, ЦЕРН e CERN Editar o valor en Wikidata
Tipoorganización internacional e nuclear research institute (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaInternationale Organisation Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Director/aMark Thomson (1 de xaneiro de 2026-)
Fabiola Gianotti (1 de xaneiro de 2016-decembro de 2025)
Rolf-Dieter Heuer (pt) Traducir (1 de xaneiro de 2009-1 de decembro de 2015)
Robert Aymar (xaneiro de 2004-decembro de 2008)
Luciano Maiani (xaneiro de 1999-decembro de 2003)
Christopher Llewellyn Smith (xaneiro de 1994-decembro de 1998)
Carlo Rubbia (xaneiro de 1989-decembro de 1993)
Herwig Schopper (xaneiro de 1981-decembro de 1988)
John Adams (xaneiro de 1976-decembro de 1980)
Léon Van Hove (xaneiro de 1976-decembro de 1980)
Willibald Jentschke (xaneiro de 1971-decembro de 1975)
John Adams (xaneiro de 1971-decembro de 1975)
Bernard Gregory (xaneiro de 1966-decembro de 1970)
Victor Weisskopf (pt) Traducir (agosto de 1961-decembro de 1965)
John Adams (maio de 1960-xullo de 1961)
Cornelius Jan Bakker (setembro de 1955-abril de 1960)
Felix Bloch (outubro de 1954-agosto de 1955)
Edoardo Amaldi (setembro de 1952-setembro de 1954) Editar o valor en Wikidata
Presidente/aUrsula Bassler (1 de xaneiro de 2019-) Editar o valor en Wikidata
Autoridade executivaCERN Council Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballofísica de partículas e Física de Alta Energia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Entidades
Economía
Orzamento1.230.200.000 Fr Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación29 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata
Acontecementos
Participou enOA Switchboard (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
7 de abril de 2012 Discovery of the Higgs Boson (en) Traducir
2014 Opening the tetraquark (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 46°14′04″N 6°02′57″L / 46.234493, 6.049129
SedePrévessin-Moëns e Meyrin Editar o valor en Wikidata
Premios
Composto por
Contacto
Páxina WEBhome.cern Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: cern Twitter: CERN Instagram: cern LinkedIn: cern Youtube: UCrHXK2A9JtiexqwHuWGeSMg Dialnet: 3220302 Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

A Organización Europea para a Investigación Nuclear (CERN) é a institución que xestiona o maior laboratorio de investigación en física de partículas a nivel mundial, entre Francia e Suíza. As siglas proceden do seu primeiro nome oficial provisional Conseil Européen pour la Recherche Nucléaire que data de 1952 cando se acordou o seu establecemento. Coa súa fundación oficial en 1954 o nome mudouse a Organisation Européenne pour la Recherche Nucléaire, mantendo aínda así as súas siglas anteriores CERN.

Fundado en 1954 por 12 países europeos dos cales dous deixaron logo de existir (Iugoslavia e República Federal Alemá), o CERN é, hoxe en día, un modelo de colaboración científica internacional e un dos centros de investigación máis importantes do mundo. Actualmente conta con 20 estados membros, os cales comparten o financiamento e a toma de decisións da organización. Á parte destes, outros 28 países non membros participan con científicos de 220 institutos e universidades en proxectos co CERN, utilizando as instalacións. Destes estados non membros, oito estados e organizacións teñen a calidade de observadores, participando nas reunións do consello.

O primeiro grande éxito científico do CERN produciuse no 1984 cando Carlo Rubbia e Simon van der Meer obtiveron o Premio Nobel de Física polo descubrimento dos bosóns W e Z. No 1992 tocoulle a quenda a Georges Charpak "pola invención e o desenvolvemento de detectores de partículas, en particular a cámara proporcional multifíos".

O 4 de xullo de 2012 mostráronse ao público os resultados preliminares dos estudos que confirmarían finalmente a descuberta do bosón escalar no acelerador de partículas do CERN[1]. Este achado reportaría o Premio Nobel para Peter Higgs e François Englert no ano 2013, ao vérense respaldadas as súas teorías científicas pola evidencia práctica.

No 2019 apróbase FASER (Forward Search Experiment), experimento deseñado para a procura de partículas lixeiras e de interacción débil asociadas á materia escura. É instalado no período de descanso do LHC para entrar en funcionamento a partir de 2021.[2]

No 2023 o experimento ALPHA-g comprobou que a antimateria reponde á gravitación de xeito semellante á materia.[3]

Funcionamento

[editar | editar a fonte]

O CERN atópase en Suíza, preto de Xenebra, e próximo á fronteira con Francia. Conta cunha serie de aceleradores de partículas entre os que destaca o, xa desmantelado, LEP (Large Electron-Positron Collider, Gran Colisor Electrón-Positrón). No seu lugar construíuse o LHC (Large Hadron Collider, Gran Colisor de Hadróns), un acelerador protón-protón que opera a maior enerxía e luminosidade (prodúcense máis colisións por segundo) de 27 km de circunferencia e que constitúe a máquina máis grande xamais construída. Este incremento en enerxía e luminosidade permitiu descubrir o esquivo bosón de Higgs, e espérase que poida axudar a confirmar ou desestimar teorías de partículas como as teorías supersimétricas ou as teorías de tecnicolor. Púxose en funcionamento o 10 de setembro de 2008. Ten catro detectores principais, un deles é ALICE.[4] Os outros, ATLAS, CMS e LHCb. O fluxo de datos producido é inmenso. Cavbe dicir ó respecto que ATLAS e CMS producen uns 50 Tbytes de datos cada segundo.[5]

O éxito do CERN non é só a súa capacidade para producir resultados científicos de grande interese, senón tamén o desenvolvemento de novas tecnoloxías tanto informáticas como industriais. Entre os primeiros destaca en 1990 a invención da WWW polos científicos Tim Berners-Lee e Robert Cailliau, mais débese evitar esquecer o desenvolvemento e mantemento de importantes bibliotecas matemáticas (CERNLIB) usadas durante moitos anos na maioría de centros científicos, ou tamén sistemas de almacenamento masivo (o LHC almacenará un volume de datos da orde de varios PB (petabytes) cada ano). Entre os segundos podemos citar imáns de 9 T en varios metros, detectores de grande precisión, imáns supercondutores de grande uniformidade ao longo de varios quilómetros etc.

Os países e organizacións observadoras son a Comisión Europea (institución da Unión Europea), India, Israel, Xapón, Rusia, Turquía, a Unesco e Estados Unidos. A lista de países non membros involucrados en programas do CERN complétana Azerbaidján, Alxeria, Arxentina, Armenia, Australia, Belarús, Brasil, Canadá, Colombia, República Popular da China, Croacia, Chipre, Estonia, Xeorxia, Islandia, Irán, Irlanda, México, Marrocos, Paquistán, Perú, Romanía, Serbia, Eslovenia, Suráfrica, Corea do Sur, Taiwán e Ucraína.

Difusión

[editar | editar a fonte]

O CERN ten dende case o seu comezo, unha división para achegar a ciencia ó público. No 2023 está listo un novo conxunto de edificios, o Science Gateway, con experiencias e mostras para visitantes de todos os nivels de idade e coñecemento científico.[6]

  1. Nova do achado do Bosón de Higgs
  2. Boletín RSEF. Número 89. Marzo 2019, p.4
  3. Charley, Sarah. "Antimatter falls down". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2023-10-19. 
  4. Jr, Glenn Roberts. "How to get a particle detector on a plane". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2019-09-21. 
  5. Charley, Sarah. "Long-lived particles get their moment". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2020-09-17. 
  6. Charley, Sarah. "CERN opens Science Gateway". symmetry magazine (en inglés). Consultado o 2023-10-11. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]