Saltar ao contido

Antigüidade (obxecto)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Automóbil Mercedes-Benz pertencente a Adolf Hitler. É unha mostra do período da Alemaña nazi.

Unha antigüidade é un obxecto que acadou unha idade que lle fai testemuña dunha era anterior na sociedade humana.

Características

[editar | editar a fonte]

As antigüidades son xeralmente os obxectos que amosan un certo grao de artesanía ou certa atención ao deseño, tal como un escritorio ou un dos primeiros automóbiles.

Nunha sociedade consumista, unha antigüidade é sobre todo un obxecto que, por ser de construción e idade senlleiros ou por caer en desuso, recibe un valor superior aos obxectos semellantes e de fabricación máis recente.

Calquera museo histórico fai un uso considerable de antigüidades para ilustrar acontecementos históricos e darlles un contexto práctico.

As antigüidades mércanse e véndense xeralmente nos anticuarios, no mercado negro (véxase mercado, bazar e tianguis), clandestino, ou en gran medida a través de páxinas web dedicadas á publicación de avisos de compra e venda de antigüidades.

Algunhas antigüidades valiosas pódense mercar nas poxas, tales como Sotheby's ou Christie´s.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]