Saltar ao contido

Raj Británico

Raj Británico
 Nome orixinal
   British Raj (en)   Editar o valor en Wikidata
Imaxe do escudo de armas
Imaxe da bandeira
Imaxe
 Parte de
 Himno
God Save the King (1858 - 1947) Editar o valor en Wikidata
Características
 Lingua oficial
 Lingua usada
 Forma de goberno
 Moeda
Implicados
 Órgano lexislativo
Datas
 Fundación / creación
1858 Editar o valor en Wikidata
 Disolución / destrución
15 de agosto de 1947 Editar o valor en Wikidata
Historia
 Participou en
 Substitúe
Governo da Companhia Britânica das Índias Orientais na Índia (pt) Traducir (1757 - 1858)
Emirato de Afganistán (1823 - 1926)
Kolathunadu (en) Traducir (século VI a. C. - 1792)
Jaitpur State (en) Traducir (1731 - 1849)
Trankebar (en) Traducir (1620 - 1845) Editar o valor en Wikidata
 Substituído por
Dominio da India (1947 - 1950)
Birmânia Britânica (pt) Traducir (1824 - 1948)
Domínio do Paquistão (pt) Traducir (1947 - 1956)
India (1947 - ) Editar o valor en Wikidata
Localización
 País
 Continente
 Capital
Calcuta (1858 - 1911)
Nova Deli (1911 - 1947) Editar o valor en Wikidata
 Coordenadas
 Mapas
Mapa de localización
Cifras e dimensións
 Poboación
   318.942.000 (1925) Editar o valor en Wikidata
 Superficie
4.917.273 km²
4.238.773 km² Editar o valor en Wikidata
Códigos e identificadores
Freebase/m/0bq0p9 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
Wikidata C:Commons

O termo Raj, literalmente Dominio en lingua hindi,[1] refírese á administración colonial que exercía o Imperio Británico na rexión do Indostán, é dicir o que hoxe é India, Paquistán e Bangladesh, así como na illa de Sri Lanka e outras menores no océano Índico. A partir do ano 1886 o Raj tamén incluíu Birmania, que permaneceu baixo esta administración unificada ata 1937 . Esta administración iniciouse en 1858, cando o goberno desta rexión foi transferido pola Compañía Británica das Indias Orientais á Coroa[2], ata 1947, cando dividiuse a rexión en dous países, India e Paquistán, ós cales outorgóuselles a independencia.

A Primeira Guerra de Independencia da India

[editar | editar a fonte]

En maio de 1857, soldados do exército británico coñecidos como sipaio, os cales proviñan principalmente de unidades musulmás de Bengala. Estes amotináronse na gornición de Meerut, a 80 km ó noroeste de Delhi. Os amotinados marcharon contra Delhi a ofrecer os seus servizos ó emperador mogol e pouco despois na maior parte do norte e centro da India estalou a insurrección que durou un ano.

O motín representou o estoupido dun resentimento cada vez máis forte da poboación india contra o goberno británico. Antes da rebelión, os británicos lograron apagar numerosas revoltas menores ou tribais ou aceptaron outorgar certas concesións nalgunhas disputas. Porén dos acontecementos, -un marcado por unha tendencia e outro un feito illado-, a rebelión comezou en 1857.

A rebelión envolveu a maior parte do norte da India, incluíndo Oudh e varios estados que pasaron da rexencia Maratha á Compañía. Os británicos tomados por sorpresa quedaron aterrorizados e paralizados e sen substitucións para as baixas no seu exército. A Guerra Civil provocou o caos onde cada comunidade sufriu humillacións e triunfos en batalla, se ben foron finalmente os británicos quen obtiveron a vitoria. O derradeiro continxente sipaio en renderse foi o de Gwalior (Madhya Pradesh), un dos principais focos da rebelión, o 21 de xuño de 1858. Os derrotados rebeldes fuxiron cara Nepal.

O sur da India, por outra parte, permaneceu fora do conflito a pesar de ser un bastión baixo o poder británico.

Consecuencias da guerra

[editar | editar a fonte]

A guerra civil foi un elemento determinante de cambio na India. En maio de 1858, os británicos exiliaron ó emperador Bahadur Shah Zafar (1837-1857) a Birmania, liquidando formalmente o Imperio Mogol. Ó mesmo tempo aboliuse a Compañía Británica das Indias Orientais e foi substituída pola administración directa da coroa. Os británicos proclamaron que os príncipes, xefes e pobo indio recibirían o mesmo trato baixo as leis británicas e a raíña Vitoria foi proclamada Emperatriz da India. A semente da desconfianza quedou no pobo hindú como herdanza da rebelión de 1857.

  1. Oxford English Dictionary, 2nd edition, 1989: from Skr. rāj: to reign, rule; cognate with L. rēx, rēg-is, OIr. , rīg king (see RICH).
  2. Kaul, Chandrika. "From Empire to Independence: The British Raj in India 1858–1947". Consultado o 3 de marzo de 2011.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]