Robert W. Hoge
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de maio de 1947 (77 anos) Wilmington, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade de Colorado. Universidade de Chicago. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e museística. |
Familia | |
Cónxuxe | Inmaculada Socias i Batet. |
Premios | |
Véxase a sección "Recoñecementos". |
Robert Wilson Hoge, nado en Wilmington, Delaware, o 1 de maio de 1947, é un numismático, conservador e director de museo estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Primeiros anos e formación
[editar | editar a fonte]Nado en Delaware, a familia de Robert W. Hoge trasladouse a Colorado cando o seu pai causou baixa no exército dos Estados Unidos. Na súa infancia comezou a amosar interese pola historia, a arqueoloxía e o coleccionismo, inicialmente de obxectos militares e despois tamén de moedas.[1]
Hoge cursou os seus estudos superiores de Antropoloxía, Historia, Xeografía e Educación na Universidade de Colorado, onde se graduou en 1969. Posteriormente realizou estudos de posgrao nesa mesma institución académica e na Universidade de Chicago.[1][2]
Carreira profesional
[editar | editar a fonte]A súa actividade profesional transcorreu en diversos postos como profesor universitario, director de museo e conservador. Entre 1976 e 1981 asumiu a dirección do Sanford Museum and Planetarium en Cherokee, Iowa.[1]
No ámbito numismático foi conservador no museo da American Numismatic Association (ANA), en Colorado Springs, entre agosto de 1981 e agosto de 2001. Ese último ano trasladouse a Nova York para desempeñar o mesmo posto na American Numismatic Society (ANS) ata a súa xubilación en abril de 2013.[1][2]
Hoge foi presidente do Buena Vista Coin Club, de Storm Lake, Iowa, entre 1980 e 1981. Así mesmo, foi xuíz principal da American Numismatic Association en 1982.[2]
Hoge foi colaborador habitual na sección "Curator's Comer" da revista The Numismatist a partir de 1983.[2] Tamén escribiu varios capítulos de libros e numerosos artigos na ANS Magazine, sinaladamente na súa sección "Current Cabinet Activities".
Robert W. Hoge é membro da Rittenhouse Society.[2]
En 2012 foi nomeado pola US Mint membro do Comité Consultivo Cidadán sobre a Moeda dos Estados Unidos.[3]
Vida persoal
[editar | editar a fonte]En decembro de 2012 Hoge casou coa historiadora Inmaculada Socias i Batet, profesora da Universidade de Barcelona.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Orzano, M. (2013).
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Smith, P. (2012).
- ↑ "Mint appoints CCAC members". En Numismatic News. 12 de abril de 2012.
- ↑ "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Orzano, M. (2013). "Hoge retirement from American Numismatic Society". En Coin World. 30 de outubro.
- Smith, P. (2012). "Hoge, Robert W(ilson)". En American Numismatic Biographies. Páxina 208.