Grao académico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Un grao académico, titulación académica ou título académico, é unha distinción dada por algunha institución educativa, xeralmente despois da terminación con éxito dalgún programa de estudos.

Porén, esta denominación adoita utilizarse para denominar máis concretamente ás distincións de rango universitario, que tamén se denominan titulación superior ou titulación universitaria.

En Europa, despois da entrada en vigor do chamado Espazo Europeo de Educación Superior, a titulación grao substituíu a outras que quedaron obsoletas, como a superior licenciado ou as de grao medio diplomado ou enxeñeiro técnico.

Estudos non universitarios[editar | editar a fonte]

Os graos académicos non universitarios abarcan a educación primaria e a secundaria, así como á terciaria non universitaria, é dicir, a chamada formación profesional.

En España, na actualidade, expídense os seguintes títulos:

  • Título de Graduado en Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). Corresponde ao final da etapa obrigatoria e adoita adquirirse aos 16 anos.
  • Título de Bacharel, tras finalizar os estudos de Bacharelato.
  • Ensinanzas profesionais oficiais: reciben o nome de Ciclos Formativos de Formación profesional, existindo 142 títulos diferentes agrupados en 22 familias profesionais, cunha duración de un a dous años (entre 1300 e 2000 horas).[1]
    • De grao medio: a súa superación permite obter o título de Técnico da especialidade estudada.
    • De grao superior: permite obter o título de Técnico Superior da especialidade estudada.
  • Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño:
    • Grao medio: corresponde ao título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño.
    • Grao superior: corresponde ao título de Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño.
  • Ensinanzas deportivas:
    • Grao medio: corresponde ao título de Técnico deportivo de Grao medio.
    • Grao superior: corresponde ao título de Técnico deportivo de Grao Superior. (Na actualidade, a outras como licenciado en Ciencias do Deporte e Educación Física ou equivalentes).
  • Outras titulacións:

Estudos universitarios[editar | editar a fonte]

Cada país adoita regular de modo independente o tipo de titulacións e a forma de adquirilas. Cada centro educativo posúe, ás veces, así mesmo o seu propio catálogo de titulacións académicas.

En Europa está producíndose un proceso de homoxeneización das titulacións no marco do chamado proceso de Boloña, asemellándoas na súa duración e denominación ás existentes no Reino Unido e nos Estados Unidos. Iso deu lugar a unha estrutura de titulacións composta por tres niveis:[2]

Os estudos conducentes ao Grao denomínanse "estudos de pregrao", e os de máster e doutorado "estudos de posgrao". Por regra xeral, para acceder a estudos de posgrao, é necesario ter cumpridos estudos de pregrao.

Cando nunha mesma rama existen dous graos académicos, normalmente dótanse aos egresados de atribucións profesionais distintas, quedando reservadas algunhas delas a aqueles que obtiveron o título máis avanzado.

Para regular o recoñecemento dos estudos dun país a outro, o Consello de Europa propiciou a sinatura do Convenio de Recoñecemento de Lisboa, que subscribiron a inmensa maioría de países europeos, aos que se uniron algúns outros.

En España as titulacións universitarias tradicionais, en proceso de extinción coa implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, eran:

Actualmente son:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Catálogo de títulos de Formación Profesional en España. [1]
  2. Que se regularon polo Real Decreto 55/2005, de 21 de xaneiro de 2005, onde se especifica que: ...dos niveles nítidamente diferenciados, denominados, respectivamente, Grado y Posgrado, que, en su conjunto se estructuran a su vez en tres ciclos. El primer nivel, o de Grado, comprende las enseñanzas universitarias de primer ciclo y tiene como objetivo lograr la capacitación de los estudiantes para integrarse directamente en el ámbito laboral europeo con una cualificación profesional apropiada. El segundo nivel, comprensivo de las enseñanzas de Posgrado, integra el segundo ciclo de estudios, dedicado a la formación avanzada y conducente a la obtención del título de Máster, y el tercer ciclo, conducente a la obtención del título de Doctor, que representa el nivel más elevado en la educación superior.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]