Saltar ao contido

Premio Chester L. Krause Memorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Premio Farran Zerbe Memorial»)

O premio Chester L. Krause Memorial (en inglés e formalmente: Chester L. Krause Memorial Distinguished Service Award), anteriormente denominado Farran Zerbe Memorial, é o maior recoñecemento concedido pola Asociación Numismática dos Estados Unidos (American Numismatic Association -ANA-).[1][2]

O premio, que toma o seu nome de Chester Lee Krause (1923-2016), un numismático e editor estadounidense, coñecido por ser o fundador da editora Krause Publications na década de 1950, recoñece o labor dos socios da ANA con anos ao servizo tanto da Asociación como da numismática. A maiores, os galardoados teñen que ter recibido previamente a Medalla ao Mérito e o premio Glenn Smedley Memorial, tamén concedidos pola American Numismatic Association.[1]

Este premio denominouse ata 2021 Farran Zerbe Memorial, na honra de Joseph Farran Zerbe (1871-1949), un numismático antigo presidente da entidade. Ese ano, a xunta directiva da American Numismatic Association, por proposta dunha vintena de antigos premiados, votou a favor de cambiarlle o nome logo dunhas investigacións que descubriron, entre outras cousas, unha actuación fraudulenta de Farran Zerbe na comercialización dos dólares de ouro da Exposición da Compra de Luisiana, así como manipulación de eleccións na súa etapa como presidente da ANA e aproveitamento persoal na dirección da revista da entidade, The Numismatist.[3][4]

Galardoados

[editar | editar a fonte]

Década de 1950

[editar | editar a fonte]

Década de 1960

[editar | editar a fonte]

Década de 1970

[editar | editar a fonte]

Década de 1980

[editar | editar a fonte]

Década de 1990

[editar | editar a fonte]

Década de 2000

[editar | editar a fonte]

Década de 2010

[editar | editar a fonte]

Década de 2020

[editar | editar a fonte]
  1. 1,0 1,1 "ANA Service Awards". American Numismatic Association.
  2. "ANA Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  3. "New Name for ANA Accolade". American Numismatic Association. 21 de setembro de 2021.
  4. Jewett, L. (2021). "ANA’s highest honor to get a new name after 70 years". En Coin World. 24 de setembro.
  5. "Pearlman to receive Farran Zerbe Memorial Award Arquivado 29 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
  6. "Mark and Myrna Lighterman Awarded ANA’S 2016 Farran Zerbe Memorial Award". American Numismatic Association.
  7. "Iowa dealer Brian Fanton to receive 2017 Farran Zerbe Memorial Award tonight". Canadian Coin News. 4 de agosyto de 2017.
  8. "ANA Higest Honor Awards Given to Numismatists Making a Difference". Coins Weekly. 15 de agosto de 2018.
  9. "ANA Awards Given to Numismatists Making a Difference Arquivado 07 de abril de 2020 en Wayback Machine.". Coin Week. 31 de xullo de 2019.
  10. Crawford, O. (2020). "Where There's a Walt, There's a Way". En The Numismatist. Vol. 133. Nº 8. American Numismatic Association.
  11. "Kerry Wetterstrom receives ANA Farran Zerbe award". En Coin Word. 6 de agosto de 2021.
  12. "Thomas Uram to Receive American Numismatic Association’s Highest Honor". En Coin Week. 27 de maio de 2022.
  13. "Mike Fuljenz to Receive Chester L. Krause Memorial Distinguished Service Award". En Numismatic News. 1 de agosto de 2023.
  14. "ANA Bestows Highest Award on Dwight Manley". En Coin Week. 25 de xullo de 2024.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]