Scott A. Travers

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaScott A. Travers
Biografía
Nacemento12 de novembro de 1961
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade Brandeis, Massachusetts.
Coñecido porEditor de COINage Magazine.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónnumismático Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".

Páxina webusgoldexpert.com Editar o valor em Wikidata


Scott Andrew Travers, nado en Nova York o 12 de novembro de 1961, é un escritor, editor e comerciante numismático estadounidense, caracterizado pola súa defensa do coleccionismo numismático.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Travers pasou a súa infancia na súa cidade natal, Nova York. Alí cursou a súa educación primaria na Dwight School, no Upper West Side de Manhattan. Nesa época comezou o seu interese polo coleccionismo numismático, gañou os seus primeiros premios infantís nesa afección[1] e iniciouse xa na compra e venda de moedas por correo.[2]

Posteriormente ingresou na Universidade Brandeis, de Waltham, Massachusetts, onde acadou a súa graduación en 1983.[1]

Carreira profesional[editar | editar a fonte]

Entre 1976 e 1980 traballou como numismático profesional na Musical Coin Company, e entre 1987 e 1990 como clasificador para NGC. Mais a súa traxectoria profesional está vinculada, no aspecto comercial, á compañía Scott Travers Rare Coin Galleries, fundada por el en Nova York en 1981, e, no ámbito editorial, á revista numismática COINage, da que se converteu en editor a partir de 1984.[3]

A súa experiencia no ámbito numismático fíxoo merecedor de citas como experto en medios como a CNBC,[4] Los Angeles Times,[5] a CBS e outros.[6]

Travers é un destacado membro da American Numismatic Association, de cuxa xunta directiva formou parte, como gobernador (1995-1997) e como vicepresidente (1997-1999).[6][7]

Tamén foi consultor de valoración de moedas para a Comisión Federal de Comercio.[6]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

En paralelo á súa actividade profesional, Travers tamén é autor de sete monografías acerca do coleccionismo numismático,[6] varios deles merecedores da consideración de "Libro do ano" polo Numismatic Literary Guild:[7]

  • (1986). Travers’ Rare Coin Investment Strategy. Prentice Hall Press, ISBN 978-0668065863 [2ª ed. 1989]
  • (1990). The Investor's Guide to Coin Trading. John Wiley & Sons. ISBN 978-0471609285
  • (1996). How to Make Money in Coins Right Now. House of Collectibles. ISBN 9780876379974 [2ª ed. 2001]
  • (1991). One-Minute Coin Expert. Dell Pub Co. ISBN 978-0440207863 [6ª ed. 2007]
  • (2007). Scott Travers’ Top 88 Coins to Buy & Sell. House of Collectibles. ISBN 978-0375722219
  • (1984). The Coin Collector's Survival Manual. Arco Pub. ISBN 978-0668056830 [7ª ed. 2010]
  • (1993). The Insider's Guide to U.S. Coin Values. House of Collectibles. [21 ed. 2015 ISBN 978-0375723728]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Smith, P. (2012). Páxina 413.
  2. Reiter, E. (1984). "Numismatics: Helping Hand for Coin Collectors". En The New York Times. 24 de xuño.
  3. Smith, P. (2012). Páxina 413-414.
  4. Zetlin, M. (2019). "People have been making up to $100,000 off 'coin hunting'. Here's how the highly unusual hobby works". En CNBC. 2 de outubro.
  5. Crouch, G. (1990). "The Rare-Coin Business Feels a New Tarnish". En Los Angeles Times. 2 de setembro.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 "Scott A. Travers". Penguin Random House.
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 Smith, P. (2012). Páxina 414.
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  9. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  10. "Past Presidential Award Recipients". American Numismatic Association.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]