Saltar ao contido

David W. Lange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Non confundir con David Lange, primeiro ministro de Nova Zelandia (1984-1989).
Modelo:BiografíaDavid W. Lange
Biografía
Nacemento29 de agosto de 1958 Editar o valor en Wikidata
San Francisco Editar o valor en Wikidata
Morte16 de xaneiro de 2023 Editar o valor en Wikidata (64 anos)
Bradenton Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Greenwood. 
EducaciónCollege of San Mateo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónnumismático Editar o valor en Wikidata
Premios
1994: Premio Embaixador Numismático (FUN).
2018: Premio Clemy (NLG).
2023: Burnett Anderson (ANS).

David Walter Lange, nado en San Francisco, California, o 29 de agosto de 1958 e finado en Bradenton, Florida, o 16 de xaneiro de 2023, foi un numismático estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Lange cursou os seus estudos no College of San Mateo, en San Mateo, California, e entre 1980 e 1994 traballou como delineante nunha compañía de instalacións de gas e electricidade.[1][2]

Mais o verdadeiro interese de Lang foi a numismática, afección que desenvolveu xa desde a súa infancia, cando se iniciou no coleccionismo. Os seus estudos posteriores levárono a ser un dos maiores coñecedores da historia da moeda estadounidense, aspecto ao que dedicou varias publicacións.[2]

Lange colaborou durante décadas na revista The Numismatist, coas súas columnas Back to Basics e No Worse for Wear entre 1988 e 1992 e, logo dunha pausa, coas columnas From One to 70, de 1996 a 2002, e USA Coin Album, a partir de de 2002. Tamén foron habituais as súas colaboracións con outras publicacións numismáticas, como The E-Sylum, Coin World ou Numismatic News. No ámbito editorial, tamén o foi editor de The Bulletin of the Pacific Coast Numismatic Society (1984-1986) e de The Journal of the Pacific Coast Numismatic Society (1986-1988).[1][2]

Ademais, Lange foi deseñador de medallas conmemorativas para a Liberty Numismatic Society (1987-1990).[2]

Entre outras sociedades eruditas e entidades asociativas, David W. Lange foi presidente da Pacific Coast Numismatic Society (1988-1989), da Liberty Numismatic Society (1988-1989), da California State Numismatic Association (1993-1994) e da New Jersey Numismatic Society (2000-2001).[1] Ademais, desde 1978 foi membro da American Numismatic Association, entidade que en 2009 lle concedeu o seu Premio á Traxectoria, en 2017 o nomeou Numismático do Ano,[2][3][4] e en 2023 lle concedeu o premio Burnett Anderson Memorial.[5] En varias ocasións, Lange exerceu como docente nos seminarios de verán desta última institución, impartindo un curso sobre os tipos na moeda estadounidense.[1][4]

En 1994 formou parte do comité creado pola alcaldía de San Francisco para preservar o Museo da Antiga Casa da Moeda de San Francisco. A partir do 16 de novembro dese mesmo ano, Lange exerceu como director de investigación numismática da compañía Numismatic Guaranty Company, en Nova Jersey.[1][2][3][4][6]

Enn 1994 recibiu o premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN).[7] En 2018, o Gremio Literario Numismático concedeulle a súa máis alta honra, o premio Clemy.[1][8] En 2021 foi incluído pola revista Coin World na lista das persoas máis influentes da numismática no período 1960-2020.[1][2][4][9]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

O 18 de agosto de 2001 casou con Alba Iris Acosta, de quen se divorciou en 2012.[1][2]

David Walter Lange finou en Bradenton, Florida, o 16 de xaneiro de 2023, como consecuencia do cancro que padecía nos tres últimos anos.[1][3][4]

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Estes son os principais traballos monográficos publicados por David W. Lange ao longo da súa traxectoria:[2][10]

  • (2007). Coin Collecting Boards of the 1930s & 1940s. PennyBoard Press.
  • (2013-2020). Coin Collecting Albums. A Complete History and Catalog. PennyBoard Press.
  1. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Smith, P. (2023).
  2. 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Smith, P. (2012).
  3. 1 2 3 "David W. Lange (1958-2023)[Ligazón morta]". En Coins Weekly. 26 de xaneiro de 2023.
  4. 1 2 3 4 5 Tucker, D. (2023).
  5. ↑ Pratte, Emma (2022-03-03). "Recipients of the Burnett Anderson Memorial Award". American Numismatic Society (en inglés). Consultado o 2024-09-26.
  6. ↑ "In Memoriam: David W. Lange, NGC Research Director". Numismatic Guaranty Company. 18 de xaneiro de 2023.
  7. ↑ "Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN).
  8. ↑ "The Clemy Award Winners Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild.
  9. ↑ "David W. Lange". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. 2021. Páxina 114.
  10. ↑ "David W. Lange (1958-2023)[Ligazón morta]". En Coins Weekly. 26 de xaneiro de 2023.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]