Beth Deisher

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaBeth Deisher
Biografía
Nacemento29 de abril 1946
Datos persoais
País de nacionalidade Estadounidense
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte.
Coñecido porEditora de Coin World.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Familia
CónxuxeArthur Deisher.
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".


Beth Deisher (chamada orixinalmente Elizabeth Hurdle),[1] nada en Carolina do Norte o 29 de abril de 1946, é unha xornalista, autora e editora numismática estadounidense.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Bethe Deisher cursou os seus estudos superiores na Universidade de Carolina do Norte en Greensboro,[2] onde se graduou en 1968 en Lingua Inglesa e en Literatura inglesa e estadounidense.[3]

Comezou a súa carreira profesional no xornal Star Ledger de Norfolk, Virxinia, entre 1969 e 1972.[2] Posteriormente foi redactora de VEA News, editado pola Asociación de Educación de Virxinia, así como doutras publicacións de Virxinia, como The Virginia Journal of Education ou The Sidney Daily News,[4] e o Sidney Daily News de Sidney, Ohio.[5][3]

En marzo 1981 incorporouse como editora de noticias á revista numismática Coin World, da que en 1984 foi nomeada editora executiva. Poucos meses despois, o 1 de marzo de 1985, accedeu ao cargo de editora desta publicación, en substitución de Margo Russell, que mantivo ata a súa xubilación en 2012.[3][4][6] Un dos retos que asumiu con éxito durante este período foi o da dixitalización da publicación.[5] Na súa etapa como editora de Coin World foi testemuña, en 1995, do nacemento do programa de cuñaxe das 50 moedas de medio dólar conmemorativas de cada estado dos EEUU.[7] Outra das súas achegas como editora foi o nacemento dun suplemento da revista titulado Coin World's Coin Values, que se publicou ata 2012.[8]

O ano seguinte á súa xubilación comezou a publicar en Coin World unha columna periódica baixo o título de From the Memory Bank ("Desde o banco da memoria").[4][9]

Dentro do seu labor como editora, Deisher foi fundadora de tres revistas numismáticas: Coin Values, Paper Money Values e Worldwide Coins, e tamén foi editora ou autora de varios libros sobre materia numismática.[3][5]

Entre 2017 e 2019 Deisher dirixiu a Anti-Counterfeiting Educational Foundation (ACEF), unha fundación dedicada á loita contra as falsificacións.[3][4][5][10]

Entre outras entidades de carácter asociativo e profesional, Deisher foi membro activo da Federación Nacional de Mulleres Xornalistas e da Sociedade de Xornalistas Profesionais, e presidiu entre 2006 e 2008 a Asociación de Escritores Profesionais de Ohio.[3]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estas son algunhas das monografías máis salientables das publicadas por Beth Deisher ao longo da súa carreira:[16]

  • (1993). Coin World guide to U.S. coins, prices & value trends (con W. T. Gibbs et al.). Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780451195845
  • (1997). The smart collector (con B. Reed). Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 978-0944945261
  • (2005). Making the grade. A grading guide to the top 25 most widely collected U.S. coins. Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780944945490
  • (2011). Coin world almanac. Amos Press, Sidney, Ohio. ISBN 9780944945605
  • (2013). Cash in your coins. Selling the rare coins you've inherited (con Q. David Bowers). Whitman Pub., Atlanta. ISBN 978-0794837921
  • (2017). A guide book of United States commemorative coins. History, rarity, values, grading, varieties (con Q. David Bowers). Whitman Pub., Atlanta. ISBN 9780794844196

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Toma o apelido do seu esposo, Arthur Deisher. Véxase Smith, P. (2012). Páxina 109.
  2. 2,0 2,1 Smith, P. (2012). Páxina 109.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 "Deisher, Beth". En Coins Weekly. 13 de decembro de 2018.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 4,8 Smith, P. (2012). Páxina 110.
  5. 5,00 5,01 5,02 5,03 5,04 5,05 5,06 5,07 5,08 5,09 "Beth Deisher". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxinas 36-37.
  6. "Deisher Retire as Editor of Coin World". En E-Sylum. Vol. 15. Nº 18. 29 de abril de 2012.
  7. "Testimony of Beth Deisher, Editor, Coin Worldbefore the House Financial Services Subcommittee on Domestic and International Monetary Policy, Trade and Technology". U.S. House Committee on Financial Services.
  8. "Coin World's Coin Values". EPNNES & Washington University in St. Louis.
  9. "Autors: Beth Desher, columnist". En Coinworld.com
  10. "ICTA forms Anti-Counterfeit Task Force". En Coin World. 8 de febreiro de 2017.
  11. 11,0 11,1 11,2 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  12. "The Clemy Award Winners". Numismatic Literary Guild.
  13. "Past Hall of Fame inductees by year". American Numismatic Association.
  14. "Beth Deisher Honored With 2017 PNG Lifetime Achievement Award Arquivado 26 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Professional Numismatic Guild (pngdealers.org).
  15. "Beth Deisher receives the 2022 Q. David Bowers Award". En Coins Weekly. 28 de abril.
  16. "Deisher, Beth". WorldCat Identities.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Smith, P. (2012). "Deisher, Beth". En American Numismatic Biographies. Páxinas 109-110.
  • "Beth Deisher". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxinas 36-37.
  • "Deisher, Beth". En Coins Weekly. 13 de decembro de 2018.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]