Donn Pearlman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDonn Pearlman
Biografía
Nacemento2 de maio de 1946
Datos persoais
País de nacionalidadeEstadounidense
EducaciónUniversidade do Norte de Illinois.
Universidade de Kansas.
Actividade
Campo de traballoXornalismo e numismática.
Familia
CónxuxeFrances Jakubowich.
Premios
Véxase a sección "Recoñecementos".

Donn Allan Pearlman, nado en Illinois, Chicago, o 2 de maio de 1946, é un escritor e xornalista estadounidense de radio e televisión especializado en temas numismáticos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Primeiros anos e formación[editar | editar a fonte]

Donn Pearlman cursou os seus estudos superiores na Universidade do Norte de Illinois e na Universidade de Kansas entre 1964 e 1969.[1]

Carreira nos medios[editar | editar a fonte]

Pearlman traballou como xornalista de radio e televisión entre 1964 e 1996. Durante ese período foi produtor e narrador do espazo Coin Collectors' Corner ("O recanto do coleccionista de moedas") na radio WBBM de Chicago, desde abril de 1982 ata agosto de 1989.[1]

Entre finais da década de 1970 e mediados da década de 1980, tamén produciu e narrou unha serie semanal de programas educativos sobre numismática en CBS Radio. Así mesmo, foi o guionista dun vídeo documental editado en 1995 conxuntamente polo Gremio Numismático Profesional (Professional Numismatic Guild, PNG) e a American Numismatic Association (ANA), titulado Money: History in Your Hands ("Diñeiro: a historia nas súas mans"), narrado polo actor James Earl Jones.[2][3]

En 1977 foi premiado polo Gremio Numismático Profesional polo seu destacado servizo á numismática, por unha serie de reportaxes de investigación sobre presuntas sobrevaloracións fraudulentas por parte de vendedores de moedas por correo.[1]

Pearlman preside a compañía Donn Pearlman & Associates, en Las Vegas, dedicada á comunicación, o márketing e as relacións públicas.[4]

Traxectoria numismática[editar | editar a fonte]

Pearlman presidiu o Club de Numismática de Morton Grove, Illinois, entre 1979 e 1980. É membro da American Numismatic Association, e entre 1989 e 1993 formou parte da súa xunta de goberno.[3] Na convención do centenario da ANA, celebrada en Chicago en 1991, foi o encargado do departamento de publicidade. Tamén coordinou a publicidade da Feira Internacional de Moedas de Chicago.[1]

Entre outras entidades de carácter profesional, Pearlman tamén é membro do Gremio Numismático Profesional (PNG), desde 1990, e do Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild, NLG), de cuxa xunta de goberno formou parte entre 1981 e 1989.[1] En 2017 accedeu ao posto de director executivo desta última institución, en substitución de Ed Reiter.[3][5]

Como escritor, contribuíu cos seus artigos en diferentes revistas numismáticas de varios países, como Coin World, Coins, COInage, Numismatic News, World Coin News ou Australian Coin Review. Tamén foi redactor colaborador de The American Collector (1977-1980) e de The Collector-Investor (1980-1982). Entre 1987 e 2006 encargouse da columna periódica "Pearlman's People" na revista The Numismatist.[1]

Como coleccionista, Pearlman centra o seu interese nas moedas locais de cobre de Connecticut emitidas entre 1785 e 1788.[1]

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Pearlman casou con Frances Jakubowich o 25 de xaneiro de 1969, con quen tivo un fillo.[1]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Estas son as monografías publicadas por Pearlman ao longo da súa traxectoria:[1]

  • (1984). Collecting Baseball Cards. Bonus Books. ISBN 978-0933893481
  • (1986). Breaking into Broadcasting, Getting a Good Job in Radio or Tv. Bonus Books. ISBN 978-0933893160
  • (1989). Making Money With Baseball Cards. A Handbook of Insider Secrets & Strategies (con P. M. Green). Bonus Books. ISBN 978-0933893771
  • (1990). Best Buys in Rare Coins: What Expert Dealers and Collectors Advise. Bonus Books. ISBN 978-0933893924

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 Smith, P. (2012).
  2. Vídeo: Money: History in Your Hands. Parte 1 / Parte 2. Professional Numismatists Guild & American Numismatic Association. 1995
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 "Donn Pearlman Named Numismatic Literary Guild Acting Executive Director". En Coin Week. 29 de agosto de 2017.
  4. "Donn Pearlman & Associates Arquivado 29 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Donnpearlman.com
  5. "Donn Pearlman acting Numismatic Literary Guild head". En Coin World. 30 de agosto de 2017.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
  7. "Here's a full list of the NLG 2015 Award Winners". En Coin World. 18 de agosto de 2015.
  8. "Pearlman to receive Farran Zerbe Memorial Award Arquivado 29 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
  9. "Pearlman to receive Farran Zerbe Memorial Award". En Coin World. 13 de xullo de 2015.
  10. "PNG 2018 Lifetime Achievement Award Presented to Donn Pearlman Arquivado 29 de marzo de 2023 en Wayback Machine.". Professional Numismatic Guild. 20 de agosto de 2018.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]