Thomas K. DeLorey
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de agosto de 1950 Detroit |
| Educación | Universidade Estatal Wayne |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática. |
| Ocupación | numismático |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jean Hardwidge. |
| Premios | |
| Véxase a sección "Recoñecementos". | |
Thomas K. DeLorey, nado en Detroit, Míchigan, o 26 de agosto de 1950, é un investigador e escritor numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Thomas DeLorey cursou os seus estudos superiores na Universidade Estatal Wayne, en Míchigan, a súa cidade natal, onde se graduou en 1972.[1][2]
O decembro do ano seguinte ingresou no cadro da revista numismática Coin World como corrector de probas e en maio de 1974 foi nomeado editor adxunto da sección "Collectors' Clearinghouse".[1][2]
O 1 de novembro de 1978 foi contratado pola American Numismatic Association (ANA) como autenticador, e traballou na ANACS —a axencia de certificación da ANA— desde xullo de 1981, ata a súa dimisión o 30 de abril de 1984.[2] Durante ese período é de salientar a súa identificación do espécime "Linderman" do dólar de 1804 que lle fora roubado a Willis DuPont.[1]
En 1981 foi editor do TAMS Journal, publicación da Token and Medal Society.[1]
Posteriormente traballou cos comerciantes numismáticos Walter Perschke (durante 1984-1988) e Harlan Berk (1989- 2010), ambos establecidos en Chicago. En 2004 ingresou no Professional Numismatic Guild ("Gremio Numismático Profesional").[1][2]
DeLorey foi un estudoso dos produtos numismáticos do comerciante Thomas Elder, asunto sobre o que escribiu un coñecido artigo titulado "Thomas L. Elder: A Catalogue of his Tokens and Medals", publicado en The Numismatist en xuño e xullo de 1980,[2][3][4] que o fixo merecedor dos premios Heath Literary e Wayte and Olga Raymond Memorial en 1981. Outro artigo seu sobre James N. Longacre publicado en 1985, na mesma revista,[5] valeulle novamente a concesión de ambos os premios. E en 2020, por un artigo sobre o dólar da Liberdade Sentada de 1873-S publicado o ano anterior, logrou estes dous premios por terceira vez.[1][6]
Vida familiar
[editar | editar a fonte]DeLorey casou o 18 de outubro de 1986 con Jean Hardwidge, quen faleceu en 2010. Volveu contraer matrimonio en 2013.[1]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1981, 1985 e 2020: Premio Heath Literary.[1][2][6]
- 1981, 1985 e 2020: Premio literario Wayte and Olga Raymond Memorial.[1][2][6]
- 1999: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild.[7]
- 2009: Numismático do ano, da American Numismatic Association (ANA).[1][8]
- 2011: Premio Burnett Anderson Memorial, da ANA, a American Numismatic Society (ANS) e o Numismatic Literary Guild (NLG).[1][8]
- 2020: Premio á Traxectoria, da ANA.[1][8]
- 2021: Incluído na listaxe das persoas máis influentes en numismática en 1960-2020, pola revista Coin World.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Smith, P. (2012).
- 1 2 3 4 5 6 7 8 Thomas DeLorey". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 38.
- ↑ DeLorey, T. (1980). "Thomas L. Elder: A Catalogue of his tokens and medals" (1ª parte). En The Numismatist. Xuño. Páxinas 1328-1351.
- ↑ DeLorey, T. (1980). "Thomas L. Elder: A Catalogue of his tokens and medals" (2ª parte). En The Numismatist. Xullo. Páxinas 1608-1630.
- ↑ DeLorey, T. (1985). "Longacre: Unsung engraver of the U.S. Mint". En The Numismatist. Vol. 98. Nº 10. Outubro.
- 1 2 3 "ANA Honors distinguished numismatists and writers with awards". En Coins Weekly. 27 de agosto de 2020.
- ↑ "The Clemy Award Winners Arquivado 07 de xuño de 2023 en Wayback Machine.". Numismatic Literary Guild.
- 1 2 3 "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "DeLorey, Thomas K.". En American Numismatic Biographies. Páxina 110.
- "Thomas DeLorey". En The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 38.