Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
2000
2001
Retrato oficial de George W. Bush
Ariel Sharon, gañador das eleccións xerais en Israel.
As Torres Xemelgas após os dous impactos.
2002
Mark Shuttleworth na Estación Espacial Internacional .
Timor-Leste
20 de maio - Timor-Leste tórnase un estado independente.
26 de maio - A sonda espacial Mars Odyssey atopa evidencia da existencia de depósitos de xeo en Marte
agosto - Europa Central vese afectada por inundacións.
19 de agosto - Abu Nidal , terrorista internacional , é atopado morto por bala en Bagdad .
10 de setembro - Suíza , país coñecido pola súa neutralidade, entra nas Nacións Unidas .
12 de setembro - George W. Bush esixe que as Nacións Unidas se enfronten a Iraq , a quen acusa de patrocinar o terrorismo internacional, ou que se lle permita a el actuar.
2 de outubro - O Congreso dos Estados Unidos autoriza ao presidente dos Estados Unidos a utilizar a forza contra Iraq .
12 de outubro - Atentados terroristas en dúas discotecas en Kuta , Balí , que causan 202 mortes e danos a máis de 300 persoas.
16 de outubro - George W. Bush asina a Resolución de Guerra contra Iraq.
27 de outubro - Luiz Inácio Lula da Silva , do Partido dos Trabalhadores é elixido presidente do Brasil por maioría absoluta .
13 de novembro - Accidente do petroleiro Prestige ante as costas galegas. Afunde o día 19 ocasionando unha enorme marea negra .
25 de novembro - Saparmurat Niyazov , presidente de Turkmenistán sofre un intento de asasinato.
1 de decembro - Unhas 200 000 persoas maniféstanse en Santiago de Compostela , convocadas polo movemento Nunca Máis , para esixir dignidade e dimisións pola incompetencia dos gobernos galego e español na catástrofe do Prestige .
27 de decembro - A sede do goberno pro-moscovita de Chechenia é destruída nun ataque suicida.
2003
No 2003 diagnosticáronse os primeiros casos de gripe aviaria H5N1 detectados en humanos na China e Corea dende 1997.
1 de xaneiro : no Brasil , Luiz Inácio Lula da Silva convértese no 36.º presidente dese país para o período 2003 - 2006.
25 de xaneiro - Un grupo internacional de voluntarios parte de Londres cara Bagdad para actuaren como escudos humanos voluntarios coa esperanza de evitar a invasión dos Estados Unidos .
1 de febreiro - A lanzadeira espacial Columbia estoura sobre Texas , matando os seus sete tripulantes.
15 de febreiro - Manifestacións contra a Segunda Guerra de Iraq : entre 6 e 11 millóns de persoas en 600 cidades.
1 de marzo - As autoridades de Paquistán capturan Kahlid Shaikh Mohammed , o suposto cerebro dos atentados do 11 de setembro de 2001 .
6 de marzo - A Asemblea Nacional de Cuba reelixe o líder Fidel Castro para outro mandato de cinco anos á fronte da presidencia.
8 de marzo - Nace a Galipedia , a versión en galego da Wikipedia .
11 de marzo - Constitución do Tribunal Penal Internacional .
12 de marzo
19 de marzo - Ataque a Iraq ("Segunda Guerra do Golfo " ou "Guerra de Iraq ") por parte dunha coalición encabezada polos Estados Unidos e o Reino Unido e na que participan entre outros: Polonia , Italia , Ucraína , España , algúns países centroamericanos, Australia , o Xapón etc.
29 de marzo - Carlo Urbani , o doutor da Organización Mundial da Saúde que identificou a SARS , morre da enfermidade.
2 de abril - O Exército israelí reocupa o campo de refuxiados de Tulkarem e detén a un millar de palestinos.
4 de abril - As tropas norteamericanas deteñen a Muhammad Hamza al Zubaydi , primeiro ministro de Iraq entre 1991 e 1993 .
9 de abril - Iraq : as forzas dos Estados Unidos conquistan Bagdad . O réxime de Saddam Husayn derrúbase.
14 de abril - Remata o Proxecto Xenoma Humano coa identificación do 99% do xenoma humano cunha precisión do 99,99%.
1 de maio - George W. Bush aterra no portaavións USS Abraham Lincoln e anuncia o final das operacións principais da Segunda Guerra do Golfo .
16 de maio - Nun atentado terrorista en Casablanca morren 33 persoas e máis de 100 resultan feridas.
14 de xullo - Robert Novak , columnista do The Washington Post publica o nome de Valerie Plame , destruíndo a súa tapadeira como axente da CIA . Prodúcese un escándalo pola filtración.
17 de xullo - David Kelly , antigo inspector da ONU e especialista en armas bacteriolóxicas do ministerio británico de defensa, é atopado morto após unha conversa entre a BBC e o goberno.
agosto - Unha onda de calor en Europa provoca a morte de máis de 15 000 persoas en Francia , a maioría delas anciáns que vivían sós.
1 de agosto - Un terrorista suicida mata a 50 persoas, entre as que se incluían soldados rusos feridos, nun hospital en Chechenia .
11 de agosto - A OTAN asume o comando da forza de pacificación en Afganistán , no que constitúe a súa primeira operación importante fóra de Europa nos seus 54 anos de existencia.
25 de agosto - Lanzamento do telescopio espacial infravermello .
28 de agosto - Marte pasa á menor distancia da Terra desde hai 60 000 anos: 55 758 006 km.
3 de setembro - Gilberto Gil recibe o Grammy Latino como Personalidade do Ano.
10 de setembro - Estonia aproba en referendo unirse á Unión Europea .
14 de setembro - Suecia convértese no segundo país que rexeita en referendo a adopción do euro (Dinamarca fixóo en 2000 ).
20 de setembro - Letonia aproba en referendo a súa adhesión á Unión Europea .
15 de outubro - China lanza Shenzhou 5 , a súa primeira misión espacial tripulada .
30 de outubro - A ONU retira a todo o seu persoal estranxeiro de Bagdad .
14 de novembro - Descóbrese un novo planeta no Sistema Solar , 90377 Sedna .
20 de novembro - Detención de Michael Jackson en California baixo a acusación de conduta irregular con menores. Un tribunal absolveuno en 2005 por inconsistencia dos feitos.
1 de decembro - No Reino Unido prohíbese conducir e empregar o teléfono móbil a un tempo.
Saddam Hussein após a súa captura
2004
3 de xaneiro : o voo 604, un Boeing 737 das Flash Airlines exipcias , estrélase no mar Vermello e morren os 148 pasaxeiros e tripulantes.
3 de xaneiro : a Sonda Spirit da NASA aterra satisfactoriamente na superficie de Marte .
17 de xaneiro : Josu Jon Imaz substitúe a Xabier Arzalluz como presidente do Euzkadi Buru Batzar (órgano executivo do PNV ).
29 de febreiro : Jean Bertrand Aristide deixa o poder en Haití .
11 de marzo : 191 persoas mortas nun atentado de Al Quaeda en Madrid .
14 de marzo : eleccións ao parlamento español co resultado da vitoria de José Luis Rodríguez Zapatero . Durante os tres días previos produciuse un intenso debate social e diversas manifestacións .
29 de marzo : Estonia pasa a formar parte da OTAN .
1 de maio : a Unión Europea incorpora 10 novos países: Chequia , Chipre , Eslovaquia , Eslovenia , Estonia , Hungría , Letonia , Lituania , Malta , Polonia .
27 de outubro : dáse por rematada a limpeza do fuel que quedaba no Prestige e o barco Polar Prince abandona definitivamente a zona do afundimento. A operación custou 100 millóns de euros[ 2] .
26 de decembro , no noroeste da illa de Sumatra prodúcese un terremoto submarino , dunha magnitude estimada de 9.0, que provocou un tsunami que devastou as costas de Indonesia, Sri Lanka, o sur da India, Tailandia e outros países, causando a morte de entre 240 000 e 300 000 persoas.
O Camiño de Santiago recibe o Premio Príncipe de Asturias da Concordia , como lugar de peregrinación e encontro entre persoas e pobos.
Celebración do Foro Social Mundial en Bombai .
A finais de ano 9 países informaron de focos de gripe aviaria H5N1 (8 en aves domésticas): Camboxa , a China , Corea , Indonesia , Laos , Malaisia , Tailandia , Vietnam e o Xapón .
2005
2006
Rusia corta a subministración de gas natural a Ucraína por unha disputa no prezo.
22 de xaneiro : Evo Morales , líder indíxena, asume a presidencia de Bolivia .
21 de febreiro : Lanzamento do observatorio espacial Akari .
22 de marzo : En España ETA anuncia un alto ao fogo permanente.
Xullo : España informa do primeiro foco de gripe aviaria , en aves silvestres. Ó longo deste ano a pandemia esténdese por case toda Europa : en febreiro, Alemaña , Austria , Bosnia e Hercegovina , Eslovenia , Eslovaquia , Francia , Grecia , Hungría , Italia e Suíza . En marzo: Albania , Dinamarca , Xeorxia , Polonia , República Checa , Serbia e Montenegro e Suecia . En abril de 2006, no Reino Unido . En resumo, a fin de 2006, a gripe aviar afecta xa a 56 países (38 en aves domésticas).
Agosto : Prodúcense numerosos incendios forestais en Galiza, que destrúen o 30% do arborado de máis de 7 m de altura.
10 de agosto , a policía británica detén a dúas ducias de supostos terroristas islamitas e extrémanse as medidas de seguranza nos aeroportos .
24 de agosto , Plutón deixa de ser considerado un planeta, para ser un planeta anano.
1 de novembro , eleccións autonómicas de Cataluña
As cinzas de Anxo Romero Loxo (compositor da música de A Rianxeira ) son trasladadas dende Buenos Aires ata Rianxo onde descansan no cemiterio parroquial de Pedra Vixía
27 de decembro : Lanzamento do observatorio espacial europeo COROT .
2007
1 de marzo : dá comezo a campaña pola Puntualidade e o Respecto no Perú , promulgada polo presidente da República Alan García .
7 de marzo : eleccións lexislativas en Irlanda do Norte , un dos últimos pasos marcados no Acordo de Venres Santo para garantir a autonomía da zona.
11 de marzo : atentado suicida nun cibercafé de Casablanca , Marrocos .
12 de marzo : como parte dos festexos polo 258º aniversario da fundación de Reynosa , Tamaulipas , celébrase un encontro amigábel de baloncesto , nunha ponte transfronteiriza, entre un equipo mexicano e outro estadounidense.
16 de marzo : promúlgase a lei que crea en Chile a XIV Rexión dos Ríos . A presidenta Michelle Bachelet asina o decreto, na cidade de Valdivia (capital da nova rexión), para formar a primeira das dúas novas rexións político-administrativas , que serán efectivas en seis meses.
23 de marzo : promúlgase a lei que crea en Chile a XV Rexión de Arica-Parinacota . A presidenta Michelle Bachelet asina o decreto, na cidade de Arica (capital da nova rexión), para formar a segunda das dúas novas rexións político-administrativas , que se farán efectivas en seis meses.
23 de marzo: lanzamento da PlayStation 3 en Europa , Asia e Australia .
23 de marzo: forzas navais da Garda Revolucionaria de Irán capturan a persoal da Mariña Real Británica .
27 de marzo : Michelle Bachelet , presidenta de Chile , fai un profundo cambio dentro dos seus ministerios tras unha crise política.
2 de outubro : Entra en vixencia en Chile a XIV Región de Los Ríos , con capital Valdivia .
4 de outubro : Colombia : Unha avioneta estrélase no barrio Fontibón de Bogotá tras engalar do aeroporto Eldorado morrendo sete persoas.
4 de outubro: no parque nacional de Tsolofelo (Botswana ) é enterrado o cadáver repatriado do Negro de Bañolas , o cadáver embalsamado dun varón da etnia san (chamado pexorativamente «bosquimán»), que desde 1916 se exhibía como atracción turística no museo Darder de Bañolas (Cataluña).
7 de outubro : Efectúase en Costa Rica o primeiro referendo da súa historia, que resulta na ratificación da CAFTA .
8 de outubro : Colombia : Un avión estrélase na montaña no departamento do Meta morrendo dezaoito persoas (15 militares e 3 tripulantes).
9 de outubro : Entra en vixencia en Chile a XV Región de Arica-Parinacota , con capital Arica .
13 de outubro : Colombia : Falecen 22 persoas ao derrubarse unha mina nas aforas de Suárez (Cauca ).
18 de outubro : Sae para a súa descarga Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon).
19 de outubro : O grupo de rock arxentino Soda Stereo inicia a súa xira latinoamericana "Me verás volver", que os leva aos escenarios logo de 10 anos de separación.
20 de outubro : O expresidente da Generalitat de Cataluña e exalcalde de Barcelona , Pasqual Maragall , anuncia que padece un principio da enfermidade de Alzheimer .
24 de outubro : Lanzamento da sonda lunar chinesa Chang'e 1 .
28 de outubro : Inundación de Tabasco e Chiapas , causada polas fortes choivas no sueste mexicano.
28 de outubro: Eleccións presidenciais na Arxentina , vence Cristina Fernández de Kirchner na primeira volta.[ 4] Toma posesión o día 10 de decembro de 2007.
28 de outubro: Eleccións locais e rexionais na República de Colombia .
28 de outubro: Beatificación na Praza de San Pedro do Vaticano de 498 mártires españois da guerra civil en España .
4 de novembro : en Guatemala celébrase a segunda volta das eleccións a presidente e vicepresidente, quedando como vencedor o socialdemócrata Álvaro Colom .
5 de novembro : a sonda chinesa Chang'e 1 entra en órbita lunar.
7 de novembro : un estudante mata a nove persoas nun instituto finlandés tras anuncialo en Internet .
10 de novembro : sesión final do XVII Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno celebrada en Santiago de Chile , onde se escoita o famoso ¿Por qué no te callas? .
11 de novembro : asasinato de Carlos Palomino no metro de Madrid por un neonazi.
13 de novembro : o dereitista Anders Fogh Rasmussen asegúrase a súa terceira elección como primeiro ministro de Dinamarca , tras a súa vitoria nas eleccións anticipadas ao Parlamento .
14 de novembro : terremoto en Tocopilla (Chile ) de grao 8,2 na Escala de Richter .
15 de novembro : Formado no golfo de Bengala , o ciclón Sidr , de Categoría 4 , aproxímase aos distritos costeiros de Bangladesh , obrigando a decenas de miles de persoas fuxir da zona. (BBC)
18 de novembro : o Ciclón Sidr , con categoría 4 na escala de furacáns de Saffir-Simpson , causa, polo menos, 1.700 mortos no seu paso por Bangladesh .
20 de novembro : publícanse dous artigos nas revistas Science e Cell onde dous grupos independentes anuncian que lograron xerar células nai a partir de fibroblastos humanos. Este é considerado un dos avances máis importantes neste campo de estudo.[ 5]
21 de novembro : o ex-presidente da República Francesa , Jacques Chirac , é imputado por un delito de desvío de fondos a membros do seu partido durante o seu mandato como Alcalde de París de 1977 a 1995 .
23 de novembro : o MS Explorer choca cun iceberg , ninguén morre e os pasaxeiros son levados á Base Frei .
24 de novembro , cúmprense 50 anos da morte de Diego Rivera , pintor mexicano recoñecido internacionalmente, esposo de Frida Kahlo.
1 de decembro : membros de ETA asasinan dous gardas civís na localidade francesa de Capbreton, a 30 quilómetros da fronteira vasco-francesa.
2 de decembro : a vixésimo primeira edición da Teletón en Chile cumpre a meta de recadar CLP 13 255 231 970, equivalentes a US$ 26 247 984.
2 de decembro : o proxecto de reforma constitucional de Venezuela , apoiado por Hugo Chávez , é rexeitado a través dun plebiscito polo 50,7% dos votos.
4 de decembro : ábrese o novo túnel Juan Carlos I.
5 de decembro : un mozo de 19 anos asasina cun fusil 8 persoas e suicídase nun centro comercial da cidade de Omaha , no estado de Nebrasca , Estados Unidos .
6 de decembro : o naufraxio do petroleiro hongkonés Hebei Spirit verte ao mar máis de 10 000 toneladas de cru fronte á costa do parque natural Taean Haean de Corea do Sur .
8 de decembro : despois de 80 días de actividades conclúe en Monterrey , México , o Fórum Universal das Culturas .
9 de decembro : o Goberno de Venezuela adopta o fuso horario GMT -4:30. O cambio produciuse ás 3:00 am, hora local.
10 de decembro : Cristina Fernández de Kirchner asume a presidencia da Arxentina , sucedendo o seu marido Néstor Kirchner . É a primeira muller electa para tal cargo no país.
10 de decembro : Led Zeppelin dá un concerto no O2 Arena despois de 19 anos sen tocar xuntos.
11 de decembro : primeira liña regular de tren entre Corea do Sur e do Norte tras 56 anos.
11 de decembro : dúas bombas acaban con máis de 50 persoas nun dobre atentado en Alxer .
21 de decembro : centenario da matanza da Escola Santa María de Iquique .
22 de decembro : inaugúranse en España dúas liñas máis de trens de alta velocidade: Madrid-Segovia-Valladolid e Madrid-Málaga.
27 de decembro : Benazir Bhutto , ex-primeira ministra de Paquistán (1988 -1990 e 1993 -1996 ) e líder da oposición é asasinada nun ataque terrorista na cidade paquistaní de Rawalpindi . Un terrorista suicida disparoulle dúas veces, inmolándose posteriormente e causando a morte de, polo menos, 30 persoas.
2008
Xaneiro
Febreiro
Marzo
Abril
Maio
Xuño
Xullo
Agosto
Setembro
Outubro
Novembro
Decembro
2009
Cumio do Grupo de Río en México .
A cidade de A Paz cumpreu 200 anos de existencia após ser fundada co nome da nosa Señora da Paz.
Eleccións presidenciais e parlamentarias en Chile .
↑ "Cuatro muertos y un herido en Orense tras ser arrollado un vehículo por un tren en un paso a nivel sin barreras" , artigo en ABC , 28 de agosto de 2000, p. 34. (en castelán ) .
↑ La Voz de Galicia , 28.10.2004.
↑ "Tres personas mueren arrolladas por un tren cuando cruzaban con su coche un paso a nivel en Pontevedra" , artigo en ABC , 26 de abril de 2007, p. 28. (en castelán )
↑ Resultados elecciones presidenciales en Argentina Arquivado 16 de febreiro de 2009 en Wayback Machine . (en castelán )
↑ "Noticia en Science que anuncia a xeración de células nai a partir de células de pel humana" (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2009. Consultado o 5 de setembro de 2012 . (en inglés).
↑ "Slovenian EU presidency" . Arquivado dende o orixinal o 16 de maio de 2007. Consultado o 16 de maio de 2007 .
↑ "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 30 de xaneiro de 2009. Consultado o 01 de xaneiro de 2008 .
↑ "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 29 de febreiro de 2008. Consultado o 01 de xaneiro de 2008 .
↑ "An Asteroid Hurtles Towards Mars" . Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008 .
↑ "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2009. Consultado o 01 de xaneiro de 2008 .
↑ "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008 .
↑ "The Strongest de Bolivia, el ´Tigre´, celebra su centenario" . La Opinion A Coruña (en castelán ) . 15 de abril de 2008. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2019. Consultado o 6 de xuño de 2019 .
↑ "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 03 de xaneiro de 2008. Consultado o 01 de xaneiro de 2008 .
↑ "Copia arquivada" . Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2007. Consultado o 01 de xaneiro de 2008 .