Robert W. Julian
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de decembro de 1938. |
| Morte | 1998 |
| País de nacionalidade | |
| Educación | |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Numismática. |
| Premios | |
| Véxase: "Recoñecementos". | |
Robert W. Julian, nado o 8 de decembro de 1938, é un numismático estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Julian acadou un mestrado en Historia dos Estados Unidos e posteriormente, en 1963, unha especialización en Matemáticas na Universidade Purdue, en West Lafayette, Indiana. Desenvolveu a súa carreira profesional como profesor de Matemáticas no ensino decundario en Logansport, no mesmo estado, ata 1994. A partir dese ano pasou a exercer a tempo completo como escritor numismático.[1][2]
A súa afección pola numismática comezara xa na súa infancia; aos 11 anos comezou a súa colección de moedas. De formación autodidacta, converteuse nun colaborador habitual con artigos sobre numismática en revistas e xornais especializados como Coin World, Legacy, The Numismatist, Numismatic News, Whitman Numismatic Journal ou Numismatic Scrapbook Magazine.[1]
Tamén foi editor do Journal of the Russian Numismatic Society entre 1999 e 2011.[2]
Entre outras entidades asociativas, Julian é membro da American Numismatic Society, da Central States Numismatic Society, da Royal Numismatic Society e da British Numismatic Society.[1][2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]- 1992: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG).[1][2]
- 1998: Ingreso no Numismatic Hall of Fame, da American Numismatic Association.[1][3]
- 2001: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN).[4]
- 2002: Premio Burnett Anderson Memorial, de ANA, ANS e NLG.[5][6]
- 2012: Numismático do ano, pola American Numismatic Association.[2][5]
- 2021: Inclusión da lista das persoas máis influentes en numismática de 1960-2020, da revista Coin World.[7]
Publicacións
[editar | editar a fonte]Ademais dunha importante cantidade de artigos e colaboracións en diversos xornais e revistas especiaclizados, Julian publicou varios traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes:[8]
- (1974). Czarist rule leaves imprint on Polish coins (1815-1841). Sidney, Ohio.
- (1977). Medals of the United State Mint. The First Century 1792-1892 (con N. Neil. Harris). Token and Medal Society. El Cajon, California. ISBN 9780918492012
- (1989). Medals of the United States Assay Commission, 1860-1977. Token and Medal Society. Lake Mari, Florida.
- (1993). Russian Silver Coinage, 1796-1917. Logansport.
- (1993). Silver Dollars & Trade Dollars of the United States. Bowers and Merena Galleries, Wolfeboro. ISBN 0-943161-48-7
- (2013). The encyclopedia of United States silver dollars 1794-1804 (con Q. David Bowers). Stack's Bowers Galleries. Irvine (CA). ISBN 9780988740303
Notas
[editar | editar a fonte]- 1 2 3 4 5 Smith, P. (2012).
- 1 2 3 4 5 "Robert W. Julian named 2012 ANA Numismatic of the Year Arquivado 12 de agosto de 2022 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
- ↑ "American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association.
- ↑ "Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN).
- 1 2 "Past Service Award Recipients Arquivado 25 de xullo de 2022 en Wayback Machine.". American Numismatic Association.
- ↑ "R.W. Julian recieves Numismatic Writing Award Arquivado 17 de febreiro de 2020 en Wayback Machine.". American Numismatic Association. 3 de agosto de 2002.
- ↑ The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 97.
- ↑ "Julian, R. W.". WorldCat Identities.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Smith, P. (2012). "Julian, Robert W.". En American Numismatic Biographies. Páxina 205.