Saltar ao contido

Burnett Anderson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaBurnett Anderson
Biografía
Nacemento13 de xullo de 1919.
Morte26 de novembro de 1998.
País de nacionalidade Estadounidense.
EducaciónUniversidade de Rochester.
National Defense University.
Actividade
Campo de traballoNumismática.
Ocupaciónxurista Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Troell (1954). Editar o valor en Wikidata
Premios
1998: Premio Clemy (NLG).
1999: B. Anderson Memorial.

Burnett Anderson, nado en Grantsburg, Wisconsin, o 13 de xullo de 1919 e finado o 26 de novembro de 1998, foi un numismático e funcionario do servizo exterior estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formación

[editar | editar a fonte]

Burnett Anderson acadou o grao de Bachelor of Arts na Universidade de Rochester, en Nova York, en 1940, e posteriormente completou os seus estudos na National Defense University, entre 1960 e 1961.[1]

A súa carreira profesional comezou como secretario do gobernador de Minesota, entre 1941 e 1944.[1]

Etapa europea

[editar | editar a fonte]

Logo foi redactor de política no xornal Minneapolis Daily Times (1944-1947) e correspondente en Estocolmo do mesmo xornal entre 1947 e 1952.[1]

En 1952 ingresou no servizo exterior dos EEUU, con destino en diversos países, como Alemaña, Irán, España, Francia e o Reino Unido, postos que ocupou ata o seu retiro en 1979, co rango de ministro con carteira.[1]

Dedicación á numismática

[editar | editar a fonte]

Á súa volta aos Estados Unidos, Anderson asumiu o posto de xefe da delegación da editora numismática Krause Publications en Washington e comezou a publicar artigos sobre a súa afección, a numismática, en revistas e xornais especializados como Numismatic News, World Coin News, Bank Note Reporter ou Coins. Así mesmo, publicou algunhas traducións e obras propias sobre outros temas.[1][2]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Anderson casou o 3 de agosto de 1954 con Maria Troell, con quen tivo dous fillos.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Premio Burnett Anderson Memorial

[editar | editar a fonte]

Na memoria de Burnett Anderson, a American Numismatic Association, a American Numismatic Society e o Gremio Literario Numismático (Numismatic Literary Guild -NLG-) instituíron en 1999 o premio Burnett Anderson Memorial, con motivo do seu pasamento. El mesmo foi a primeira persoa premiada, a título póstumo.[3][4]

Premios recibidos

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]