Missouri

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Missouri
State of Missouri
Bandeira de Missouri Selo de Missouri
Bandeira Selo
Lema: The Show Me State
Mapa dos EUA coa Missouri en destaque
Outros Estados dos EUA
Datos xerais
Capital Jefferson City
Maior cidade Kansas City
Gobernador Eric Greitens
Lingua oficial: Inglés
Área 180.693 km² (21)
 - Terra 178.590 km²
 - Auga 2.101 km² (1,16%)
Poboación (2000)
 - Poboación 5 595 211 (17)
 - Densidade 31 hab /km² (27)
Entrada na Unión
 - Data 10 de agosto de 1821
 - Orde 24º
Xeografía
Fuso horario Central: UTC-6/-5
Latitude 36°N - 40°35'N
Lonxitude 89°6'O - 95°42'O
Largo N-S 480 km
Ancho E-O 385 km
Altitude
 - Altitude media 240 m
 - Máis elevado 540 m
 - Menos elevado 70 m
Códigos e abreviacións
 - USPS MO
 - ISO 3166-2 US-MO
Sitio web
www.state.mo.us

Missouri[1][2][3][4] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. Missouri é o estado americano que limita con máis estados no país. Son en total oito estados cos cales Missouri fai límite: con Iowa ao norte, Illinois, Kentucky e Tennessee ó leste (separados polo río Mississippi), ao sur con Arcansas e ó oeste con Oklahoma, Kansas e Nebrasca.

O produto interno bruto de Missouri, en 2003, foi de 29 464 dólares, o vixésimo sétimo maior do país. As principais industrias do estado son a industria aeroespacial, equipamentos de transporte, procesamento de alimentos, produtos químicos, material impreso e publicitario e equipamentos electrónicos. Os principais produtos agropecuarios de Missouri son bovinos, porcinos, soia, palla, trigo e ovos. O estado posúe a sétima maior produción de carne bovina do país, e preto de 108 mil facendas, o segundo maior número, atrás só de Texas. O turismo é tamén unha importante fonte de renda do estado.

Missouri facía parte orixinalmente da Compra de Luisiana, tendo sido admitido como un estado americano en 1821 por causa do Compromiso de Missouri. O Estado recibiu o seu alcume de Portal para o Oeste porque o estado serviu como un punto de partida para persoas partindo rumbo ao Oeste americano. Durante a Guerra Civil Americana, Missouri, un estado escravista, dividiuse, con partes adherindo á Unión e partes secedendo da Unión e xuntándose cos Estados Confederados de América. Derrotado, foi readmitido na Unión en 1867.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Missouri Estado... Enciclopedia Galega Universal, t. 12, p. 134.
  2. Missouri Estado... Diciopedia do século 21, t. 2, p. 1382.
  3. Missouri Estado... Diccionario enciclopédico galego universal, t. 42, pp. 57-58.
  4. Missouri en Inés Santa María Otero e Noé Massó Lago (2009). Atlas xeográfico e histórico de Galicia e do Mundo, p. 163, Edicións do Cumio, ISBN 978-84-8289-328-0.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.